Coralia

revista galega de tendencias

Coralia é unha revista de tendencias de moda, entrevistas a personaxes da actualidade social galega e reportaxes editada en Santiago de Compostela. Naceu no ano 2016[1] e publícase trimestralmente, cun número por cada estación do ano, en galego e inglés[2]. A súa distribución comezou por establecementos do comercio local compostelán, chegando en 2018 a quioscos e librarías das catro provincias galegas. Toma o seu nome dunha das irmás das chamadas "As Marías", pertencentes ao imaxinario urbano da capital.

Coralia

Presentación da revista en Ourense
Formato de páxina40 x 210 x 297 mm
Fundación2016
Empresa editoraMiranda Priestly S.L.
DirectorÁlex Regueiro e Alfredo Iglesias
Linguagalego, inglés
ÁmbitoGalicia Galicia
PeriodicidadeTrimestral
Prezo3,60 - 5€
ContidoModa, Entrevistas
editar datos en Wikidata ]

Foi fundada por Álex Regueiro e Alfredo Iglesias. Logo do falecemento deste, continuou Regueiro como o seu director. Miranda Priestly S.L., a empresa que a edita, recibiu en 2016 o Premio Manuel Beiras pola súa incorporación ao galego.[3]

Desde setembro de 2018 conta cunha versión dixital cos contidos da edición física.

Na primavera de 2022 presentaron os premios Alfredo Diéguez, que recoñecen distintas persoas da escena cultural galega, en cadansúa categoría.

Notas editar

  1. CRTVG (ed.). "Nace en Santiago a revista "Coralia"". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. "Coralia, a nova revista de tendencias". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  3. "Nanube, Miranda Priestly e a editorial Alvarellos, Premios Manuel Beiras". Consultado o 22 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar