CB Canarias
O Club Baloncesto 1939 Canarias, coñecido tamén coma Iberostar Tenerife por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional español con sede en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife. Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español profesional, e xoga os seus encontros coma local no Pabellón Insular Santiago Martín.
Iberostar Tenerife | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 1939 |
Historia | CB Canarias (1939-1994) |
Cores | Amarelo, negro |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Iberostar |
Vestimenta | Austral |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Santiago Martín |
Capacidade | 5.003 |
Inauguración | 1999 |
Campionatos | |
Copa Príncipe | 1 (2012) |
cbcanarias.net |
HistoriaEditar
O "Ciudad de La Laguna" naceu en 1939 pola unión de diversos clubs de Tenerife. Xa no noventa fusiónase de novo con varios equipos da illa para salvar unha gran débeda económica. Tras dous anos dentro da fusión chamada Tenerife Canarias, o cidade da lagoa decide deixar a fusión e seguir pola súa conta. Na tempada 2006-07 ascende á liga LEB. O seu pavillón é o Juan Ríos Tejera, con capacidade para 2.800 espectadores.
Desde a súa fundación no ano 1939, o antigo Club Baloncesto Canarias militou en categorías rexionais e en 2ª división. Na tempada 1975-76 o club participa na recentemente creada 1ªB, ata que na campaña 1980-81 logra o ascenso á Primeira División. Club co-fundador da liga ACB na tempada 1983-84. Durante os anos en que o club participou na Liga ACB, logrou participar na Copa Korać na tempada 1988-89.
No ano 2012, o CB Canarias ascendeu á ACB tras ser campión da Liga LEB Ouro, pero finalmente non conseguiu a praza debido á imposibilidade de obter os requisitos precisados pola ACB.[1] Porén, un mes máis tarde, o 20 de xullo de 2012, o CB 1939 Canarias ocuparía a praza que pouco antes deixara libre o CB Lucentum Alicante, e que fora mercada pola liga.
XogadoresEditar
Cadro actualEditar
Iberostar Tenerife 2019−2020 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Palmarés e galardónsEditar
Trofeos nacionaisEditar
- Liga LEB Ouro: (1)
- Copa Príncipe de Asturias: (1)
- 2012
- Trofeo Gobierno de Canarias: (2)
- 2009, 2011
Galardóns individuaisEditar
Liga ACBEditar
Segundo mellor quinteto da ACB
- Mateusz Ponitka – 2018
- Javier Beirán – 2019
Liga LEBEditar
- Jakim Donaldson – 2009, 2010
- Ricardo Guillén – 2011
- Ricardo Guillén – 2011
NotasEditar
- ↑ Comunicado del CB 1939 Canarias Web oficial do CB 1939 Canarias. 12 de xuño de 2012