Teo
Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2022) conta con 18.918 habitantes.(17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».
Teo | |
---|---|
![]() | |
![]() Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | teense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Santiago |
Poboación | 18.918 hab. (2022)[2][3] |
Área | 79,3 km²[3] |
Densidade | 238,56 hab./km² |
Entidades de poboación | 13 parroquias[4] |
Capital do concello | A Ramallosa |
Política (2023 [5]) | |
Alcaldesa | Lucía Calvo de la Uz (PP[6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais en Teo | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 49,80% |
Na rede | |
https://www.teo.gal/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Situación editar
O concello de Teo, de 80 km² de superficie, forma parte da comarca de Santiago. Limita ao norte con Ames e Santiago de Compostela, ao sur con Padrón e A Estrada, ao leste con Vedra e ao oeste con Brión e Rois. Abrangue 13 parroquias.
A superficie transcorre desde unha chaira na zona norte, con cumios como Pena Agrela (410 m), Alto de Montouto (339 m) e monte da Pulga (373 m), cara o val do río Ulla, a menos de 100 m sobre o nivel do mar.
Orografía editar
As terras de Teo están constituídas por materiais duros como xistos, lousas e granitos, e rochas sedimentarias nas áreas de menor altura, como os vales do Ulla e Santa Lucía. As superficies de erosión do norte o do oeste do municipio correspóndense con antigos macizos erosionados no secundario, que na actualidade forman unha sucesión de ondulacións con resaltes graníticos nas alturas comprendidas entre os 300 e os 400 m.
Clima editar
A climatoloxía desta zona pertence ao dominio oceánico hiperhúmido, con temperaturas suaves matizadas pola presenza do val do Ulla no sur e pola altitude das áreas setentrionais. A temperatura media anual está entre os 13 e os 14 °C, descendendo até os 7 e os 9 °C nos meses de inverno. As precipitacións son elevadas (entre 1.700 e 1.800 mm anuais), especialmente no norte, debido á exposición directa á entrada de masas húmidas.
Demografía editar
Censo total | 18.254 (2014) |
Menores de 15 anos | 2.815 (15.42%) |
Entre 15 e 64 anos | 12.418 (68.02%) |
Maiores de 65 anos | 3.021 (16.55%) |

Evolución da poboación de Teo Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
7.036 | 7.998 | 9.242 | 11.071 | 16.428 | 17.807 | 18.266 | 18.454 | 17.942 | 18.254 | 18.505 | 18.510 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{2022}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia editar
Dise que no castro Lupario ou de Francos estaba situado o castelo da Raíña Lupa, lugar ó que acoden os discípulos de Santiago, solicitando permiso para darlle sepultura.
No ano 967, unha grande expedición normanda comandada por Gunrod, formada por máis de cen navíos e con guías do país, ataca a ria de Arousa. Sisnando, o bispo que fortificará Compostela, failles fronte en Rarís. Sisnando morre na batalla.
No Antigo Réxime as parroquias de Calo, Cacheiras, Luou, Oza, Rarís, Recesende e Reis, formaban parte da xurisdición do Xiro da Rocha; as parroquias de Bamonde, Lucí, Vilariño e Teo pertencían á xurisdición de Vea; e a parroquia de Lampai pertencía á xurisdición de Quinta. As tres xurisdicións estaban integradas no señorío do Arcebispado de Santiago de Compostela.[8]
A comezos do século XIX, no trienio liberal, a maior parte do territorio ocupado na actualidade por Teo era coñecido co nome de Oza, pertencente ó partido xudicial de Sar. Coa división provincial de 1822 o concello de Oza seguía a formar parte do partido xudicial de Sar, á súa vez dependente da deputación da Coruña. Trala reforma xudicial de 1834 o municipio, xa co nome de Teo, quedou asignado ao partido xudicial de Padrón.
Con todo, no proxecto administrativo de 1835 contaba cunha parroquia máis. A aprobación definitiva de 1836 asignaba a parroquia de Rumille ao concello de Padrón.
O 23 de abril de 1846, o coronel Miguel Solís, logo de proclama-la Xunta de Galicia, librará batalla nos campos de Cacheiras contra o xeneral De la Concha, enviado polo goberno de Madrid para afoga-la revolta. O resultado será a derrota dos liberais e o fusilamento dos oficiais en Carral.[9]
Cultura editar
Toponimia editar
"Teo" atópase escrito na documentación da Idade Media como Sancta Maria de Talegio e como Santa Maria de Teeio. Partindo disto Edelmiro Bascuas considera que estamos ante un hidrotopónimo procedente dunha raíz indoeuropea *tala‑, co significado de "fluír" (a mesma que Tui, mediante < *ta+la‑); Isidoro Millán relaciónao co río Tea, partindo tamén dunha raíz hidronímica *tekw‑, co mesmo significado de "fluír"; mentres que Joseph Piel cre que se trata dun nome de posesor de orixe xermánica *Teodone, isto é, o propietario das terras.[10]
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Teo.
-
Ramallosa
Parroquias editar
Lugares de Teo editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Teo vexa: Lugares de Teo.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Teo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ [1]
- ↑ López Carreira (2013). Historia de Galicia Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine., p. 221: "En Cacheiras [...] líbrase unha escaramuza, seguida pola retirada de Solís, que procurou o amparo dos muros de Compostela."
- ↑ Artigo sobre o topónimo Teo en Portal das palabras da RAG
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teo |
Bibliografía editar
- López Carreira, Anselmo (2013). Historia de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. p. 221. ISBN 978-84-9914-532-7. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o 05 de febreiro de 2018.
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |