Cory Higgins

baloncestista estadounidense

Courdon "Cory" Higgins, nado o 14 de xuño de 1989 en Danville, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Cory Higgins
Información persoal
Nacemento 14 de xuño de 1989 (35 anos)
Danville, Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Monte Vista (Danville, California)
Universidade Colorado (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: Sen draftear
Carreira 2011−presente
Historial de equipos
Erie BayHawks (2011)
Charlotte Bobcats (2011–2012)
Erie BayHawks (2013)
Triumph Lyubertsy (2013–2014)
Gaziantep (2014–2015)
CSKA Moscova (2015–2019)
Barcelona (2019–2023)

Traxectoria

editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2011, Higgins foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA D-League polos Erie Bayhawks. Xogou 5 partidos con eles, facendo 12.6 puntos por partido.

Higgins foi invitado polos Denver Nuggets aos seus adestramentos durante a pretempada de 2011, pero foi cortado o 23 de decembro de 2011.[1]

O 25 de decembro de 2011, foi fichado polos Charlotte Bobcats.[2] Foi cortado polos Bobcats o 9 de decembro de 2012.[3]

O 3 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe por tres tempadas co FC Barcelona da Liga ACB.[4] O 5 de xullo de 2021, Higgins renovou o seu contrato co Barcelona ata 2024.[5]

  1. "Denver Nuggets waive Higgins and Ruffin". NBA.com. 2011-12-23. Consultado o 2011-12-26. 
  2. "Bobcats Claim Cory Higgins Off Waivers". NBA.com. 2011-12-25. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2012. Consultado o 2011-12-26. 
  3. "Cats Sign Adrien, Waive Higgins". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  4. "Principio de acuerdo para la incorporación de Cory Higgins". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2019. 
  5. Acuerdo para la continuidad de Higgins hasta el 2024

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar