O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.

Couto de Lampai

Tipoentidade territorial Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1156 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie22 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloPadrón
ParroquiaCruces Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Toponimia

editar

A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.[1]

Localización

editar

Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.

Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.

Marcos

editar

O couto está definido con catro marcos como lindes do terreoa.

O marco I[2] está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Norte e Lampai), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto era mcmxciv et quotum i kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit ("ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este padrón").

O marco II[3], pegado a unha canteira[4] (entre O Pedroso do Norte e Queiruga) ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.

O marco III (entre O Pedroso do Vendaval e Pazos -¿Reis?- en Padrón) ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.

O cuarto marco descubriuse en 2002[5].

Galería de imaxes

editar

a Téñase en conta que orde de presentación dos marcos en culturagalega.org non coincide coa numeración na publicación orixinal de Guitián e nas fotos.

Referencias

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar