Pavelló Olímpic de Badalona
O Pavelló Olímpic de Badalona (do catalán: Pavillón Olímpico de Badalona), coñecido tamén como Palau Municipal d'Esports de Badalona (do catalán: Pazo Municipal dos Deportes de Badalona) é unha instalación deportiva de Badalona (Cataluña) adicada especialmente á disputa de partidos de baloncesto. Foi a instalación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, onde se realizou a competición de baloncesto, e actualmente é o recinto onde disputa os seus partidos como local o Club Joventut de Badalona. Foi obra dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius, que gañaron en 1992 o Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe polo recinto.
Pavelló Olímpic de Badalona | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | arena coberta (pt) ![]() ![]() | |||
Custo | 35 millóns de € | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Badalona ![]() | |||
Localización | Badalona, Cataluña | |||
Datas | ||||
Fundación | 1991 ![]() | |||
Inauguración | 17 de setembro de 1991 | |||
Acontecementos | ||||
Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1992 (pt) ![]() ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 12.500 espectadores | |||
Superficie | 26.000 m² | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Ajuntament de Badalona | |||
Arquitecto | Esteve Bonell e Francesc Rius | |||
Ocupante | Club Joventut de Badalona ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Distincións | Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | baloncesto ![]() | |||
Localía | Club Joventut de Badalona (ACB) | |||
[ Wikidata ] |
Estrutura
editarO Pavillón consta de catro niveis. O nivel inferior corresponde á pista central de xogo, pistas interiores de adestramento, vestiarios, salas de prensa e almacéns. En nivel inmediatamente superior está destinado a oficinas onde se desenvolven traballos comerciais e de administración. O nivel principal é o destinado ao aceso ás bancadas e ten un amplo pasadizo que circunda o recinto, distribuídos por este pasadizo sitúanse diversas areas de servizos e bares. Desde o mesmo pasadizo é por onde se accede á parte superior das bancadas.
Ten unha capacidade para 12.500 persoas. Tamén serviu para aloxar grandes concertos musicais, nos que o aforamento se ampliou implantando bancadas provisionais na área de xogo.
Historia
editarFoi inaugurado en 1991 baixo deseño dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius con motivo da celebración do torneo de baloncesto dos XXV Xogos Olímpicos, porque foi a sede durante toda a competición de baloncesto durante os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. O pavillón acolleu ao Dream Team, a selección norteamericana considerada como o mellor equipo da historia, con nomes como Michael Jordan, Magic Johnson, Charles Barkley ou Larry Bird. Desde a tempada 91/92, o pavillón tamén acolle os partidos do primeiro equipo do Club Joventut de Badalona da Liga ACB. É unha das mellores instalacións de baloncesto de Europa, polo que popularmente é coñecido como a Catedral do Baloncesto. Tamén é escenario de numerosos concertos e actos multitudinarios. En 1997 foi unha das sedes do XXX Campionato Europeo de Baloncesto Masculino.