Supercopa de España de baloncesto
A Supercopa de España de baloncesto, actualmente coñecida por motivos de patrocinio como Supercopa Endesa, é unha competición que se celebra anualmente en España entre catro equipos: o gañador da Liga ACB, o gañador da Copa do Rei, o equipo local e o equipo que faga mellor participación en competicións europeas a pasada campaña. Se o mesmo equipo gaña a Copa e a Liga, entón os dous seguintes equipos na Liga ACB compiten.
Supercopa Endesa | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 2004 |
Rexión | ![]() |
Confederación | FIBA Europa |
Equipos | 4 |
Actual campión | Real Madrid (8 título) |
Máis laureado | Real Madrid (8 títulos) |
Televisión | Movistar+ |
Sitio web | acb.com |
A Supercopa naceu na década de 1980. Neste época a Supercopa enfrontaba ao campión da Liga ACB co campión da Copa do Rei (subcampión se un equipo facía dobrete) en pista neutral. O Real Madrid levou a edición do ano 1984, o Joventut de Badalona as dos anos 1985 e 1986 e, a última en 1987, foi para o FC Barcelona. En 2004 renaceu a competición co formato actual.
Historial Editar
Supercopa ACEB Editar
Ano | Sede | Pavillón | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
1984 | L'Alcora | Polideportivo Municipal | Real Madrid | CAI Zaragoza | 101–61 |
1985 | Valladolid | Polideportivo Pisuerga | Ron Negrita Joventut | Real Madrid | 104–91 |
1986 | A Coruña | Riazor | Ron Negrita Joventut (2) | Real Madrid | 74–67 |
1987 | Vigo | Pavillón Municipal | FC Barcelona | RAM Joventut | 91–88 |
Supercopa ACB Editar
Palmarés Editar
Equipo | Campión | Subcampión | Anos campión | Anos subcampión |
---|---|---|---|---|
Real Madrid | 8 | 4 | 1984, 2012, 2013, 2014, 2018, 2019, 2020, 2021 | 1985, 1986, 2004, 2009 |
Barcelona | 6 | 6 | 1987, 2004, 2009, 2010, 2011, 2015 | 2012, 2013, 2014, 2016, 2019, 2020, 2021 |
Baskonia | 4 | 2 | 2005, 2006, 2007, 2008 | 2011, 2018 |
Joventut | 2 | 1 | 1985, 1986 | 1987 |
Valencia | 1 | 1 | 2017 | 2010 |
Gran Canaria | 1 | 1 | 2016 | 2017 |