CB Gran Canaria
O Club Baloncesto Gran Canaria - Claret, S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio coma Herbalife Gran Canaria é un equipo profesional de baloncesto da cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Illas Canarias, que xoga na Liga ACB.
Herbalife Gran Canaria | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB / Eurocup |
Fundación | 1963 |
Historia | Colegio Claret (1963–1985) Claret Gran Canaria (1985–1988) |
Cores | Amarelo e azul |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Gran Canaria Arena |
Capacidade | 11.500 |
Inauguración | 15 de marzo de 2014 |
cbgrancanaria.net |
HistoriaEditar
O actual CB Gran Canaria naceu no ano 1963 dentro do Colexio Claret, e durante moitos anos xogou co nome de dita entidade. Tralos bos resultados nas competicións escolares, decidiu federar ao equipo, que pasou a integrarse na Segunda División.
Ata o ano 1984, p seu primeiro equipo militaría nesa categoría, e é ese mesmo ano cando se decide a confeccionar uns estatutos propios para ter personalidade xurídica independente. Ditos estatutos son aprobados o 22 de maio de 1985 polo que o equipo pasa a denominarse Claret Club de Baloncesto.
Na tempada 1984-85 acada o ascenso á Liga ACB, baixo a denominación de Claret Bofill e xogando os seus partidos no Pavillón Municipal de Tamaraceite debuta na máxima categoría, que non pode conservar, baixando de novo á Primeira División B. Ascende de novo á Liga ACB na tempada 1987-88, pasando na tempada seguinte a denominarse C.B. Gran Canaria nun intento de reivindicar ao Club como expoñente de onde asenta á súa masa social. No seu regreso á ACB, estrea novo pavillón en Setembro de 1988, o Centro Insular de Deportes (cancha onde aínda disputa os seus partidos oficiais). Tras dúas tempadas na ACB, descendeu nóvamente á Primeira División B para recuperar de novo a súa praza na máxima categoría na tempada 91-92.
Por esixencias do Consejo Superior de Deportes faixe de obrigado cumprimento a transformación do Club en Sociedade Anónima Deportiva, a cal se constitúe o 30 de xuño de 1992 logo dun apoio incondicional por parte das institucións locais (Cabido de Gran Canaria, Concello,...) e o accionariado privado. Logo de varias tempadas na categoría de prata do baloncesto español (Primeira División e Liga EBA), na tempada 1994-95, o actual Gran Canaria lograba o campionato da Liga EBA e o ascenso automático por cuarta vez á Liga ACB. Dende aquela militou na máxima categoría do baloncesto español de xeito ininterrompido.
A tempada 2006-07 supuxo a duodécima participación consecutiva na Liga ACB. Foi a tempada onde obtivo o maior número de vitorias (23) e na que se conseguiu permanecer imbatido en toda a segunda volta da fase regular da ACB, no Centro Insular de Deportes.
O Gran Canaria participou por sexto ano nos play-off (quinto ano consecutivo), na fase final da Copa do Rei (quinta tempada e terceira consecutiva) e un ano máis (o terceiro) na competición europea, a Copa da ULEB.
Na tempada 2007-08 non se conseguen os obxectivos iniciais, quedando fora da fase final da Copa do Rei e dos play-off finais, obtendo un noveno posto que permite ao club participar na Copa da ULEB, na súa actual denominación de Eurocup.
Na tempada 2008-09 o equipo logrou ser líder durante unha xornada logo de vencer ao Unicaja Málaga no Centro Insular de Deportes, finalizando unha grande primeira volta na que se conseguen 10 vitorias, o equipo clasifícase para disputar a Copa do Rei disputada no Pazo dos Deportes de Madrid, onde cae en cuartos de final ante o Unicaja Málaga.
Durante a segunda volta lógranse outras 10 vitorias que clasifican ao equipo para os play-off polo título. O seu rival en cuartos de final foi o seu verdugo na Copa o Unicaja de Málaga. No primeiro partido en Málaga houbo vitoria 90-96, mais o Unicaja remontou gañando no CID e o terceiro e último partido en Málaga, o que supuxo a eliminación.
A tempada 2008-09 será lembrada pola consecución de 12 vitorias consecutivas como local, sendo o mellor rexistro do equipo na ACB, e igualando con 7 vitorias consecutivas a marca acadada na tempada 2005-06. O sexto posto final permítelle xogar unha vez máis en competición europea.
XogadoresEditar
Cadro actualEditar
Herbalife Gran Canaria 2019−2020 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retiradosEditar
Dorsais retirados do CB Gran Canaria | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
20 | Jim Moran | Ala | 2001–2011 |