Copa Princesa de Asturias
A Copa do Princesa de Asturias é unha competición española de clubs de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB). Sucesora da Copa da Asociación, cuxo único campión foi o Saski Baskonia, celebrou a súa primeira edición na tempada 1985-1986, cando a FEB asumiu a perda da organización da Copa do Rei, que pasara a ser responsabilidade da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) un par de anos antes. A FEB, que tamén deixara de organizar a liga, creou a Copa do Príncipe para manterse como responsable dunha competición de elite.
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Federación Española de Baloncesto |
Número de participantes | 2 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1985 – |
Outro | |
Páxina web oficial | leboro.es |
De 1986-1987 a 1990-1991 foi conquistada por equipos cataláns: tres veces polo Joventut de Badalona e unha polo F.C. Barcelona. Diversos problemas provocaron que se deixase de celebrar durante cinco anos. A Copa do Príncipe volveu disputarse a partir da temporaada 1996−1997. Desde entón, celébrase anualmente. Actualmente participan só equipos da Liga LEB Ouro. Os equipos máis laureados da competición, con tres títulos cada un, son o Joventut Badalona, o Club Melilla Baloncesto , o Club Baloncesto Breogán, o Palencia Baloncesto e o CB Estudiantes.
Na edición de 2022, disputada no WiZink Center de Madrid, batiuse o récord de asistencia á unha final da Copa da Princesa con 9 432 asistentes que presenciaron a vitoria do equipo local, o Movistar Estudiantes fronte o Covirán Granada (73-72), superando deste xeito o anterior rexistro de 7 200 persoas rexistrado en Sevilla en 2019.[1]
Historial
editarPalmarés
editar- 1984–85 Baskonia
- 1985–86 Estudiantes
- 1986–87 Joventut
- 1987–88 FC Barcelona
- 1988–89 Joventut
- 1990–91 Joventut
- 1996–97 Cantabria
- 1997–98 Fuenlabrada
- 1998–99 Melilla
- 1999–00 Ourense
- 2001–02 Lucentum
- 2002–03 Tenerife CB
- 2003–04 Zaragoza
- 2004–05 Fuenlabrada
- 2005–06 Murcia
- 2006–07 León
- 2007–08 Breogán
- 2008–09 Lucentum
- 2009–10 Melilla
- 2010–11 Obradoiro
- 2011–12 Canarias
- 2012–13 Atapuerca
- 2013–14 Andorra
- 2014–15 Palencia
- 2015–16 Palencia
- 2016–17 Oviedo
- 2017–18 Breogán
- 2018–19 Real Betis
- 2019–20 Gipuzkoa
- 2020–21 Breogán
- 2021−22 Estudiantes
- 2022–23 Palencia
- 2023−24 Estudiantes
Por equipo
editarEquipo | Títulos | Anos |
---|---|---|
Breogán Lugo | 3 | (2008, 2018, 2021) |
Joventut Badalona | 3 | (1987, 1989, 1991) |
Melilla Baloncesto | 3 | (1999, 2001, 2010) |
Palencia Baloncesto | 3 | (2015, 2016, 2023) |
Estudiantes | 3 | (1986, 2022, 2024) |
Baloncesto Fuenlabrada | 2 | (1998, 2005) |
Lucentum Alicante | 2 | (2002, 2009) |
Baskonia | 1 | (1985) |
FC Barcelona | 1 | (1988) |
Lobos Cantabria | 1 | (1997) |
Ourense Baloncesto | 1 | (2000) |
Tenerife | 1 | (2003) |
Basket Zaragoza | 1 | (2004) |
C.B. Murcia | 1 | (2006) |
C.B. León | 1 | (2007) |
Obradoiro CAB | 1 | (2011) |
Canarias Tenerife | 1 | (2012) |
Atapuerca Burgos | 1 | (2013) |
River Andorra | 1 | (2014) |
Oviedo Club Baloncesto | 1 | (2017) |
Real Betis Baloncesto | 1 | (2019) |
Gipuzkoa Basket | 1 | (2020) |
Notas
editar- ↑ Romero, Pablo (3 de abril de 2012). "El WiZink Center bate el récord de espectadores en una Final de Copa Princesa con 9.432 asistentes" (en castelán). Federación Española de Baloncesto. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2022. Consultado o 7 de xuño de 2022.