Supercopa de España de baloncesto

A Supercopa de España de baloncesto é unha competición que se celebra anualmente en España entre catro equipos: o gañador da Liga ACB, o gañador da Copa do Rei, o equipo local e o equipo que faga mellor participación en competicións europeas a pasada campaña. Se o mesmo equipo gaña a Copa e a Liga, entón os dous seguintes equipos na Liga ACB compiten. Dispútase desde 2004.

Supercopa de España
Fundación2004
RexiónEspaña España
Equipos4
Actual campiónReal Madrid (4º título)
Máis laureadoFC Barcelona (5 títulos)
Sitio webwww.acb.com
Supercopa 2018

Na década dos 80 do século XX, existiu unha edición desta competición, que enfrontaba ao campión da Liga ACB co campión da Copa do Rei (subcampión se un equipo facía dobrete) en pista neutral. O Real Madrid levou a edición do ano 1984, o Joventut de Badalona as dos anos 1985 e 1986, a última en 1987, foi para o FC Barcelona. No ano 2005 reeditouse unha nova edición desta competición.

HistorialEditar

Ano Sede Campión Resultado Subcampión MVP
2004 Málaga FC Barcelona 76 - 75 (OT) Real Madrid   Dejan Bodiroga
2005 Granada TAU Cerámica Baskonia 61 - 55 CB Granada   Luis Scola
2006 Málaga TAU Cerámica Baskonia 83 - 78 Unicaja Málaga   Tiago Splitter
2007 Bilbao TAU Cerámica Baskonia 85 - 73 Iurbentia Bilbao Basket   Tiago Splitter (2)
2008 Zaragoza TAU Cerámica Baskonia 86 - 85 CAI Zaragoza   Pablo Prigioni
2009 As Palmas FC Barcelona 86 - 82 Real Madrid   Juan Carlos Navarro
2010 Vitoria FC Barcelona 83 - 63 Power Electronics Valencia   Juan Carlos Navarro (2)
2011 Bilbao FC Barcelona 82 - 73 Caja Laboral Baskonia   Juan Carlos Navarro (3)
2012 Zaragoza Real Madrid 95 - 84 FC Barcelona   Rudy Fernández
2013 Vitoria Real Madrid 83 - 79 FC Barcelona   Sergio Rodríguez
2014 Vitoria Real Madrid 99 - 78 FC Barcelona   Sergio Llull
2015 Málaga FC Barcelona Lassa 80 - 62 Unicaja Málaga   Pau Ribas
2016 Vitoria Herbalife Gran Canaria 79 - 59 FC Barcelona Lassa   Kyle Kuric
2017 As Palmas Valencia Basket 69 - 63 Herbalife Gran Canaria   Erick Green
2018 Santiago de Compostela Real Madrid 80 - 73 Kirolbet Baskonia   Sergio Llull (2)

Clasificación históricaEditar

# Equipo Camp. Subc.
1   FC Barcelona 5 3
2   Real Madrid 4 4
3   Saski Baskonia 4 1
4   Joventut Badalona 2 1
5   Unicaja Málaga 0 1
*   Bilbao Basket 0 1
*   CB Granada 0 1
*   CAI Zaragoza 0 1
*   Valencia Basket 0 1
Total 10 10

PalmarésEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar