Sergio Llull
Sergio Llull Melià, nado o 15 de novembro de 1987 en Maó, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Mide 1,92 metros, pesa 95 kg e pode xogar nas posicións de base e escolta.
![]() | |
Real Madrid – No. 23 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1987 (35 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,92 m (6 ft 3.75 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Liga | ![]() |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2005 |
Historial de equipos | |
| |
Premios e galardóns | |
|
TraxectoriaEditar
Llull comezou xogando nas canteiras do La Salle Mahón e do CB i Unió Manresana. Fixo o seu debut na Liga ACB co Bàsquet Manresa na tempada 2005-06, o 8 de xaneiro de 2006. Esa mesma tempada xogou 11 partidos coma cedido no Finques Olesa. Á seguinte tempada estivo de volta no Manresa, e en maio de 2007 fichou polo Real Madrid.[1] En 2010, Llull estendeu o seu contrato co Real Madrid ata o ano 2014.[2]
Foi elixido polos Denver Nuggets na 34ª posición do Draft da NBA de 2009. Os Houston Rockets mercaron os seus dereitos por unha cantidade preto dos 2.25 millóns de dólares.[3]
ClubsEditar
- La Salle Mahón (categorías inferiores)
- 2005 - 2006: Finques Olesa
- 2005 - 2007: Bàsquet Manresa
- Dende 2007: Real Madrid
PalmarésEditar
SelecciónEditar
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
- Medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-18 2004.
- Medalla de prata no Campionato de Europa Sub-20 2007.
- Medalla de ouro no Eurobasket 2009 en Polonia.
- Medalla de ouro no Eurobasket 2011 en Lituania.
- Medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres.
ClubEditar
- Real Madrid
- 3 Liga ACB: 2006–07, 2012–13, 2014–15
- 3 Copa do Rei: 2012, 2014, 2015
- 3 Supercopa de España: 2012, 2013, 2014
- 1 Euroliga: 2014–15
NotasEditar
- ↑ ACB.com, ed. (10 de maio de 2007). "El Real Madrid anuncia el fichaje del base menorquín Sergi LLull" (en español). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2008.
- ↑ "Sergio Llull amplía su contrato con el Real Madrid hasta 2014 - EcoDiario.es". ecodiario.eleconomista.es (en castelán). 2010-07-19. Consultado o 2020-04-17.
- ↑ Marca.com Sergio Llull es la segunda ronda más cara de la historia del 'draft' de la NBA. (en castelán)