María Yáñez
- Para información sobre a cantante española, véxase La Bella Dorita.
María Yáñez Anllo, nada en Lugo o 1 de setembro de 1978, é unha xornalista, editora e guionista galega.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1978 (46 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Páxina web | mariayanez.eu |
Traxectoria
editarLogo de estudar Xornalismo na Universidade de Santiago, entre 2001 e 2003 converteuse en directora da revista electrónica Bravú.net, un e-magazine de cultura alternativa. Ao rematar ese proxecto traballou durante algúns anos como guionista así como desenvolvendo proxectos para Continental Producciones, mentres abría e mantiña o blog Todo Nada, unha das referencias importantes do fenómeno blog en Galicia.
En 2005 converteuse en directora de Vieiros, asemade que abandona o blog. Posteriormente, en 2006, deixou a dirección dese xornal electrónico e dedícase a labores de xornalista freelance (El País, 20 minutos), e como guionista para a televisión. É a propietaria da editorial dixital Ediciós da Rotonda.
Dirixiu na TVG o programa O país dos ananos e traballou para a compañía galega A Navalla Suíza[1]. Foi unha das socias fundadoras da iniciativa a prol do galego GalegoLab. En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.
É a creadora e directora da revista dixital Vinte.
Notas
editar- ↑ "Ficha de Yáñez na páxina da compañía". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web de María Yáñez
- "A Internet" en Somos ben curiosos (TVG) presentado por Marta Doviro.