Luou, Teo
Santa María de Luou é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 875 habitantes distribuídos en 13 entidades de poboación en 8,7[2] km², o que supón un aumento importante en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes. Ten unha superficie de 680 hectáreas.
Luou | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Teo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°48′12″N 8°35′03″O / 42.8032, -8.5843 |
Área | 8,7 km² |
Poboación | 963 hab. (2019) |
Densidade | 110,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación
editarLuou pertenceu a xurisdición territorial da Amaia, da desaparecida provincia de Santiago.
Debido a súa proximidade con Santiago de Compostela, capital de Galiza, da que dista uns escasos 7 km é unha zona moi apetecida, xurdindo varias urbanizacións dándolle un aspecto residencial a esta parroquia eminentemente rural. Está comunicada coa capital por un servizo permanente de autobuses.
Patrimonio histórico-artístico
editarAs vías romanas tiñan o seu paso pola parroquia. Dende o Castro Lupario, saía unha vía romana que pasaba polo Espiño e Cornide (Calo) e introducíase na parroquia de Luou por Seixos, Espasande, A Igrexa, Paraxó e Ponte do Aido. Esta vía seguía ata Asseconia, con outra vía do primeiro itinerario de Antonino.
Vestixios dos antergos son: os petróglifos de Loureiro, a Eira dos Mouros próxima a Loureiro e a Mamoa de Trasellas. Tamén teñen un valor estimable varios cruceiros espallados pola parroquia.
A Igrexa está edificada onde estivo a Capela de Santa Margarita, despois de que fora trasladada desde Loureiro. Segundo se conta, dada a súa pouca capacidade, cura e veciños acordaron construír unha nova no ano 1788. A igrexa actual de Santa María de Luou data do segundo terzo do século XIX. A torre foi construída polos mestres canteiros Francisco Casal e Juan Casal. Este tamén construíu a igrexa de Bamonde e a capela de Santa Eufemia de Oza ámbalas dúas tamén no concello de Teo.
É destacable polo seu valor histórico o edificio sito na aldea da Igrexa que se coñece co nome de "Sindicato de Agricultores y Ganaderos de Luou". Edificio construído entre os anos 1905 e 2005 a expensas dos emigrados en América. Posteriormente e enmarcado na "Red Nacional de Teleclubs" no tempo do ministro Fraga iniciou a súa actividade o Teleclub de Luou aló polo ano 1968. O Teleclub desenvolveu actividades perante varios anos nos que cabe destacar a emisión da revista cultural "Noso Tempo". Posteriormente esmoreceu ata que polo ano ano 1982 nace a "Comisión cultural de Luou" sendo esta o xermolo da actual "Asociación Cultural A Mamoa" que desenvolve unha intensa actividade na dinamización da actividade cultural da parroquia.
Festas
editarNa parroquia de Luou celébranse seis festas anuais: 22 de maio, Santa Rita; 20 de xullo, importante romaría de Santa Margarida con moitos devotos nas zonas de Padrón e Rianxo e á que Rosalía de Castro lle ten dedicados uns versos; 15, 16 e 17 de agosto, as festas patronais e o 24 de agosto, San Bertolameu.
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Luou, Teo
-
Vista
-
Cemiterio
Lugares e parroquias
editarLugares de Luou
editarLugares da parroquia de Luou no concello de Teo (A Coruña) | |
---|---|
O Aido | Bustelo | Cantoña | Caxade | Espasande | A Igrexa | A Insua | Loureiro | Nespereira | Paraxó | Quintáns | Regoufe | Trasellas |
Parroquias de Teo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Páxina oficial do concello de Teo Arquivado 31 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., datos das parroquias