Jorge Garbajosa

baloncestista español

Jorge Garbajosa Chaparro, nado en Torrejón de Ardoz (Madrid) o 19 de decembro de 1977, é un ex-xogador de baloncesto español, internacional coa selección española de baloncesto. O seu posto na cancha, cos seus 206 cm e 111 kg, era o de ala-pivote.

Jorge Garbajosa
Jorge Garbajosa.JPG
Nome completoJorge Garbajosa Chaparro
Nacemento19 de decembro de 1977
 Torrejón de Ardoz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbaloncestista
PremiosMedalla de Oro de la Real Orden del Mérito Deportivo
editar datos en Wikidata ]
Jorge Garbajosa

TraxectoriaEditar

BaskoniaEditar

Con apenas 16 anos (1993) trasladouse a Vitoria desde Madrid deixando o seu club, o Mocidade Alcalá, para xogar co Taugrés Vitoria (despois Tau Cerámica) onde creceu como xogador. Tras unha primeira tempada de axuste (a campaña 93/94) pasou ó novo equipo e á nova cidade, Garbajosa logrou co Taugrés Vitoria o Campionato de España Junior a tempada seguinte (a campaña 94/95), sendo un dos artífices principais deste éxito. Isto valeulle para que ó ano seguinte, se lle tivese en conta no primeiro equipo, co que debutou en Liga ACB con 18 anos.

Na súa primeira tempada no primeiro equipo vitoriano (a campaña 95/96) logrou a Copa de Europa e ano tras ano, foi collendo confianza, progresando no seu xogo e sendo un dos habituais nos quintetos iniciais do cadro vitoriano. Na tempada 97/98 logrou o subcampionato de Liga e un ano despois a consecución da Copa do Rei.

Benneton TrevisoEditar

Trala campaña 99/00, quizais a mellor de Garbajosa coa elástica branca do TAU, foi representante vitoriano no All-Star da ACB-, tomou a difícil decisión de abandonar a entidade baskonista logo de sete tempadas e facer as maletas rumbo a Italia, onde xogaría no Benetton de Treviso as seguintes catro campañas.

En 2000 tras recibir ofertas Real Madrid, Pau Orthez e Benetton Treviso, Jorge decantouse polo conxunto transalpino porque quería xogar no estranxeiro e a liga italiana parecíalle o suficientemente dura e competitiva como para reivindicarse como xogador. Alí está ás ordes de Mike D'Antoni e explota como xogador conseguindo varios títulos de liga e copa da liga italiana.

Unicaja MálagaEditar

Tras casar, trasladouse a Málaga ó fichar polo Unicaja Málaga que forma un equipo arredor del nun ambicioso proxecto dirixido por Sergio Scariolo. En Málaga demostra Jorge o progreso que tivo desde que catro anos atrás abandonase a nosa liga e chega cargado de humildade e traballo pero cunhas calidades dignas dos mellores xogadores europeos no seu posto. Pronto se converte en ídolo da afección de Málaga e vestido de verde conquista a Copa do Rei a súa primeira campaña (04/05) e un ano despois (05/06) chega a eclosión coa consecución do campionato ligueiro, conseguindo como mérito persoal ser elixido o MVP da final e entrar dentro do Quinteto ideal da ACB.

NBAEditar

 
Jorge Garbajosa nun partido de Toronto Raptors.

Actualmente é xogador de Toronto Raptors, equipo canadense da NBA onde tamén xoga o español José Manuel Calderón. A súa actuación no ano da súa estrea na NBA foi moi destacada como o demostra o feito de que foi proclamado como sétimo mellor rookie do ano Garbajosa, sétimo mellor 'rookie' da NBA e o que fose elixido no quinteto ideal da competición para xogadores de primeiro ano [1]. Garbajosa mesmo logrou facerse coa distinción de mellor novato do mes de decembro da Conferencia Leste [2], chegando a xogar o All Star co conxunto dos rookies en Las Vegas 2007.

O 26 de marzo de 2007 sufriu unha espectacular luxación de nocello a poucos minutos de terminar o partido que enfrontaba ós Toronto Raptors cos Boston Celtics. Operóuselle cirurxicamente e o seu tempo de recuperación (seis meses) facía perigar a súa participación no europeo de baloncesto que se celebra en España. Finalmente, a pesar de que o 24 de agosto de 2007 os Toronto Raptors fixesen oficial a súa negativa a permitir que o xogador madrileño disputase o Campionato de Europa de Baloncesto coa selección española, este finalmente farao grazas a un seguro médico que cobre os posibles riscos derivados da lesión en favor do seu actual equipo, os Toronto Raptors.

Khimki BC (Rusia)Editar

O 24 de xullo de 2008, firmou un contrato por dúas tempadas co Khimbi BC ruso, converténdose nun dos xogadores mellor pagados de Europa, con 3 millóns de euros netos por tempada.

CuriosidadesEditar

  • Jorge é fiel seguidor do Atlético de Madrid e realizou o saque de honra no Vicente Calderón tras proclamarse campión do mundo coa selección Española no Mundial de 2006.
  • Cando Jorge ten que efectuar tiros libres, pouco antes de tirar surrurra unhas palabras. Non transcendeu o contido dos famosos susurros, pero el dixo que tiñan que ver cun ser querido.

ClubsEditar

PalmarésEditar

Con clubsEditar

  • Campión de España Junior co Taugrés Vitoria. Tempada 1994-95.
  • Campión da Copa de Europa co Taugrés Vitoria. Tempada 1995-96.
  • Subcampión de Liga co Tau Cerámica. Tempada 1997-98.
  • Campión da Copa do Rei co Tau Cerámica. Tempada 1998-99.
  • Campión da Liga de Italia co Benetton Treviso, 2 veces. Tempadas 2001-02 e 2002-03.
  • Subcampión da Euroleague co Benetton Treviso. Tempada 2002-03.
  • Campión da Coppa de Italia co Benetton Treviso, 2 veces. Tempadas 2002-03 e 2003-04.
  • Campión da Copa do Rei co Unicaja Málaga. Tempada 2004-05
  • Campión da Liga co Unicaja Málaga. Tempada 2005-06.

Coa selección españolaEditar

NomeamentosEditar

  • Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2002-2003.
  • Nomeado MVP da Copa de Italia da tempada 2003-2004.
  • Nomeado MVP nacional das xornadas 14, 16, 23 e 27 da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP nacional dos meses de xaneiro, febreiro e marzo da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP da xornada 20 da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP da xornada 9 da Euroliga na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP da Copa do Rei da tempada 2004-2005.
  • Integrante do quinteto ideal da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP nacional das xornada 8 e 10 da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP nacional do mes de xaneiro da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP da xornada 16 da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP da xornada 17 da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP do mes de decembro da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Integrante do segundo quinteto da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Integrante do quinteto ideal da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP da Final da ACB da tempada 2005-2006.
  • Integrante do quinteto ideal do Mundobasket do Xapón 2006.
  • Nomeado Mellor Novato do mes de decembro na conferencia leste da NBA 2006-2007
  • Integrante do mellor quinteto ideal de rookies da NBA 2006-2007

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar