Copa Princesa de Asturias
A Copa do Princesa de Asturias é unha competición española de clubs de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB). Sucesora da Copa da Asociación, cuxo único campión foi o Saski Baskonia, celebrou a súa primeira edición na tempada 1985-1986, cando a FEB asumiu a perda da organización da Copa do Rei, que pasara a ser responsabilidade da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) un par de anos antes. A FEB, que tamén deixara de organizar a liga, creou a Copa do Príncipe para manterse como responsable dunha competición de elite.
Copa Princesa | |
---|---|
Fundación | 1985 |
País | ![]() |
Confederación | FIBA Europa |
Equipos | 2 |
Actual campión | Estudiantes (2º título) |
Máis laureado | Breogán Lugo Melilla Joventut Badalona (3 títulos) |
Organizador | FEB |
Sitio web | feb.es |
De 1986-1987 a 1990-1991 foi conquistada por equipos cataláns: tres veces polo Joventut de Badalona e unha polo F.C. Barcelona. Diversos problemas provocaron que se deixase de celebrar durante cinco anos. A Copa do Príncipe volveu disputarse a partir da temporaada 1996−1997. Desde entón, celébrase anualmente. Actualmente participan só equipos da Liga LEB Ouro. Os equipos máis laureados da competición, con tres títulos cada un, son o Joventut Badalona, o Club Melilla Baloncesto e Club Baloncesto Breogán.
Na edición de 2022, disputada no WiZink Center de Madrid, batiuse o récord de asistencia á unha final da Copa da Princesa con 9 432 asistentes que presenciaron a vitoria do equipo local, o Movistar Estudiantes fronte o Covirán Granada (73-72), superando deste xeito o anterior rexistro de 7 200 persoas rexistrado en Sevilla en 2019.[1]
HistorialEditar
PalmarésEditar
Equipo | Títulos | Anos |
---|---|---|
Breogán Lugo | 3 | (2008, 2018, 2021) |
Joventut Badalona | 3 | (1987, 1989, 1991) |
Melilla Baloncesto | 3 | (1999, 2001, 2010) |
Palencia Baloncesto | 2 | (2015 e 2016) |
Baloncesto Fuenlabrada | 2 | (1998 e 2005) |
Lucentum Alicante | 2 | (2002 e 2009) |
Estudiantes | 2 | (1985-86 e 2022) |
Baskonia | 1 | (1984-85) |
FC Barcelona | 1 | (1987-88) |
Lobos Cantabria | 1 | (1997) |
Ourense Baloncesto | 1 | (2000) |
Tenerife | 1 | (2003) |
Basket Zaragoza | 1 | (2004) |
C.B. Murcia | 1 | (2006) |
C.B. León | 1 | (2007) |
Obradoiro CAB | 1 | (2011) |
Canarias Tenerife | 1 | (2012) |
Atapuerca Burgos | 1 | (2013) |
River Andorra | 1 | (2014) |
Oviedo Club Baloncesto | 1 | (2017) |
Real Betis Baloncesto | 1 | (2019) |
Gipuzkoa Basket | 1 | (2020) |
NotasEditar
- ↑ Romero, Pablo (3 de abril de 2012). "El WiZink Center bate el récord de espectadores en una Final de Copa Princesa con 9.432 asistentes" (en castelán). Federación Española de Baloncesto. Consultado o 7 de xuño de 2022.