Libra (masa)
A libra[1] (lb) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma. A palabra (derivada do latín) significa "escala ou balanza", e aínda é o nome da principal unidade de masa usada agora nos Estados Unidos e nalgúns países de fala hispana.[2]
Existen moitas unidades chamadas libra, especialmente na antigüidade, aínda que a libra que se utiliza agora é a libra avoirdupois, polo que se se menciona a palabra "libra" referíndose á masa, enténdese que se está a falar da libra avoirdupois.[3]
Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos e á súa vez un quilogramo é igual a 2,20462262 libras.[4]
Historia
editarMoito despois da caída do Imperio Romano Occidental, as diversas rexións do antigo imperio foron tomando a súa propia maneira de estimar o valor dunha libra, e xurdiron numerosas unidades de masa tamén chamadas libra. A libra latina equivalía a 273 gramos. Aínda que como unidade monetaria de conta usábase a libra grega, de 327,4 gramos.
Durante moito tempo houbo confusións ao pesar unha mercadoría en diferentes unidades denominadas libra. Para acabar co problema, Antoine Lavoisier propuxo substituír as libras e outras antigas unidades en toda Europa, polo gramo, os seus múltiplos e submúltiplos.
Co paso do tempo, todas as nacións europeas abandonaron o uso da libra para substituíla polo quilogramo, pero os Estados Unidos aínda a usan, así como algúns países latinoamericanos cuxas culturas foron en gran medida influídas pola norteamericana durante o século XX, como Porto Rico, O Salvador, Guatemala, Cuba, Ecuador e Panamá.
Libras de uso
editarOs estadounidenses aínda usan dous tipos de libras, aínda que xa empezan a aceptar o quilogramo:
- Libra avoirdupois (pound avoirdupois, en inglés): é a libra de uso común. Cotiamente só se lle chama pound. Equivale a 453,59237 gramos e tamén a:
- 7.000 grans
- 256 dracmas avoirdupois.
- 16 onzas avoirdupois.
- 0,071428571428571 stones.
- 0,04 arrobas.
- Libra troy (pound troy, en inglés): este tipo de libra úsase unicamente en xoiaría e ourivaría. Equivale a 373,2417216 gramos e tamén a:
- 5.760 grans.
- 240 pennyweights.
- 96 dracmas troy.
- 12 onzas troy.
En Colombia e Venezuela, utilízase a palabra libra para referirse a 500 gramos.
Libras obsoletas
editar- A libra farmacéutica anglosaxoa (pound apothecary, en inglés), era usada nas farmacias e farmacoloxía. Unha libra destas equivale a 373,2417216 gramos, e tamén a:
- 5.760 grans.
- 288 escrúpulos.
- 96 dracmas farmacéuticas.
- 12 onzas farmacéutica.
- A libra castelá foi utilizada amplamente en España e nos seus territorios americanos. Esta libra equivalía a 16 onzas castelás (460,093 gramos).
- A libra farmacéutica castelá foi utilizada na farmacoloxía española, diferenciándose da libra anglosaxoa. Esta libra equivalía a 12 onzas medicinais (345,06975 gramos).
- A libra catalá (lliura) equivalía a 400 gramos. Esta libra tamén se dividía en 12 onzas.
- Outras libras españolas tiñan valores diferentes, como 350 gramos a de Zaragoza, ou 492 gramos (ou 17 onzas) a de Guipúscoa.
- A libra napolitana, utilizada no reino de Nápoles, equivalía a 320,759 gramos.[5]
Forma de lectura das libras como unidade de medida de masa
editarO máis común é que unha libra se divida en 16 onzas. A lectura realízase contando as libras totais e o menor á libra dividido en 16 unidades. Exemplo: 1 libra con 12 onzas.
A libra como padrón monetario
editarA primeira emisión de moeda en Roma, efectuada no século IV a. C., foi o As Libral, cuxo peso estaba baseado no da libra grega, e era de 327,4 gramos de prata. O resto de moedas emitidas ao longo da súa historia, tales como os denarios e sestercios, estaban baseadas en divisores deste padrón monetario.
No ano 800 Carlomagno adoptou a libra de 489,6 gramos divisible en 2 marcos. Utilizouse como padrón para a medida das moedas, estabelecéndose que cada libra equivalía a 20 soldos ou a 240 diñeiros.
Soamente existía o diñeiro como moeda real. Os soldos, marcos e libras eran unidades de conta.
- 1 libra = 20 soldos = 240 diñeiros (cuxo nome provén de denario).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Libra.
- ↑ http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-897344
- ↑ aaron koenigsberg. "Factor de conversión de libras a kilogramos". eHow en español. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ "DE LIBRAS, ONZAS Y ALGO MAS…" (PDF). Centro filatélico y numismático San Francisco. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ Luigi Granata: Economia rustica per lo regno di Napoli.
Véxase tamén
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de Libra |
Outros artigos
editar- Tonelada
- Onza (masa)
- Nó (náutica)
- Unidade de masa atómica
- Joule
- Newton (unidade)
- Atmosfera (unidade)
- Caloría
- Pascal (unidade)
Ligazóns externas
editar- Libras a quilos. Converter libras a quilogramos, (en castelán).
- U.S. National Institute of Standards and Technology Special Publication 811, (en inglés).
- National Institute of Standards and Technology Handbook 130, (en inglés).