Abrir o menú principal

Gijón Baloncesto

O Gijón Baloncesto S.A.D. foi unha sociedade anónima deportiva de baloncesto cidade de Xixón, Asturias (España).

Gijón Baloncesto
Farho Gijón.JPG
Información xeral
Fundación 1982
Desaparición 2009
Cores           Vermello, branco
Localización
Cidade España Xixón, España
Pavillón Palacio de Deportes
Capacidade 5.197

HistoriaEditar

En 1982 un grupo de afeccionados ao baloncesto conseguiron crear o primeiro club profesional de baloncesto de Xixón. O club comezou a competir na Segunda División da Liga Española ao adquirir os dereitos federativos do Real Grupo de Cultura Covadonga, xogando no Pavillón da Area. Esa primeira tempada ascendeu á Primeira División B ante o Melilla. Na Primeira División B participou ata 1990, ano no que ascendeu á Primeira División. Permaneceu 4 tempadas na máxima categoría, ata que en 1994, la Federación Española de Baloncesto creou a Liga EBA, na que se integrou el equipo. Ao final desa tempada (1994-95), ascendeu á Liga ACB. Mais un ano máis tarde, o equipo descendeu á Liga LEB, recentemente creada.

Na tempada 1998-99, o equipo ascendeu nóvamente á Liga ACB, aquel conxunto estaba adestrado polo técnico galego e ex-seleccionador español Moncho López, posteriormente o equipo descendería na tempada 2001-02. No ano 2000 o equipo transformouse en Sociedade Anónima Deportiva. Dende a tempada 2002-03 ata a 2006-07 competiu na Liga LEB Oro, contando nas súas filas con xogadores como Saúl Blanco, Mark Bigelow ou Antxon Iturbe, porén, o equipo volvería descender no 2007, pasando a xogar na Liga LEB Plata. Logo da fuga de patrocinadores e os malos resultados que foron deixando sen aire ao equipo (o que propiciou a desaparición das súas categorías inferiores), no 2009 o club cesou a súa actividade na tempada ao non inscribirse en ningunha competición por non conseguir cartos para inscribirse na Liga LEB Plata.

Xogadores destacadosEditar

Véxase taménEditar