Abrir o menú principal

A reportaxe é un relato xornalístico de historias vividas por persoas ás que se relaciona co seu contexto. Baséase nun testemuño o máis directo posible que explica con palabras, imaxes e/ou sons, e desde unha perspectiva actual, acontecementos de interese público.

CaracterísticasEditar

Na reportaxe audiovisual ou fotográfica as accións deben ser espontáneas, mentres que no documental as situacións aínda sendo verosímiles poden ser preparadas. Na reportaxe radiofónica a desexable presenza física do xornalista no lugar dos feitos pode ser compensada pola súa interrelación cos protagonistas a través do teléfono.

En canto á súa estrutura, a reportaxe é capaz de integrar calquera posibilidade narrativa (pódese intercalar o lead dunha noticia cunha entrevista ou declaracións acoutadas) no que non caben valoracións persoais. A entrevista e a enquisa utilízanse como elementos auxiliares no que a explicación de feitos se refire.

Aquí descríbese a personalidade, tanto obxectiva como subxectivamente, é dicir, coa maior cantidade de detalles e circunstancias que enmarcan a súa existencia.

Unha reportaxe de descrición deixará ó lector coa sensación de coñecer a fondo á persoa entrevistada: as súas virtudes, defectos, habilidades, sentimentos, preferencias persoais, o seu pasado, os seus valores actuais e a súa visión e ambición cara ó futuro.

TiposEditar

  • Científico: Este tipo de reportaxe destaca os avances e descubrimentos científicos máis recentes. O maior reto para o xornalista é interpretar os termos científicos facéndoos entendibles para receptores de todo nivel cultural. As reportaxes médicas, ecolóxicas, astronómicas, bioéticas etc.
  • Explicativo: Préstase a profundar en feitos de transcendencia entre a opinión pública, ten un fondo predominantemente noticioso, pero detalla as causas e efectos da noticia ou serie de eventos noticiosos.
  • Investigativo: A reportaxe investigativa require un labor case detectivesco do xornalista para captar detalles completamente descoñecidos sobre un feito en particular. Require moita confianza das fontes no reporteiro, as que achegarán probas e documentos en moitos casos confidenciais, coa total certeza que o xornalista non revelará os seus nomes. Este tipo de reportaxe habitualmente contén cifras actualizadas e datos estatísticos en relación co tema. Pola seriedade e extensión da reportaxe (normalmente unha serie deles), ás veces require a participación de dous ou tres xornalistas que deben profundar e verificar a información, así como evitar filtracións ou fugas informativas antes da publicación da investigación xornalística.
  • Libre: a reportaxe libre preséntanos unha estrutura a elección, e menos extenso que os outros. Utilízase maiormente nos nenos que fan tarefas.

A clasificación da reportaxe pódese levar a cabo con base en criterios de contido ou puramente formais. Tamén se pode clasificar a reportaxe pola estrutura que adopta (docudrama, documental, series, informativos especiais...)

Non hai que confundir a gran reportaxe co documental, cuxa principal característica é a súa atemporalidade, xa que en xeral o seu obxecto está desligado da actualidade inmediata. Con todo, ambos admiten unha certa seriación, a pesar de que a reportaxe ten que estar ancorada na actualidade.

Tampouco hai que confundir a gran reportaxe (que se basea no relato de feitos presenciados polo xornalista) co informe, xénero que se utiliza moitas veces para anunciar acontecementos de gran interese (por exemplo, a visita dun dignatario estranxeiro), como consecuencia de informacións de relevo que os responsables da cadea consideran que deben ser coñecidas pola sociedade con certa profundidade (un descubrimento científico) e tamén como ponte entre dous momentos de actualidade (un conflito bélico onde se resume o máis importante que ocorreu, porque se prevé unha acción de importancia próxima).