Lucía Calvo de la Uz
Lucía Calvo de la Uz, nada en 1974, é unha política galega-leonesa do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
2023 – ← Rafael Sisto ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Traxectoria
editarVeciña de Teo, é graduada en Ciencia Política e da Administración. Traballou no Gabinete da Presidencia da Xunta de Galicia entre 1995 e 2005. Traballou na xestión na empresa privada entre 2006 e 2009, cando regresou á función pública, ao gabinete da Presidencia do Parlamento de Galicia, onde traballou ata xuño de 2023, momento no que tomou posesión como alcaldesa de Teo.
Nas eleccións municipais de 2019 presentouse como candidata número 6 do PPdeG e foi elixida concelleira de Teo. Coa retirada de José Manuel Guerra foi proposta como cabeza de lista do PPdeG para as eleccións municipais de 2023,[1] nas que obtivo a maioría absoluta e foi elixida a primeira muller alcaldesa do municipio.[2]
En 2021 foi vicepresidenta do Comité organizador do Congreso Autonómico do Partido Popular de Galicia en Pontevedra, na actualidade é membro da directiva provincial e da executiva do Partido Popular da Coruña. É tamén vogal no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.
Predecesor: Rafael Sisto Edreira |
Alcalde de Teo 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ "El PP renueva candidatura en Teo con la concejala Lucía Calvo", La Voz de Galicia, Santiago, L5.
- ↑ Lucía Calvo, próxima regidora de Teo del PP: «Yo soy una persona que sabe cómo, dónde y a quién»