Anselmo López Carreira

historiador e profesor galego

Anselmo López Carreira, nado en Vigo en 1951, é un historiador e profesor galego.

Anselmo López Carreira
Anselmo López Carreira (AELG)-3.jpg
Nacemento1951
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador e profesor de ensino secundario
CónxuxeChus Pato
FillosCatuxa López Pato e Sabela López Pato
Na rede
AELG: 277 Dialnet: 522988
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Anselmo López Carreira na presentación do Congreso sobre o Reino de Galicia.

Licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. É tamén profesor titor da UNED en Ourense, catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Anselmo López é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval de Galicia. Tamén é coautor de varias historias xerais de Galicia (1979, 1991, 1996 e 1997). Foi o encargado do asesoramento histórico do xogo de rol en vivo Irmandiños: a revolta (2006-2008)[1] e comisariou a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia, inaugurada en Ourense en febreiro de 2009.

En 2022 foi o comisario científico do I Congreso Internacional sobre o Reino Medieval de Galicia, organizado pola Deputación da Coruña e celebrado do 19 ao 22 de setembro no Museo do Pobo Galego.[2]

ObraEditar

EnsaioEditar

 
O reino medieval de Galicia, 3.ª edición, 2020.

EdiciónsEditar

Obras colectivasEditar

PremiosEditar

Vida persoalEditar

Estivo casado coa poeta Chus Pato, coa que tivo dúas fillas: a historiadora da arte Sabela López Pato e a tradutora Catuxa López Pato.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar