Bizkaia Arena
O Bizkaia Arena é un pavillón multiúsos situado no complexo Bilbao Exhibition Centre, en Barakaldo, Biscaia (Euskadi). É o maior pavillón de usos múltiples en España, xa que pode albergar até 26.000 persoas,[3] 18.640 para a maioría dos deportes de interior. Forma parte do Complexo Bilbao Exhibition Centre (BEC), a Feira de Mostras de Bilbao.
Bizkaia Arena | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°17′18″N 2°59′27″O / 43.288236, -2.990733 |
Localización | Barakaldo, Biscaia |
Construción | |
Inauguración | 2004 |
Estadio | |
Capacidade | Baloncesto: 15.414 espectadores[1][2] |
Propietario | Bilbao |
Localía | CB Bilbao Berri (2009−2010) |
Web | http://bizkaiaarena.bilbaoexhibitioncentre.com/ |
Eventos | |
Copa do Rei de Baloncesto 2010 Mundial de Baloncesto 2014 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Usos
editarO lugar é escenario habitual de partidos de baloncesto, contando cunha capacidade para este deporte de 15.414 espectadores.[1][2] Dende 2009, é o o fogar do Bilbao Basket (en 2007 e 2008, utilizouse en diversas ocasións para os encontros máis atractivos). O pavillón foi sede da fase final da Copa do Rei de Baloncesto 2010, e unha das sedes do Mundial de Baloncesto 2014. Varios grupos internacionais de música realizaron concertos no Bizkaia Area, incluíndo Bryan Adams (2005), The Who (2006), Bruce Springsteen (2007), AC/DC (Black Ice World Tour, 2009), Leonard Cohen (2009), Jonas Brothers (2009), Rammstein (2009) ou Chuck Berry. O recinto tamén foi utilizado para outro tipo de espectáculos como ópera,, discursos políticos e reunións relixiosas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Scoresway.us Bizkaia Arena Capacity: 15414.
- ↑ 2,0 2,1 Eurocupbasketball.com The Club Scene: Bizkaia Bilbao Basket - The club was allowed to host four regular season games at Bizkaia Arena - against Real Madrid, Barcelona, Tau and Guipuzkoa Basket - and managed to set an all-time ACB attendance record by hosting 15,414 fans in the game against Tau..
- ↑ "Que é o Bilbao Exhibition Centre". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2008. Consultado o 25 de abril de 2010.