Entrevista xornalística
Unha entrevista é un feito que consiste nun diálogo entablado entre dous ou máis persoas: o entrevistador ou entrevistadores que interrogan e o ou os que contestan. Trátase dunha técnica ou instrumento empregado en diversas actividades profesionais (por exemplo en investigación, medicina, selección de persoal). Unha entrevista non é casual senón que é un diálogo interesado, cun acordo previo e uns intereses e expectativas por ambas partes.
A entrevista xornalística distínguese fundamentalmente por tres factores:
- Un evidente interese cara á persoa entrevistada
- Pericia no manexo da técnica de pregunta e resposta
- Vontade manifesta de difundir o resultado nun medio de comunicación
Pero ademais dunha técnica, utilizada polos profesionais para conseguir información, a entrevista é sobre todo un xénero xornalístico. É unha das técnicas máis utilizadas.
A palabra entrevista provén do francés entrevoir que significa o que se entrevé ou o que se vislumbra.
Orixe do xéneroEditar
Malia a orixe francesa do termo entrevista, as primeiras entrevistas publicadas e recoñecidas como tal son norteamericanas. Ata hai pouco mesmo se utilizaba indistintamente en castelán a palabra inglesa interview (ou interviú) e entrevista. Os historiadores non se poñen de acordo se a primeira entrevista foi de James Gordon Bennet (director do New York Herald) en 1836 ou Horace Greely no Tribune de Nova York en 1859. Esta última posúe unha maior proximidade ó concepto actual de entrevista, tanto en planteamento de obxectivos coma na resolución formal.
No primeiro texto, o de 1836, é a narración do asasinato de Ellen Jewt e o xornalista recolle o testemuño de Rosita, a ama de chaves, en forma de citas textuais, extractos da conversa e declaracións. A novidade é que se rexistran os diálogos no texto.
O segundo texto é unha entrevista de personaxe. Interesa a persoa e é a persoa, en si mesma, o motivo da entrevista. O xornalista acode a Salt Lake City (Estados Unidos) a reunirse co fundador dos mormones, Briham Young.
Tipos de entrevistaEditar
A entrevista ten un número de variantes case indeterminadas, a continuación cítanse varios tipos de entrevista que aparecen nos medios de comunicación:
- Informativa ou de actualidade
É a vinculada cos feitos do día
- De divulgación
Sobre temas especializados en avances ou descubrimentos científicos, médicos, tecnolóxicos etc.
- Testemuñales
As que aportan datos, descricións e opinións sobre un acontecemento presenciado
- Declaracións
Datos, xuízos ou opinións recollidos textualmente
- Enquisas
Preguntas destinadas a obter información sobre a opinión dun sector da poboación sobre un tema
- Perfil ou semblanza
É próximo á biografía, está baseado na combinación de fontes documentais e testemuñais con datos obtidos da persoa entrevistada.
- Cuestionario fixo
Nalgúns medios úsase periodicamente con distintas persoas. Abrangue rexistros diferentes, desde o humor ata a seriedade.
- De investigación ou indagación
Non aparece publicado con forma de entrevista. Utilízanse para obter ou contrastar información.
- Interpretativa
Tamén coñecida como creativa, de personaxe etc. Interesa o personaxe dunha maneira global. Interesa o valor estético do texto e o interese humano.
Outras clasificaciónsEditar
Outra das múltiples clasificacións existentes é a seguinte:
- Polo seu obxectivo:
Entrevista de opinión, entrevista de noticia ou entrevista de personalidade.
- Pola canle polal que se obtén:
Persoal, telefónica ou por cuestionario (remitidas a través de correo postal, fax etc.).
- Polo número de entrevistados:
Individual ou colectiva.
- Pola súa modalidade:
Entrevista estruturada ou formal (preguntas previamente establecidas) ou entrevista non estruturada (desenvolvemento sen preguntas).
O entrevistadoEditar
Un dos requisitos para que haxa unha entrevista é que o suxeito entrevistado o permita. Isto ocorre normalmente porque ten algún interese en ser entrevistado. As catro razóns principais que pode ter son as seguintes:
- Polo seu propio ego: polo desexo de aparecer nos medios ou que se coñeza a súa opinión.
- Por publicidade: sobre todo os políticos e os famosos, que dependen da publicidade para influír na opinión pública ou para continuar na brecha. Consideran as entrevistas como publicidade gratuíta.
- Por cartos: aínda que segundo moitos códigos deontolóxicos os xornalistas non deberían pagar ós medios é unha práctica frecuente en medios sensacionalistas ou amarillistas. Algúns famosos chegan a ter grandes ingresos por isto.
- Para axudar ó xornalista: algúns suxeitos déixanse entrevistar simplemente para axudar ó xornalista no desenvolvemento do seu traballo.
O Off the RecordEditar
O off the record é a entrevista periodística na que os datos encontrados danse de forma extraoficial, polo que o nome da persoa que subministra a información mantense en segredo, non se revela (en caso de que o solicite).