Copa do Rei de baloncesto
A Copa da súa Maxestade o Rei de baloncesto é unha competición que se disputa anualmente en España, sendo organizada desde 1983 pola ACB.
Copa do Rei de baloncesto | |
---|---|
Fundación | 1933 |
Rexión | ![]() |
Equipos | 8 |
Actual campión | FC Barcelona (25º título) |
Máis laureado | Real Madrid (27) |
Sitio web | www.acb.com/copadelrey |
Copa do Rei Madrid 2019 |
Actualmente, dispútana a partido único, cun sistema de final a oito, os sete mellores equipos da Liga ACB ao termo da primeira volta da competición ligueira xunto co mellor conxunto da cidade anfitrioa (se a localidade non tivese un club na ACB, entón o seu lugar ocuparíao o oitavo mellor clasificado).
Tradicionalmente, o equipo gañador lograba ademais o dereito a inscribirse na seguinte edición da Recopa de Europa. Actualmente, o torneo copeiro non clasifica para competición europea algunha.
HistoriaEditar
O torneo comezou a disputarse co nome de Copa de España, cuxa primeira edición disputouse en Madrid no ano 1933, converténdose na primeira competición baloncestística que enfrontaba a clubs de toda España. Hai que destacar que a Liga Nacional non foi creada ata a tempada 1956-1957, 24 anos despois.
O campionato recibiu a denominación actual de Copa do Rei en 1977, coa restauración monárquica en España tras a ditadura franquista, que rebautizou o torneo como Copa do Xeneralísimo.
HistorialEditar
Copa de España (1933-1936)Editar
Final a partido único
Tempada | Sede | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|---|
1932–33 | Madrid | Rayo Club de Madrid (1) | Real Madrid | 21–11 |
1934–35 | Barcelona | SS Patrie (1) | Rayo Club de Madrid | 23–19 |
1935–36 | Madrid | Rayo Club de Madrid (2) | SS Patrie | 23–20 |
Copa do Xeneralísimo (1940-1976)Editar
Final a partido único
Copa do Rei (1977-)Editar
Final a partido único
Tempada | Sede | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|---|
1976–77 | Palma | Real Madrid (18) | FC Barcelona | 97–71 |
1977–78 | Zaragoza | FC Barcelona (8) | Real Madrid | 103–96 |
1978–79 | Pamplona | FC Barcelona (9) | CB Tempus | 130–113 |
1979–80 | Ferrol | FC Barcelona (10) | CB Manresa | 92–83 |
1980–81 | Almería | FC Barcelona (11) | Real Madrid | 106–90 |
1981–82 | Badaxoz | FC Barcelona (12) | Real Madrid | 110–108 |
1982–83 | Palencia | FC Barcelona (13) | Inmobanco Madrid | 125–93 |
Final entre catro
Tempada | Sede | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|---|
1983–84 | Zaragoza | CAI Zaragoza (1) | FC Barcelona | 81–78 |
1984–85 | Badalona | Real Madrid (19) | Ron Negrita Joventut | 90–76 |
1985–86 | Barcelona | Real Madrid (20) | Ron Negrita Joventut | 87–79 |
Final entre oito
PalmarésEditar
Pos. | Equipo | Campión | Subcampión | Títulos (anos) |
---|---|---|---|---|
1 | Real Madrid | 27 | 21 | 1950–51, 1951–52, 1953–54, 1955–56, 1956–57, 1959–60, 1960–61, 1961–62, 1964–65, 1965–66, 1966–67, 1969–70, 1970–71, 1971–72, 1972–73, 1973–74, 1974–75, 1976–77, 1984–85, 1985–86, 1988–89, 1992–93, 2011-12, 2013-14, 2014-15 e 2015–16 |
FC Barcelona | 25 | 11 | 1942–43, 1944–45, 1945–46, 1946–47, 1948–49, 1949–50, 1958–59, 1977–78, 1978–79, 1979–80, 1980–81, 1981–82, 1982–83, 1986–87, 1987–88, 1990–91, 1993–94, 2000–01, 2002–03, 2006–07, 2009–10, 2010–11 e 2012–13 | |
3 | Joventut Badalona | 8 | 16 | 1947–48, 1952–53, 1954–55, 1957–58, 1968–69, 1975–76, 1996–97 e 2007–08 |
4 | Saski Baskonia | 6 | 3 | 1994–95, 1998–99, 2001–02, 2003–04, 2005–06 e 2008–09 |
5 | CB Estudiantes | 3 | 4 | 1962–63, 1991–92 e 1999–00 |
6 | Laietà BC | 2 | 2 | 1941–42 e 1943–44 |
7 | CB Zaragoza | 2 | 2 | 1983–84 e 1989–90 |
8 | Rayo Club de Madrid | 2 | 1 | 1932–33 e 1935–36 |
9 | Picadero JC | 2 | 0 | 1963–64 e 1967–68 |
10 | Valencia BC | 1 | 4 | 1997–98 |
11 | SS Patrie | 1 | 1 | 1934–35 |
CB L'Hospitalet | 1 | 1 | 1939–40 | |
Bàsquet Manresa | 1 | 1 | 1995–96 | |
Unicaja Málaga | 1 | 1 | 2004–05 | |
15 | RCD Espanyol | 1 | 0 | 1940–41 |