Alfredo Iglesias Otero

fotógrafo e escritor galego

Alfredo Elías Iglesias Otero, coñecido ás veces como Fred Iglesias, nado en Ourense en 1969 e finado en Calo (Teo), o 16 de xaneiro de 2021, foi un fotógrafo e escritor galego.

Infotaula de personaAlfredo Iglesias Otero
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Datos persoais
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Deseñador e artista, graduouse en Artes na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago[1], e especializouse en fotografía. Posteriormente fixo un máster en Deseño e Comunicación Multimedia no Instituto Tracor (Madrid). Traballou como locutor radiofónico, guionista televisivo[2] (Miss Galicia, Buscando unha estrela), ilustrador e creativo publicitario.

En 2007 publicou a súa primeira novela, que promocionou contratando un actor para que posase case espido no escaparate dunha librería lendo a novela.[3][4]

Durante un tempo (2009-...) foi codirector de arte na empresa de deseño de moda Alalá,[5][6] a canda o seu home, o xastre Álex Regueiro.[7][8] Posteriormente fundaron e dirixiron a revista de cultura e tendencias compostelá Coralia.

Premios editar

Os premios que outorga a revista Coralia desde o ano 2022 levan o seu nome.[9]

Obra editar

Notas editar

  1. "Alfredo Iglesia Otero (sic)". www.editorialegales.com. Consultado o 2022-08-30. 
  2. Veiga, Estíbaliz (2021-04-08). "A súa última foto fíxoa na Mariña". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-08-30. 
  3. Villar, C. (16 de maio de 2008). "Desnudo por amor a las letras". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  4. Axencias (15 de maio de 2008). "Promocionan un libro con un hombre casi desnudo en un escaparate compostelano". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  5. "ALALÁ" (en castelán). 2013-05-23. Consultado o 2022-08-30. 
  6. Redacción (23 de abril de 2013). "Carla Royo- Villanova visitará Santiago para apoyar a la firma ALALÁ". radioobradoiro.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  7. Duerto, Carmen (18 de outurbro de 2012). "Alalá desfila en el CGAC". elmundo.es (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  8. Carla10 (12 de outubro de 2012). "Alex Regueiro Y Alfredo Iglesias, dos joyas engarzadas". es.paperblog.com (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  9. "Álex Regueiro: "Os premios Alfredo Iglesias nacen con vontade de concordia"". G24. Consultado o 2022-08-30. 
  10. Redacción (10 de outubro de 2021). "Os Premios Rodolfo Prada distinguen ao FITO". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  11. "Los cuerpos incompletos". editorialegales.com (en castelán). 2007. Consultado o 30 de agosto de 2022.