Pazo dos Deportes
O Pazo provincial dos deportes de Lugo é un pavillón polideportivo situado na cidade de Lugo,[2] no barrio de Acea de Olga. Ten capacidade para 5.310 espectadores.[3] Foi inaugurado en 1992.
Pazo dos Deportes | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | pavillón deportivo ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Club Baloncesto Breogán ![]() | |||
Ocupante | Club Baloncesto Breogán ![]() | |||
Propietario/a | Lugo ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 12 de setembro de 1992 ![]() | |||
Inauguración | 12 de setembro de 1992 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 5.310 espectadores[1] | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Lugo ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarO Pazo dos Deportes foi inaugurado o 13 de setembro de 1992 co torneo Xacobeo, no que participaron, a parte do equipo lucense, o Elosúa León, o Maccabi Tel Aviv e o Real Madrid. Na primeira semifinal que enfrontou ao Breogán de Velimir Perasović ao Real Madrid, o madrileños conseguiron a vitoria. No partido polo terceiro e cuarto posto o Breogán vencería por un punto aos macabeos.
Instalacións
editarDedicado principalmente ao baloncesto, xa que nel bogan o Club Baloncesto Breogán e o Club Deportivo Ensino, tamén dispón de ximnasio, canchas de squash, e pistas polideportivas anexas. Tamén ten acollido encontros da primeira división da LNFS do Prone Lugo e do Barcel Euro Puebla, ademais de encontros internacionais de baloncesto de todas as categorías.
O pazo está situado no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, motivo pola cal é ás veces chamado "pazo universitario" ou "universitario" simplemente. Conta nos arredores cunha piscina cuberta e pistas de atletismo. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.
Galería
editar-
Vista frontal do Pazo dende o aparcadoiro.
-
Lateral do Pazo con parte do aparcadoiro superior.
-
Pistas de atletismo próximas.
Notas
editar- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/forzabreo/2022/12/13/pazo-aliado-fiel-breo/0003_202212L13P42991.htm
- ↑ "Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de maio de 2010.
- ↑ Meitín Buján, I. (2022-12-12). "El Pazo, el aliado más fiel del Breogán: la asistencia media ya supera los 5.000 espectadores". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2025-05-13.