Copa Galicia (baloncesto)

competición galega de baloncesto

A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.

Modelo:Competición deportivaCopa Galicia
Imaxe
Beirasar Rosalía na semifinal da edición de 2009
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Galega de Baloncesto Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1986 – Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialfegaba.com… Editar o valor em Wikidata

En 1987 disputouse a primeira edición en categoría feminina, que gañou o Círculo Mercantil, aínda que a competición feminina non se estabilizou ata mediados da década de 1990. O equipo feminino máis laureado da Copa Galicia é o Celta de Vigo con 12 títulos

Historia

editar

O primeiro vencedor foi o Club Baloncesto Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da competición ao quedar campión en trece ocasións. Dende aquel ano, o torneo sénior masculino celebrouse ano tras ano, agás no ano 2020 no que non se celebrou a final por mor da pandemia de COVID-19. En 1989 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa.

Co correr do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías, ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe. Ao se celebraren as eliminatorias en distintas vilas e cidades a Copa é, ademais, un dos grandes puntos de unión entre clubs, xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.

Finais

editar

Os seguintes equipos vencedores da Copa Galicia Sénior ao longo dos seus máis de vinte anos de historia (categoría masculina e feminina):

Ano Sede Campión Subcampión Resultado Campión feminino
1986 O Barco CB Breogán Obradoiro CAB 70–67
1987 Pontevedra CB Breogán OAR Ferrol 101–87
1988 A Estrada OAR Ferrol CB Breogán 87–77 C.B. Cluny
1989 Ourense OAR Ferrol Ourense 106–101 Pabellón Ourense
1990 Carballo OAR Ferrol Ourense 99–88 C.B. Cluny
1991 O Barco OAR Ferrol Basketmar Coruña 86–85
1992 O Carballiño Ourense OAR Ferrol 82–80
1993 Vilagarcía OAR Ferrol Ourense 86–82
1994 Vigo Ourense CB Breogán 79–69
1995 Ourense Ourense CB Breogán 93–77
1996 A Coruña Básquet Coruña Ourense 73–67 R.C. Celta
1997 Chantada Ourense Basket Base Club 97–77 R.C. Celta
1998 Rianxo CB Breogán Ourense 86–78 R.C. Celta
1999 Cambados Ourense CB Breogán 83–75 R.C. Celta
2000 Chantada CB Breogán Ourense 105–94
2001 Chantada Ourense CB Breogán 88–64 R.C. Celta
2002 Foz CB Breogán Ourense 83–76 R.C. Celta
2003 Lugo CB Breogán Ourense 92–73 R.C. Celta
2004 Compostela CB Breogán Basket Base Club 74–57 A.D. Cortegada
2005 Pontevedra CB Breogán CBC Pontevedra 107–78 R.C. Celta
2006 A Coruña Ourense CB Breogán 76–61 Porta XI Ensino
2007 Vigo CB Breogán Rosalía de Castro 89–57 R.C. Celta
2008 Ponteareas CB Breogán Rosalía de Castro 82–64 R.C. Celta
2009 O Porriño CB Breogán Obradoiro CAB 63–57 R.C. Celta
2010 Lalín Obradoiro CAB Ourense 72–61 A.D. Cortegada
2011 Noia Obradoiro CAB Ourense 72–70 R.C. Celta
2012 Ourense Obradoiro CAB Ourense 86–67 A.D. Cortegada
2013 Compostela Obradoiro CAB CB Breogán 67–60 Narón
2014 Lugo Obradoiro CAB CB Breogán 74–59 Narón
2015 Ourense Obradoiro CAB Básquet Coruña 79–69 Uni Ferrol
2016 Noia Obradoiro CAB Básquet Coruña 85–77 Uni Ferrol
2017 Marín Obradoiro CAB CB Breogán 75–71 Uni Ferrol
2018 Marín CB Breogán Obradoiro CAB 75–74 Porta XI Ensino
2019 Marín Obradoiro CAB Ourense 89–65 Porta XI Ensino
2021 Ferrol CB Breogán Obradoiro CAB 82–76 Uni Ferrol
2022 Ourense CB Breogán Obradoiro CAB 82–79 Uni Ferrol
2023 Lugo Obradoiro CAB CB Breogán 69–68 Porta XI Ensino

Palmarés masculino

editar

Por equipo

editar
Equipo Cidade Campión Subcampión Anos campión
  Breogán   Lugo 14 9 1986, 1987, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2018, 2021, 2022
  Obradoiro   Compostela 10 5 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019, 2023
  COB   Ourense 7 12 1992, 1994, 1995, 1997, 1999, 2001, 2006
  OAR Ferrol   Ferrol 5 2 1988, 1989, 1990, 1991, 1993
  Básquet Coruña      A Coruña 1 1 1996
  Basket Base   Vilagarcía 0 2
  Rosalía   Compostela 0 2
  Basketmar      A Coruña 0 1
  CBC Pontevedra   Pontevedra 0 1

Palmarés feminino

editar

Por equipo

editar
Equipo Cidade Campión Anos campión
  Real Club Celta   Vigo 12 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011
  Uni Ferrol   Ferrol 5 2015, 2016, 2017, 2021, 2022
  Ensino   Lugo 4 2006, 2018, 2019, 2023
  Cortegada   Vilagarcía 3 2004, 2010, 2012
  Cluny   Compostela 2 1988, 1990
  Narón   Narón 2 2013, 2014
  Pabellón Círculo Mercantil   Ourense 1 1989
Círculo Mercantil 1 1989

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar