Escuelas Deportivas de Láncara

(Redirección desde «Barcel Euro Puebla»)

O Escuelas Deportivas de Láncara, máis coñecido como Muebles Caloto e Barcel Euro Puebla por motivos de patrocinio, foi un equipo de fútbol sala galego da vila da Pobra de San Xiao, no concello lugués de Láncara, que xogaba os seus partidos no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Láncara
NomeEscuelas Deportivas de Láncara
Fundación1995
Desaparición2006
EstadioPazo Provincial dos Deportes
Lugo, Galicia Galicia
Inauguración1998
Capacidade6.000
Na casa
Fóra

Fundado en 1995, xogou as súas dúas últimas tempadas na División de Honra, ata 2006, cando desapareceu.

Historia editar

O fútbol sala fora durante anos un dos deportes máis importantes da Pobra de San Xiao, con varios equipos a nivel rexional. En 1995 fundáronse as Escuelas Deportivas de Láncara para participar na liga local controlada pola federación galega de fútbol sala.[1] O equipo proclamouse campión e conseguiu o ascenso á división autonómica de fútbol sala. Despois do ascenso buscouse un patrocinador, que foi a casa comercial de venda de mobles da localidade Muebles Caloto, ao mesmo tempo que o seu propietario, Luís López-Caloto García, pasou a ser o presidente do club. Nesa tempada 1995-96 o equipo foi campión da Autonómica e conseguiu o ascenso a 1ª Nacional B.

Na tempada 1996-97 o equipo acabou en segunda posición e quedou a un paso do ascenso a 1ª Nacional A, que si conseguiría na seguinte tempada despois de ser o campión da categoría. Na tempada 1998-99 acabou en cuarta posición, na tempada 1999-00 en terceira e na seguinte en segunda posición. Na tempada 2001-02 conseguiu o ascenso a División de Prata.[2]

Na tempada 2003/04 proclamouse campión da División de Prata e conseguiu o ascenso á máxima categoría do fútbol sala español, a División de Honra.[3] Nesa categoría xogou nas tempadas 2004–05 e 2005–06 baixo o patrocinio de Barcel Euro[4]. En 2006, o club desapareceu a causa das débedas acumuladas, trasladándose a Vigo e fusionándose co Cometal Celta de Vigo.[5]

Datos do club editar

  • Tempadas en : 2
  • Tempadas en : 2
  • Tempadas en 2ªB: 4
  • Tempadas en : 2

Historial na liga editar

Tempada Categoría Posto
1996/97 1ª Nacional B
1997/98 1ª Nacional B
1998/99 1ª Nacional A
1999/00 1ª Nacional A
2000/01 1ª Nacional A
Tempada Categoría Posto
2001/02 1ª Nacional A ??
2002/03 D. Prata
2003/04 D. Prata
2004/05 D. Honra 13°
2005/06 D. Honra 12°

Palmarés editar

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2006. Consultado o 06 de febreiro de 2006. 
  2. La Voz de Galicia, ed. (20 de maio de 2002). "El Muebles Caloto cerró la liga con un gran salto hacia la Plata". Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  3. As, ed. (26 de maio de 2004). "En Primera con sólo 600 habitantes". Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  4. LNFS (ed.). "Barcel Euro Puebla, nueva denominación del Muebles Caloto". Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  5. El Correo Gallego, ed. (21 de xuño de 2006). "El Barcel se traslada a Vigo tras fusionarse con el Cometal Celta". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018.