Federación Galega de Baloncesto
organización deportiva
A Federación Galega de Baloncesto (FGB ou FEGABA) é o organismo reitor do baloncesto en Galicia. A FGB ordena, dirixe e planifica as actividades do baloncesto galego. Tamén organiza a Copa Galicia e diferentes competións de tódalas categorías. A FGB ten delegacións na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Dirixe tamén á selección galega de baloncesto.
Federación Galega de Baloncesto | |
---|---|
Tipo | federación deportiva galega ![]() |
Deporte | baloncesto ![]() |
Persoas e organizacións | |
Membro de
| |
Localización | |
País | España ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | fegaba.com ![]() |
[ Wikidata ] |
Competencias
editar- Promocionar a prácitca do baloncesto en Galicia.
- Regular o réxime xurídico e disciplinario dos clubs e asociacións.
- Formar a persoal técnico.
- Coordinar ás distintas delegacións.
- Regular e facer cumprir o seu réxime disciplinario.
- Asignar e controlar axudas e subvencións para os seus afiliados.