Castro Lupario
poboado fortificado en Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois)
Coordenadas: 42°48′48″N 8°37′54″O / 42.813333333333, -8.6316666666667
O castro Lupario, tamén coñecido como castro de Beca, é un castro galaico que se localiza entre as parroquias de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois). Foi declarado Ben de Interese Cultural en decembro de 2009[1]. É de fácil acceso e poden verse restos das murallas. Esta acrópole castrexa quizais foi a capital dos Amaecos e chegou a acadar moita importancia. Como aconteceu noutras acrópoles, aquí tamén existiu durante séculos unha parroquia: Santo Antonini de Castro, suprimida a comezos do século XVII.
Castro Lupario | |
---|---|
Parroquia | Bastavales e Ribasar |
Concellos | Brión, Rois |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Data da descuberta | ? |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |

Mapa sobre a lenda xacobea da translación en Historia del Apostol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo (1610), de Mauro Castellá Ferrer, no cal aparece o castro Lupario.
A lenda xacobea sitúa neste castro a residencia da raíña Lupa.
NotasEditar
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 05 de outubro de 2010.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Polémica no Castro Lupario Arquivado 01 de xullo de 2018 en Wayback Machine.
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |