Concatedral de San Xiao de Ferrol
Coordenadas: 43°28′56″N 08°14′06″O / 43.48222, -8.23500
A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade de Ferrol (Galiza) e adicada ao patrón da cidade, San Xiao.[1] Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade.
Concatedral de San Xiao de Ferrol | ||
---|---|---|
Fachada da Concatedral de San Xiao | ||
Tipo | Concatedral | |
Advocación | San Xiao | |
Situación | Ferrol | |
Culto | Igrexa católica | |
Diocese | Mondoñedo-Ferrol | |
Construción | 1765-1772 | |
Estilo arquitectónico | Neoclasicismo, manierismo |
Historia
editarO templo foi proxectado polo enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort a partir do ano 1763, e comezouse a construír en 1765 sobre os restos dunha antiga igrexa románica, sendo finalizado en 1772. Este templo estaba proxectado para a nova barriada que se levantaba na cidade de Ferrol. En 1959, mediante unha bula de Xoán XXIII acadou a categoría de concatedral o 9 de marzo, o motivo polo cal acadou a categoría de concatedral e non de catedral foi porque na súa mesma diocese xa había outra catedral, a catedral de Mondoñedo.
Descrición
editarNa súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos renacentistas, aínda que o edificio considérase neoclásico. O templo presenta a peculiaridade de ter a súa planta en forma de cruz grega e non latina como é habitual. Está cuberta cunha gran cúpula, que non se deixa ver ao exterior. Ten capelas laterais e unha fachada principal flanqueada por dúas torres rematadas por cúpulas. A portada repite modelos compositivos propios do manierismo.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Concatedral de San Xiao de Ferrol |