Elmer Bennett
Elmer James Bennett, nado o 13 de febreiro de 1970 en Evanston, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 1,83 m, xogaba na posición de base.
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1970 (53 anos)![]() |
Altura | 1,83 m (6 ft 0 in) |
Peso oficial | 77 kg (170 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Instituto | Bellaire (Bellaire, Texas) |
NBA Draft | 1992 / Rolda: 2 / Elección: 38 Por Atlanta Hawks |
Carreira | 1992–2008 |
Historial de equipos | |
Rochester Renegade (1992) Grand Rapids Hoops (1992–1993) Fargo-Moorhead Fever (1993–1994) Oklahoma City Cavalry (1994–1995) Cleveland Cavaliers (1995) Victoria Libertas Pesaro (1995) Philadelphia 76ers (1995) Oklahoma City Cavalry (1995–1996) Basket CRO Lyon (1996) Houston Rockets (1996) Denver Nuggets (1997) Oklahoma City Cavalry (1997) Baskonia (1997–2003) Real Madrid (2003–2005) Joventut Badalona (2005–2007) Sevilla (2008) | |
Premios e galardóns | |
Campión da EuroCup (2006) Campión da Liga ACB (2002, 2005) Campión da Copa do Rei (1999, 2002) |
Traxectoria editar
Bennett foi seleccionado na 38ª posición do Draft da NBA de 1992 polos Atlanta Hawks. Xogou na National Basketball Association (NBA) un total de 21 partidos repartidos en 3 tempadas, onde acadou 2.3 puntos por partido.
Bennett xogou para os Rochester Renegade, os Grand Rapids Hoops, os Fargo-Moorhead Fever e os Oklahoma City Cavalry na Continental Basketball Association. O seu primeiro equipo en Europa foi o Victoria Libertas Pesaro italiano en 1995. Posteriormente xogou tamén no Basket CRO Lyon en 1996.
A meirande parte da súa carreira a pasou na Liga ACB. Chegou ó TAU Cerámica en 1997, onde xogou ata 2003 e gañou unha liga e unha Copa do Rei. Posteriormente xogou para o Real Madrid, o Joventut Badalona e o CB Sevilla.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)
- Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com Arquivado 13 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)