Club Joventut Badalona

(Redirixido desde "Joventut Badalona")

O Club Joventut Badalona S.A.D. é un club de baloncesto profesional da cidade de Badalona, Cataluña. Fundado en 1930, é coñecido popularmente como La Penya. Actualmente compite na Liga ACB, sendo, xunto co Real Madrid, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. Entre os trofeos conquistados, destacan unha Euroliga, dúas Copa Korać, oito Copas do Rei e catro Ligas, dúas delas logradas desde a fundación da actual ACB.

Joventut Badalona
Club Joventut de Badalona (logo).svg
Información xeral
Liga ACB
Fundación 30 de marzo de 1930
Historia Penya Spirit (1930−1932)
Centre Esportiu (1932−1939)
Juventud Badalona (1939−1978)
Cores           Verde, negro
Presidente España Juanan Morales
Adestrador España Carles Durán
Localización
Cidade España Badalona, España
Pavillón Palau Olímpic
Capacidade 12 760
Inauguración 17 de setembro de 1991
Campionatos
Euroliga 1 (1994)
Eurocup 1 (2008)
Copa Korać 2 (1981, 1990)
EuroChallenge 1 (2006)
Liga 4 (1967, 1978, 1991, 1992)
Copa 8 (1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008)
Príncipe 3 (1987, 1989, 1991)
penya.com
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta verdinegra e un pantalón negro, dáse a circunstancia que as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX. A pista de xogo e, ademais, sede oficial do club é o Pavelló Olímpic de Badalona, recinto inaugurado con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, e que ten unha capacidade para 12 500 espectadores.

HistoriaEditar

Badalona ten equipo de baloncesto dende o 30 de marzo de 1930, cando o Joventut foi fundado como "Penya Spirit of Badalona", na honra do Spirit of Saint Louis, primeiro avión en cruzar o Atlántico . Ademais de baloncesto, o club formábano inicialmente equipos que participan en varios deportes, como ciclismo, tenis de mesa e fútbol. En 1932, o club cambiou o seu nome polo de "Centre Esportiu Badaloní". Finalmente, en 1939, converteuse no Club Joventut de Badalona. En 1940, o baloncesto foi establecido como deporte principal do club e o verde e o negro foron adoptados como as cores do equipo.

Entre os anos 1950 e 1970 o club tivo unha gran rivalidade co Real Madrid e cos equipos veciños, xogando encontros memorables. Durante os anos 1980, 1990 e 2000, o Joventut tivo os seus mellores ano da súa historia. Hoxe en día, o nome do club por motivos de patrocinio é FIATC Joventut, debido á compañía de seguros española FIATC Mutua Seguros. Na actualidade, o club de baloncesto de Badalona está a volver a gañar títulos despois dunha época en baleiro.

O Joventut de Badalona é un dos tres únicos tres, xunto co CB Estudiantes e Real Madrid que xogou tódolos anos na máxima categoría da liga española. Ademais, o Joventut está considerado un dos equipos con mellor canteira de Europa, a "Escola de Bàsquet", fundada en 1973 e considerada a máis prestixiosa xunto de Europa á do Partizan. É quizais tamén o club de baloncesto máis importante de España, xa que o FC Barcelona e Real Madrid son os equipos que dependen en gran medida das súas seccións de fútbol, a diferenza dos de Badalona. Xogadores como os irmáns Jofresa, Jordi Villacampa, Rudy Fernández ou Ricky Rubio proveñen das categoría inferiores do Joventut.

O Joventut de Badalona tamén foi o primeiro equipo catalán que conseguiu gañar un título da Euroliga. Isto sucedeu en 1994, tras gañar por tan só dous puntos (59-57) ao Olympiacos grego en Tel Aviv (Israel). En 2006, gañou o campionato da FIBA EuroChallenge, e en 2008 a Copa ULEB. O Joventut tamén gañou dous campionatos da Copa Korać, nos anos 1981 e 1990. Dende o ano 1992 xoga no Pavelló Olímpic de Badalona.

PatrociniosEditar

 
O Joventut en 2009.

O Club Joventut de Badalona recibiu diversos nomes comerciais ao longo da súa historia, en función do interese do patrocinador de cada momento. Estas son as denominacións que tivo o equipo verdinegro:

  • Juventud Kalso (1965–1968)
  • Juventud Nerva (1968–1971)
  • Juventud Schweppes (1971–1977)
  • Juventud Freixenet (1977–1978)
  • Joventut Freixenet (1978–1981)
  • Joventut Sony (1981–1982)
  • Joventut Fichet (1982–1983)
  • Joventut Massana (1983–1984)
  • Ron Negrita Joventut (1984–1987)
  • Ram Joventut (1987–1990)
  • Montigalà Joventut (1990–1992)
  • Marbella Joventut (1992–1993)
  • 7up Joventut (1993–1995)
  • Festina Joventut (1996–1998)
  • Pinturas Bruguer Badalona (1998–2000)
  • DKV Joventut (2001–2011)
  • FIATC Joventut (2011–2016)
  • Divina Seguros Joventut (2016–2019)

PavillónEditar

 
Exterior do Palau Olímpic.
Artigo principal: Pavelló Olímpic de Badalona.

O Joventut xoga so seus encontros como local no "Pavilló Olímpic de Badalona" (do catalán: Pavillón Olímpico de Badalona), coñecido tamén como "Palau Municipal d'Esports de Badalona" (do catalán: Pazo Municipal dos Deportes de Badalona). Foi construída como instalación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 para albergar a competición de baloncesto. Foi obra dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius, que gañaron en 1992 o Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe polo recinto e ten capacidade para 12.500 espectadores.

Ademais do Pavelló Olímpic, o Joventut dispotou os seus encontros como local en múltiples recintos, non sendo até 1962 cando pasaron a xogar no "Pavelló de la Plana", un pavillón cuberto.[1]

Ano Pavillón
1930 Carrer Indústria
1932 Barriada d'Artigues
1933 Carrer Manresà (Les Mallorquines)
1934 Carrer Manresà
1935 Centre Parroquial de Canyet
1936 Carrer de la Costa
1937 Carrer d'Iris
1937 Finca Ca l'Arnús
Ano Pavillón
1939 Passatge Viñas
1943 Col·legi Minguella
1944 Carrer de Latrilla
1948 La Plana
1962 Pavelló Esportiu de La Plana
1972 Pavelló d'Ausiàs March
1992 Palau Olímpic

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Joventut Badalona 2021−2022
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A 2   Busquets, Pep 1,97 m (6 ft 6 in) 90 kg (198 lb) Categorías inferiores (2019)
A 3   Paul, Brandon 1,93 m (6 ft 4 in) 91 kg (201 lb) Adelaide 36ers (2021)
E 4   Ribas, Pau 1,96 m (6 ft 5 in) 95 kg (209 lb) FC Barcelona (2019)
AP 10   Brodziansky, Vladimír 2,11 m (6 ft 11 in) 100 kg (220 lb) Obradoiro (2020)
A 14   Ventura, Albert 1,91 m (6 ft 3 in) 91 kg (201 lb) Categorías inferiores (2011)
B 16   Vives, Guillem 1,92 m (6 ft 4 in) 86 kg (190 lb) Valencia Basket (2021)
B 20   Bassas, Ferrán 1,81 m (5 ft 11 in) 85 kg (187 lb) San Pablo Burgos (2020)
B 22   Feliz, Andrés 1,88 m (6 ft 2 in) 88 kg (194 lb) Prat (2021)
AP 30   Willis, Derek 2,06 m (6 ft 9 in) 104 kg (229 lb) Happy Casa Brindisi (2021)
B 32   Žagars, Artūrs 1,90 m (6 ft 3 in) 78 kg (172 lb) Categorías inferiores (2018)
P 35   Birgander, Simon 2,09 m (6 ft 10 in) 105 kg (231 lb) Clavijo (2017)
A 44   Parra, Joel 2,01 m (6 ft 7 in) 95 kg (209 lb) Categorías inferiores (2017)
P 88   Tomić, Ante 2,18 m (7 ft 2 in) 118 kg (260 lb) FC Barcelona (2020)
Adestrador
  Carles Durán
Asistente(s)
  Dani Miret
  Pau del Tio
  Albert Cañellas

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 26−082021

Dorsais retiradosEditar

 
Dorsais retirados polo Joventut.

O Joventut retirou tres dorsais na honra dalgúns dos seus xogadores ao longo da súa historia. O 5 foi retirado por mor de Rafa Jofresa, un base que chegou a xogar vinte e un anos na máxima categoría do baloncesto español, con todo, este número tamén foi levado entre 2001–2008 por Rudy Fernández. O número 7 foi retirado na honra de Josep Maria Margall, un ala alcumado "Matraco" que xogou dezaoito temporadas cos verdinegros. Finalmente, o número 8, retirouse en homenaxe a Jordi Villacampa, un dos xogadores máis emblemáticos da historia do club.

Dorsais retirados polo Joventut
Xogador Posición Etapa
5 Rafa Jofresa Base 1983−1996
7 Josep Maria Margall Ala 1972−1990
8 Jordi Villacampa Ala 1980−1997

DestacadosEditar

Galardóns individuaisEditar

Xogador máis valioso da ACB

Xogador revelación da ACB

Xogador máis valioso das finais da ACB

Mellor quinteto da ACB

Concurso de mates da ACB

Xogador máis valioso da Copa do Rei

ULEB Eurocup Finals MVP

EuroChallenge Final Four MVP

Euroleague Rising Star


AdestradoresEditar

A seguinte relación detalla cronoloxicamente a todos os adestradores que tivo o Club Joventut de Badalona.[2] Se figura máis dun adestrador por temporada significa que o primeiro foi substituído polo seguinte.

 
Aito García Reneses.
  •   Xavier Estruch (1939–1941)
  •   Luis Antoja (1941–1943)
  •   Gironés (1943–1944)
  •   Xavier Estruch (1944–1946)
  •   Vicenç Lleal (1946–1947)
  •   José Tomas (1947–1948)
  •   José Vila (1947–1950)
  •   José Maria Costa (1950–1951)
  •   José Grau (1951–1953)
  •   Joaquín Broto (1953–1955)
  •   J. Jiménez (1955–1956)
  •   Joaquín Broto (1956–1958)
  •   Rafael Murgadas (1958–1959)
  •   José Grau (1959–1961)
  •   Joan Canals (1961–1962)
  •   Antonio Molina (1962–1963)
  •   Albert Gasulla (1963–1964)
  •   Antonio Molina (1963–1964)
  •   Eduardo Kucharski (1965–1969)
  •   Josep Lluís Cortés (1969–1972)
  •   Clinton Morris (1972–1973)
  •   Josep Lluís Cortés (1973–1975)
  •   Eduardo Kucharski (1975–1976)
  •   Josep María Meléndez (1975–1977)
  •   Antoni Serra (1977–1979)
  •   Josep Lluís Cortés (1979–1980)
  •   Manel Comas (1980–1982)
  •   Joaquín Costa Prat (1981–1982)
  •   Jack Schrader (1982–1983)
  •   Aíto García Reneses (1983–1985)
  •   Miquel Nolis (1985–1986)
  •   Alfred Julbe (1986–1989)
  •   Herb Brown (1989–1990)
  •   Lolo Sainz (1990–1993)
  •   Željko Obradović (1993–1994)
  •   Pedro Martínez (1994–1995)
  •   Miquel Nolis (1994–1995)
  •   Zoran Slavnić (1995–1996)
  •   Alfred Julbe (1996–2000)
  •   Josep María Izquierdo (1999–2001)
  •   Manel Comas (2000–2003)
  •   Aíto García Reneses (2003–2008)
  •   Sito Alonso (2008–2010)
  •   Pepu Hernández (2010–2011)
  •   Salva Maldonado (2011–2016)
  •   Diego Ocampo (2016–2018)
  •   Carles Duran (2018–presente)

PresidentesEditar

A seguinte é unha lista dos presidentes do Joventut desde a fundación da Asociación de Clubs de Baloncesto en 1982.[3][4]

  •   Lluís Conesa (1982−1995)
  •   Jordi Parra (1995−1996)
  •   Genís Llamas (1996−1999)
  •   Jordi Villacampa (1999−2017)
  •   Juanan Morales (2017−presente)

PalmarésEditar

 
Pere Tomàs.

NacionalEditar

Liga

  • Campión (4): 1966–67, 1977–78, 1990–91, 1991–92
  • Subcampión (10): 1958, 1959–60, 1961–62, 1968–69, 1970–71, 1972–73, 1984–85, 1986–87, 1989–90, 1992–93

Copa do Rei

  • Campión (8): 1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008
  • Subcampión (13): 1966, 1968, 1970, 1971, 1972, 1974, 1985, 1986, 1987, 1990, 1993, 1998, 2004

Copa Príncipe

  • Campión (3): 1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008

Supercopa

  • Campión (2): 1986, 1987
  • Subcampión (1): 1988

Lliga Catalana

  • Campión (11): 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1994, 1998, 2005, 2007, 2008
  • Subcampión (14): 1981, 1982, 1984, 1985, 1993, 1995, 1997, 1999, 2001, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013

InternacionalEditar

Euroliga

  • Campión (1): 1994
  • Subcampión (1): 1992

EuroCup

  • Campión (1): 2008

Copa Korać

  • Campión (2): 1981, 1990

EuroChallenge

  • Campión (1): 2006

HistorialEditar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1930–56 Copa do Rei 3 veces campión (47−48, 52−53, 54−55), 3 veces subcampión (49–50, 51−52, 53–54)
1956–57 1 1ª Div. 2–8
1957–58 1 1ª Div. 14–1–3 Campións
1958–59 1 1ª Div. 17–5 Cuartos de final
1959–60 1 1ª Div. 16–1–5 Semifinais
1960–61 1 1ª Div. 14–8 Cuartos de final
1961–62 1 1ª Div. 13–5 Cuartos de final
1962–63 1 1ª Div. 9–7
1963–64 1 1ª Div. 13–9
1964–65 1 1ª Div. 8–6 Semifinais
1965–66 1 1ª Div. 10–8 Subcampións
1966–67 1 1ª Div. 18–2 Semifinais 2 Recopa CF 5–2
1967–68 1 1ª Div. 16–4 Subcampións 1 Recopa FG 5–2
1968–69 1 1ª Div. 15–3–4 Campións
1969–70 1 1ª Div. 17–1–4 Subcampións 2 Recopa CF 4–2
1970–71 1 1ª Div. 21–1 Subcampións 2 Recopa CF 6–2
1971–72 1 1ª Div. 17–5 Subcampións 2 Recopa SF 4–2
1972–73 1 1ª Div. 25–2–3 Semifinais 2 Recopa SF 5–3
1973–74 1 1ª Div. 22–1–5 Subcampións 3 Copa Korać CF 5–1
1974–75 1 1ª Div. 16–1–5 Cuartos de final 2 Recopa CF 4–3
1975–76 1 1ª Div. 20–12 Campións 3 Copa Korać SF 5–2
1976–77 1 1ª Div. 15–1–6 Semifinais 2 Recopa SF 7–5
1977–78 1 1ª Div. 20–2 Semifinais 3 Copa Korać SF 9–1
1978–79 1 1ª Div. 16–2–4 Cuartos de final 1 Copa de Europa SF 8–8
1979–80 1 1ª Div. 15–7 Semifinais 3 Copa Korać CF 4–4
1980–81 1 1ª Div. 16–1–9 Semifinais 3 Copa Korać 7–2
1981–82 1 1ª Div. 15–11 Cuartos de final 3 Copa Korać CF 3–3
1982–83 1 1ª Div. 14–1–11 Cuartos de final 3 Copa Korać CF 1–5
1983–84 1 ACB 24–11 Cuarto lugar
1984–85 1 ACB 26–11 Subcampións
1985–86 1 ACB 25–8 Subcampións Supercopa 2 Recopa SF 6–2
1986–87 1 ACB 29–8 Subcampións Supercopa 2 Recopa CF 3–3
Copa Príncipe
1987–88 1 ACB 21–14 Semifinais Supercopa 2 Recopa 8–3
Copa Príncipe SF
1988–89 1 ACB 26–16 Semifinais Copa Príncipe 3 Copa Korać CF 6–2
1989–90 1 ACB 29–15 Subcampións 3 Copa Korać 11–1–2
1990–91 1 ACB 40–6 Terceiro lugar Copa Príncipe 3 Copa Korać SF 9–3
1991–92 1 ACB 36–14 Terceiro lugar 1 Euroliga 14–4
1992–93 1 ACB 33–14 Subcampións 1 Euroliga FG 6–6
1993–94 1 ACB 24–14 Cuartos de final 1 Euroliga 15–5
1994–95 1 ACB 14º 17–21 Cuartos de final 1 Euroliga FG 2–14
1995–96 1 ACB 13º 17–21
1996–97 1 ACB 24–17 Campións
1997–98 1 ACB 25–13 Subcampións 2 Eurocup OF 10–4
1998–99 1 ACB 10º 18–16 Cuartos de final 2 Copa Saporta CF 13–3
1999–00 1 ACB 11º 16–18
2000–01 1 ACB 14º 11–23
2001–02 1 ACB 18–16 Cuartos de final
2002–03 1 ACB 18–19 Cuartos de final 2 ULEB Cup SF 9–7
2003–04 1 ACB 16–21 Subcampións 2 ULEB Cup CF 8–6
2004–05 1 ACB 21–17 2 ULEB Cup OF 6–1–5
2005–06 1 ACB 28–14 Cuartos de final 3 FIBA Eurocup 13–3
2006–07 1 ACB 28–16 Semifinais Supercopa SF 1 Euroliga T16 8–12
2007–08 1 ACB 27–12 Campións 2 ULEB Cup 16–1
2008–09 1 ACB 23–12 Cuartos de final Supercopa SF 1 Euroliga RS 4–6
2009–10 1 ACB 11º 15–19 Cuartos de final 2 Eurocup L16 8–4
2010–11 1 ACB 13º 14–20 Cuartos de final
2011–12 1 ACB 11º 16–18
2012–13 1 ACB 11º 16–18
2013–14 1 ACB 16–18
2014–15 1 ACB 19–17 Semifinais
2015–16 1 ACB 13º 13–21
2016–17 1 ACB 14º 11–21
2017–18 1 ACB 15º 12–22 3 Champions League 2RC 2–1–1
2018–19 1 ACB 18–18 Semifinais
2019–20 1 ACB 12º 11–17 2 EuroCup T16 8–8
2020–21 1 ACB 20–16 Cuartos de final 2 EuroCup CF 12–6

Finais da EuroligaEditar

O "Montigalà Joventut" presentouse na Final Four de Istanbul 1992 como un dos mellores equipos europeos do momento. No partido de semifinais desfíxose do Estudiantes con facilidade. Na gran final esperaba o belgradino Partizan, dirixido por Željko Obradović e liderado polo talento de Predrag Danilović e Aleksandar Đorđević. A poucos segundos do final, o base Tomás Jofresa logrou unha canastra que puña dous puntos arriba ao conxunto verdinegro. A vitoria final estaba moi cerca para os de Badalona, mais apareceu Đorđević. O base rival cruzou toda a cancha e anotou unha decisiva tripla. O Partizan colocábase cun punto de vantaxe e xa non houbo tempo para que o Joventut puidese contraatacar dunha forma organizada.

Despois da Liga Europea, dous anos despois conseguiron mudar o final. En 1994, o Joventut de Obradović, o mesmo adestrador que lles arrebatou a copa en Istanbul, fíxose co título en Tel Aviv cunha tripla de Corny Thompson nos últimos instantes da final. Os badaloneses venceron en semifinais ao Barcelona e na final ao Olympiacos e, deste xeito, o Joventut logrou converterse no primeiro club catalán en conseguilo.

Outras CompeticiónsEditar

Open McDonald's

UniformeEditar

O camiseta de xogo do Joventut sempre foi verde cunha banda horizontal negra ao redor do peito e os pantalóns tradicionalmente negros, coa excepción dalgúns anos que tamén foron de cor verde. Tradicionalmente a roupa de visitante foi de cor branca, e ademais na tempada 2008-09 foi estreada unha camiseta alternativa de cor prata. Como curiosidade, as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX.

 
Uniforme tradicional do Joventut.

NotasEditar

  1. "As pistas". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2010. Consultado o 02 de maio de 2010. 
  2. "Cadros de xogadores do Joventut". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 02 de maio de 2010. 
  3. "Juanan Morales toma el relevo de Jordi Villacampa como presidente del Joventut de Badalona". La Vanguardia (en castelá). 24 de abril de 2017. 
  4. "Fallece a los 70 años el expresidente del Joventut Genís Llamas". La Vanguardia (en castelá). 3 de decembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar