Anicet Lavodrama

Pivot

Richard Anicet Lavodrama Ondoma nado en Bangui o 4 de xullo de 1963, é un ex xogador de baloncesto da República Centroafricana, nacionalizado español.

Anicet Lavodrama
Información persoal
Nacemento 4 de xullo de 1963 (39 anos)
República Centroafricana Bangui, R. Centroafricana
Nacionalidade República Centroafricana República Centroafricana
España España
Altura 2,04 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 120 kg (265 lb)
Información da carreira
Universidade Houston Baptist (1981−1985)
Carreira 19851998
Historial de equipos
OAR Ferrol (1985–1994) ACB
Valladolid (1994–1995) ACB
Joventut Badalona (1995–1996) ACB
Valladolid (1996–1998) ACB

Traxectoria editar

Mide 2,02 metros de estatura, e xogaba no posto de pivote. En 1981 chegou aos Estados Unidos de América, onde xogou no equipo de baloncesto da Universidade Bautista de Houston ata 1985, cando foi seleccionado por Los Ángeles Clippers na terceira rolda do Draft da NBA.[1]

Foi xogador do OAR Ferrol durante 9 anos, entre 1985 e 1994. Chegou ao equipo tras a marcha de Nate Davis, e despois da desparición do club xogou no CB Valladolid e no Joventut de Badalona.

Deixou de xogar ao baloncesto en 1998. Continuou traballando no CB Valladolid e nos Cleveland Cavaliers, e como director de desenvolvemento e relacións internacionais na Federación Internacional de Baloncesto entre 2000 e 2005, e despois na axencia de representación U1st.

Participou en conferencias no Comité Olímpico Internacional, no IESE de Madrid, en ANOTA de Pearson Educación, na Universidade de Valladolid, e na European School of Economics en Madrid. Foi un dos precursores do Basketball Without Borders en África (entidade colaboradora entre a FIBA e a NBA e en América).[2]

Selección nacional editar

Participou coa selección centroafricana nos Xogos Olímpicos de Seúl de 1988. Disputou os sete partidos da súa selección no torneo, anotando en dous deles 30 puntos, contra Iugoslavia e contra Australia, e conseguindo catro dobres-dobres.[3]

Clubs editar

Notas editar

  1. "Anicet Lavodrama". sportsstats.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  2. Qué fue de… Lavodrama, consultado outubro de 2012
  3. "Anicet-Richard Lavodrama". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2021.