Asociación de Clubs de Baloncesto

A Asociación de Clubs de Baloncesto, a miúdo coñecida polas súas siglas ACB é unha organización deportiva que aglutina e defende os intereses dos clubs profesionais do baloncesto español.

Asociación de Clubs de Baloncesto
TipoLiga profesional
Fundación3 de marzo de 1982
LocalizaciónBarcelona
Na rede
http://www.acb.com/
editar datos en Wikidata ]
Para a liga de baloncesto homónima véxase: Liga ACB.

Historia

editar

A constitución da ACB formalizouse o mércores 3 de marzo de 1982 en Madrid mediante a firma dunha acta notarial na que estamparon a súa firma Carlos Casas (Manresa E.B.), Juan Fernández (OAR Ferrol), Santiago Toca (Valladolid C.B.), José Cabrera (C.B. Canarias), Anxo Palmi (C.B. Granollers), Carlos Pastrana (La Salle Bonanova) e Santiago March (Joventut Badalona). Eduardo Portela e José Antonio Gasca foron os impulsores.

Dende a tempada 1983-1984, a ACB organiza anualmente a competición de elite do baloncesto masculino español, transformándose a antiga Liga Nacional na nova Liga ACB. A nacente organización contribuíu a profesionalizar e modernizar o baloncesto español e a tentar converter a liga Nacional na segunda competición nacional máis importante do mundo tras a NBA ao implantar unha filosofía de deporte-espectáculo: venda conxunta dos dereitos de transmisión por televisión, instauración dos play offs polo título e un Partido das Estrelas (a semellanza do All-Star Game da NBA), fase final da Copa do Rei (primeiro con catro equipos, logo con oito), creación da Supercopa de España (a mediados dos anos 80 e resucitada en 2004)...

O primeiro presidente da ACB foi o entón máximo dirixente do C.B. Granollers, Antonio Novoa. O directivo responsable da sección de Baloncesto do Real Madrid Mariano Jaquotot sucedeulle no cargo e Juan Fernández, presidente do OAR Ferrol, foi o último mandatario vinculado directamente a un club asociado. O primeiro independente foi Evaristo do Río e o segundo é quen actualmente ostenta o cargo, Eduardo Portela. Todos os directivos teñen que responder anualmente da súa xestión á Asemblea Xeral, que representa aos clubs que toman parte na competición. Portela preside a ACB dende 1990 e, un ano despois, impulsou a creación da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), organización que tamén preside Portela na actualidade. A ACB e a ULEB teñen a súa sede na cidade de Barcelona.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar