Vinte (revista)
Vinte, tamén Vinte na Praza, é unha revista dixital galega lanzada o 11 de decembro de 2018. Está dirixida a un consumo totalmente dixital, cunha gran presenza de contidos multimedia[1].
Vinte | |
---|---|
Tipo | Revista dixital |
Fundación | 2018 |
Empresa editora | Fundación Praza Pública |
Director | María Yáñez |
Lingua | Galego |
Ámbito | Galicia |
Contido | Entrevistas, Reportaxes, Crítica, Axenda cultural |
Na rede | |
https://vinte.praza.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarNos seus artigos trátanse diversos temas de sociedade, cultura e tendencias[2] e algunhas das súas seccións son Fai o que eu che diga, un consultorio en vídeo de Lucía Aldao, Iria Pinheiro e María Lado ou Vinte en..., reportaxes sobre a vida de personaxes concretas da cultura galega. Edítase dentro da plataforma do xornal Praza Pública, replicando o seu modelo de financiamento mediante achegas regulares de socios e publicidade.
Notas
editar- ↑ María Yáñez (10/12/2018). "Carta da redacción: Cara á Galicia dos anos 20". Consultado o 16/12/2018.
- ↑ "Praza inicia a súa nova etapa co redeseño do xornal e a benvida a VINTE". Consultado o 16/12/2018.