Portal:Ferrol
![]()
Artigo destacado
O OAR Ferrol foi un club de baloncesto galego da cidade de Ferrol. Fundado en 1951, en 1982 foi un dos fundadores da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O equipo desapareceu en 1996 por motivos económicos.
Na tempada 1979-80 foi campión da Segunda División, conseguindo deste xeito o ascenso á máxima categoría, na que permaneceu sete tempadas. Logo dun ano na segunda categoría (denominada daquela Primeira División B) conseguiu de novo o ascenso á Liga ACB, na que permaneceu ata o seu descenso en 1994. Foi durante a presidencia de Juan Fernández García cando o club obtén os seus maiores éxitos deportivos, marcados por sucesivos ascensos de categoría que levan ao club a militar durante trece anos na máxima categoría do baloncesto español. Nestes trece anos logra clasificarse en tres ocasións para xogar competición europea, concretamente a Copa Korać. Nos 45 anos de historia do equipo pasaron xogadores como Fernando Romay, Bob McCann, Otis Howard, Anicet Lavodrama ou Miguel Ángel Loureiro. Lugar de interese
O Teatro Jofre é unha institución cultural da cidade de Ferrol, inaugurado en 1892. É unha das máis importantes obras da arquitectura teatral da España do século XIX. O seu interior, coa súa espléndida acústica e fermosa decoración, é testemuña da actividade cultural da cidade.
Contra o século XVIII Ferrol contaba co teatro do italiano Nicolás Settaro, onde se representaban funcións dramáticas, líricas e bailes, que foi destruído por un incendio. En 1862, un grupo de ferroláns comezaron a construción do novo teatro. Os arquitectos Faustino Domínguez Domínguez e o seu fillo Faustino Domínguez Coumes-Gay, foron os autores do primeiro proxecto e do edificio final, respectivamente. A pesar de que os beneficios da empresa serían para o Hospital de Caridade, o que tiña que facilitar a construción, as obras non rematarían de non ser polo apoio do ferrolán Joaquín Jofre Maristany, afincado en Buenos Aires. A importancia da súa persoa na construción do teatro fixo que se lle dese o seu nome. Foi inaugurado trinta anos despois de comezadas as obras, o 19 de maio de 1892. A fachada orixinal do Teatro Jofre ocupaba a actual praza de Galicia, e contrastaba na súa sinxeleza co interior. Na actual destacan as columnas decoradas con elementos teatrais. A planta ten forma de ferradura. O interior, de tres pisos decorados, e con frescos no teito que representan os xéneros teatris. Imaxe destacada
Biografía destacada
Andrés Lapique do Barro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro ou Andrés Dobarro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|