Moncho Fernández
Moncho Fernández Vidal, nado en Santiago de Compostela o 19 de outubro de 1969, é un adestrador de baloncesto galego.[1]
Moncho Fernández | |
---|---|
Nome completo | Ramón Fernández Vidal |
Nacemento | 19 de outubro de 1969 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | adestrador de baloncesto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou como axudante de Moncho López no Gijón Baloncesto entre 2000 e 2002, pasando a adestrar el mesmo o equipo entre 2002 e 2005. Nese ano volveu xunto ao adestrador ferrolán ao Club Baloncesto Breogán. Logo dunha tempada en Lugo, entre 2006 e 2009 dirixiu o Club Baloncesto Villa Los Barrios.
Comezou a tempada 2009-10 no CB Murcia, sendo destituído o 9 de decembro. Na tempada 2010-11 dirixe o Obradoiro Blu:Sens Monbús na LEB Ouro.
NotasEditar
- ↑ Nacho Duque (5 de marzo de 2023). "Moncho Fernández: "Me habría gustado seguir compartiendo el récord con Laso"". Marca (en castelán).