Bob Fullarton

baloncestista estadounidense

Robert Fullarton, coñecido como Bob Fullarton, nado en 1950 no estado de Wisconsin, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,08 metros foi un dos xogadores máis destacados do baloncesto español da década de 1970.[1]

Bob Fullarton
Posición Pivote
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Nacemento 1950 (74 anos)
Wisconsin, Estados Unidos
Carreira
Tempadas 19731981
Universidade Xavier (1969–1973)
Equipo(s)
La Casera Lugo (1973–1975)
Breogán Lugo (1975–1977)
Bàsquet Manresa (1977–1981)
Estatísticas (ACB)
Puntos     -
Asistencias     -
Rebotes     -
Premios
Máximo anotador de Primeira (1976, 30,3)

Traxectoria editar

Bob Fullarton comezou a xogar ao baloncesto condicionado pola súa estatura, tendo ademais boas calidades físicas e técnicas para iso, polo que acabou xogando na NCAA para a Universidade de Xavier (Cincinatti). Tras pasar catro anos no baloncesto universitario entro no Draft da NBA, onde foi elixido polos Buffalo Braves (hoxe Los Angeles Clippers), con todo non chegou a debutar co equipo na NBA.

Sen equipo Fullarton falou co seu axente de ir a xogar a Europa, recibindo dúas ofertas, unha do Pineda e outra do La Casera de Lugo. Tras xogar dúas temporadas co La Casera, asina co equipo rival da cidade, o Breogán, co xogou dúas temporadas na elite do baloncesto estatal, chegando a ser o máximo anotador na temporada 1975-76 con 30,3 puntos por encontro (968 en total, a marca máis alta da historia da liga). Tras cinco anos en Lugo, e co descenso do equipo á Segunda División Fullarton marchou ao Bàsquet Manresa, onde chegou a ser subcampión da Copa do Rei. Retirado do baloncesto, foi homenaxeado tanto en Lugo como en Manresa.[1]

Equipos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Bob Fullarton". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 20 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar