Lampai, Teo

parroquia civil do concello de Teo"

Coordenadas: 42°46′41″N 08°37′00″O / 42.77806, -8.61667

Santa María de Lampai é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 286 habitantes (146 homes e 140 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación en 4,3[1] km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 297 habitantes.

Lampai
Igrexa de Santa María de Lampai, Teo.jpg
Igrexa de Santa María de Lampai.
ConcelloTeo
Área4,3 km²
Poboación292 hab. (2017)
Densidade67,91 hab./km²
Entidades de poboación5

PatrimonioEditar

A igrexa de Santa María de Lampai é de orixe románica e conserva a base estrutural: unha ábsida case cuadrangular e unha nave rectangular. A porta, situada na fachada, está rodeada dunha dobre arcada de medio punto volteada sobre columnas próximas. Tamén son destacables os arcos lobulados da arcada superior.

No interior da igrexa destaca a capela maior cuberta cunha bóveda de canón sostida por dúas arcadas de medio punto, subliñando o arco triunfal de entrada que se voltea sobre as columnas de capiteis vexetais.

En Mosteiro, a mesma aldea onde está a igrexa, existiu o mosteiro de San Paio, que dá nome ao lugar e que foi incendiado polos veciños en rebelión polos abusos sufridos polos monxes.

Dá nome ao couto de Lampai, un terreo pertencente actualmente á veciña parroquia de Cruces (Padrón), doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de LampaiEditar

Lugares da parroquia de Lampai no concello de Teo (A Coruña)

A Agrela | Mosteiro | A Silva | Veitureira | Vilar do Bispo

Parroquias de TeoEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo

Bamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Os Tilos (San Francisco de Asís) | Vilariño (San Tomé)

NotasEditar

  1. Páxina oficial do concello de Teo Arquivado 31 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., datos das parroquias

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar