Batalla de Cacheiras

A batalla de Cacheiras, tamén coñecida como escaramuza de Cacheiras[1] ou batalla de Montouto,[2] foi un conflito armado que aconteceu o 23 de abril de 1846 na parroquia de Cacheiras, Teo, entre as tropas liberais galegas e provincialistas ao mando do comandante Miguel Solís e as tropas militares españolas ao mando do mariscal de campo José Gutiérrez de la Concha, que chega dende Castela, designado polo goberno[3] para apagar o levantamento galego.[4]

Placa do monumento onde se citan ós fusilados, os mártires de Carral.

O conflito situouse concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto[5] entre as tropas de Madrid e as de Solís, que foron derrotadas.[1]

As tropas mandadas por Solís foron derrotadas e fuxiron cara a Santiago de Compostela, refuxiándose no interior do Mosteiro de San Martiño Pinario. Posteriormente entregáronse e foron fusilados en Carral. Foi un dos feitos máis importantes e que máis marcaron a historia contemporánea de Galicia.[6]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 López Carreira (2013). Historia de Galicia, p. 221: "En Cacheiras […] líbrase unha escaramuza, seguida pola retirada de Solís, que procurou o amparo dos muros de Compostela."
  2. Rolland, Eduardo (23 de abril de 2021). "175 anos da Batalla de Cacheiras: o mito da Galicia liberal". GCiencia. …outros autores prefiren de Montouto, porque en realidade tivo lugar nas ladeiras deste monte 
  3. Narváez foi Presidente (do Consello de Ministros) de 16 de marzo de 1846 ó 5 de abril de 1846 e Francisco Javier de Istúriz dende o 5 de abril ata o 28 de xaneiro de 1847. Non era a primeira vez que Narváez exercía (e deixaba) a presidencia, e non sería a última: en total houbo 7 gobernos Narváez entre 1844 e 1868.
  4. Luis Moure Mariño (1979) Temas gallegos. Espasa-Calpe.
  5. A batalla de Cacheiras Arquivado 03 de maio de 2008 en Wayback Machine., páxina do concello de Teo.
  6. "A Batalla de Cacheiras, o enfrontamento que puido cambiar a historia de Galicia", Historia de Galicia, 7 de abril de 2017.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

  • Artigo na páxina web do concello de Teo.
  • Artigo no blog Recunchos da memoria, 23/4/2012.

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.