Portal:Ourense
![]()
Artigo destacado
A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario. O libro foi traducido a varias linguas. A acción desenvólvese na cidade de Auria, representación de Ourense, con diversas referencias a espazos ourensáns reais.
A obra foi levada ao cine en dúas ocasións, a primeira delas co título de Parranda en 1977, con dirección de Gonzalo Suárez e guión do propio Blanco Amor; e a segunda, estreada no Festival de Cine Internacional de Ourense o 15 de novembro de 2014 co título A esmorga, con dirección de Ignacio Vilar. Tamén foi levada ao teatro en diversas ocasións. O grupo ourensán Sarabela Teatro realizou sendas montaxes en 1996 e 2010, sobre a adaptación que escribiron os dramaturgos Begoña Muñoz e Carlos Couceiro. Ambas as dúas montaxes recibiron premios María Casares de teatro. Lugar de interese
A Catedral de Ourense, baixo a advocación de San Martiño, é un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese do mesmo nome. É de estilo románico de transición con influencias cistercienses nalgúns aspectos arquitectónicos e mateanos no eido escultural, pero no que se realizaron numerosas modificacións posteriores.
O templo foi construído como unha fortaleza defensiva, como adoitaba facerse nos edificios relixiosos da época. Pódese comprobar esta concepción na estrutura das torres orixinais e nas ameas que coroaban os muros, das que aínda queda algunha mostra se ben a maioría foron eliminadas durante as reformas posteriores. A súa construción finalizou a mediados do século XIII, co bispo Lourenzo (1218-1248), coa construción do Pórtico do Paraíso. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931 e recibe os honores de Basílica desde 1867, por Breve Pontificio do papa Pio IX asinado o 30 de xuño dese ano. Está rexistrada como Ben de Interese Cultural co código RI-51-0000771. Imaxe destacada
Biografía destacada
Marta Bobo Arce nada en Ourense o 18 de marzo de 1966 é unha ex ximnasta galega, dúas veces campioa de España no concurso xeral (1981 e 1983).
Debutou con quince 15 anos de idade nos campionatos mundiais de Múnic, en 1981, pero o seu maior logro deportivo foi o noveno posto acadado nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984, primeira edición en que a ximnasia rítmica foi deporte olímpico Foi discípula de Ivanka Tchakarova e Emilia Boneva e unha vez retirada da ximnasia profesional traballou no Canadá como monitora, para máis tarde regresar a Galicia para exercer coma profesora de expresión corporal e didáctica da danza do INEF. Tamén é xuíza internacional nas competicións de ximnasia rítmica. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|