Abrir o menú principal

Porta XI Ensino CB

(Redirixido desde "Porta XI Ensino")

O Porta XI Ensino, coñecido por motivos de patrocinio como Durán Maquinaria Ensino, é un equipo de baloncesto profesional feminino da cidade de Lugo (Galiza). Fundado en 1980, actualmente compite na Liga Femenina de Baloncesto (Liga Dia), máxima categoría do baloncesto feminino español. O Ensino chegou pro vez primeira á Primeira División no ano 1995, chegando en catro ocasións ás semifinais polo título de liga e sendo dúas veces subcampionas da Copa da Raíña. Tamén conseguiron dous títulos da Copa Galicia. O Ensino xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes, recinto con capacidade para 6.000 espectadores.

Durán Maquinaria Ensino
Información xeral
Nome Porta XI Ensino Club Baloncesto
Liga Liga Dia
Fundación 1980
Historia Club Deportivo Ensino (1980−2005)
Cores           Vermello e branco
Presidente Manuel Durán
Adestrador Juan Nécega
Patrocinador Durán Maquinaria
Vestimenta Wibo
Localización
Cidade Galicia Lugo, Galiza
Pavillón Pazo dos Deportes
Capacidade 6.000
Inauguración 12 de setembro de 1992
Campionatos
LF 2 1 (2018)
Copa Galicia 3 (2006, 2018, 2019)
ensinolugo.com

HistoriaEditar

O Club Deportivo Ensino naceu no seo da Asociación de Pais do Colexio da Compañía de María de Lugo en 1980. Con anterioridade, os seus equipos recibían o nome do Colexio, mais a partir desta data o club pasa a denominarse Club Deportivo Ensino. Na súa primeira temporada após a súa fundación, o equipo competiu na Segunda División Nacional cun equipo formado case na súa totalidade por xogadoras formadas na canteira do club. Alén diso, contaba con equipos en todas as categoría de formación. O club lucense pemaneceu na categoría até a temporada 1986−87, na que, grazas ao segundo posto logrado na clasificación, conseguiu o ascenso á Primeira División "B".[1] Nesta cateogría permanecen durante tres tempordas, desde a 1987−88 até a 1989−90, ano no que descenden de categoría.

A temporada 1990−91 comeza co club de volta na Segunda División, mais esta vez conseguen regresar á Primeira "B" en tan só un ano. Tras catro temporadas nesta división, o club consegue na temporada 1994−95 por primeira vez o ascenso á máxima categoría do baloncesto español, a Liga Feminina, após a súa vitoria na fase de ascenso celebrada na Seu d'Urgell. Presidía o club Pilar Linares, sendo o seu adestrador Manel Sánchez. Foi precisamente baixo a presidencia de Pilar Linares Santamarina cando o club comeza a aspirar a outras metas, tentando facer un equipo competitivo que sexa quen de lograr algún título da máxima categoría.[1]

Os resultados non tardaron en chegar da man de Juan Corral como adestrador. Na temporada 1998−99, o Ensino Universidade consegue finalizar a liga regular en primeiro posto, mais finalmente perden nas semifinais polo título ante o Halcón Viajes de Salamanca. O equipo chega ás semifinais de novo nas seguintes dúas temporadas da man de xogadoras como Catarina Pollini, Concepción Delgado, Silvia Crawley, Belén García, Begoña García Piñero, Ingrida Jonkute, Isabel Sánchez, Raquel Álvarez, Regina Gómez, Arantxa Novo ou Maiga Hamchetou. Alén dos bos resultados en liga, o equipo consegue ser dúas veces finalista da Copa da Raíña (1998 e 2002).

Tras dez temporadas consecutivas na máxima categoría, no ano 2005 e coincidindo co vinte e cinco aniversario da súa fundación, o club pasa por unha profunda renovación que levou consigo a mudanza do nome do club, que pasou a chamarse Porta XI Ensino (en referencia ás portas da Muralla de Lugo). Con todo, na seguinte temporada, o equipo na seuinte temporada o equipo finaliza no décimo cuarto lugar da Liga, descendendo tras once anos á Liga Femenina 2. Despois de once temporadas e cinco tentativas de ascenso nos play-offs, o equipo consegue regresar á elite na temporada 2017−18. Nesta campaña, o equipo ocupaba na xornada 11 o noveno posto do Grupo A cun balance de 5 vitorias por 6 derrotas. Con todo, a chegada o club de Claudia Calvelo, Margaret Roundtree, Arantxa Novo e Brittany Miller, levan ao Ensino a gañar 15 partidos de forma consecutiva en Liga Regular, que lle outorgaban o segundo posto. Na fase de ascenso en Valencia, o Ensino gaña os seus catro partidos (para un total de 19 vitorias consecutivas), conseguindo así o seu regreso á Liga Dia.[2]

XogadorasEditar

Elenco actualEditar

Durán Maquinaria Ensino 2018−2019 (Liga Dia)
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Idade Procedencia
B 1   Breedlove, Starr 70001680000000000001.68 m (5 ft 6 in) 25 (06-07-1993) Spar Gran Canaria (2018)
E 7   Gómez, Regina 70001730000000000001.73 m (5 ft 8 in) 36 (18-10-1982) Instituto de Fertilidad Air Europa (2017)
B 8   Novo, Arantxa 70001700000000000001.70 m (5 ft 7 in) 36 (20-06-1993) IDK Gipuzkoa (2018)
AP 9   Varela, Rocío 70001860000000000001.86 m (6 ft 1 in) 25 (06-07-1993) Canteira (2015)
AP 10   Traoré, Astou 70001850000000000001.85 m (6 ft 1 in) 37 (06-07-1993) Spar CityLift Girona (2018)
P 11   Calvelo, Claudia 70001920000000000001.92 m (6 ft 4 in) 26 (27-03-1992) Ascensores Tresa (2018)
A 12   Aliaga, Laura 70001860000000000001.86 m (6 ft 1 in) 24 (04-11-1994) Embutidos Pajariel Bembibre PDM (2018)
P 15   Miller, Britany 70001930000000000001.93 m (6 ft 4 in) 31 (10-08-1987) CSM Satu Mare (2018)
AP 20   Canzobre, Marina 70001860000000000001.86 m (6 ft 1 in) 17 (14-02-2001) Canteira (2017)
AP 21   Nyingifa, Atonye 70001800000000000001.80 m (5 ft 11 in) 28 (08-12-1990) Hapoel Rishon LeZion (2018)
E 29   Salvadores, Ángela 70001780000000000001.78 m (5 ft 10 in) 21 (10-03-1997) Sopron Basket (2018)
AP 44   O'Dwyer, Fiona 70001820000000000001.82 m (6 ft 0 in) 27 (27-06-1991) Nuova Fiamma Stabia (2017)
Adestrador
  •   Juan Nécega
Asistente(s)
  •   Catarina Pollini

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 02−012019

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Historia". Ensino Lugo. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  2. "Durán Maquinaria Ensino, un clásico que regresa a la elite". FEB.es (en castelán). 2 de maio de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar