Francisco Javier Imbroda Ortiz, nado en Melilla, 8 de xaneiro de 1961 e finado en Málaga o 2 de abril de 2022,[1] foi un adestrador de baloncesto e político español. Estivo durante dezasete tempadas na liga ACB. Tamén foi, entre 2001 e 2002, seleccionador español e axudante da selección de Lituania. Con 605 partidos na ACB, é o sexto adestrador con máis partidos dirixidos na ACB. Vai precedido na lista por Aito García Reneses (1077), Pedro Martínez (activo) Manel Comas (745) e Luis Casimiro e Salva Maldonado.[2]

Infotaula de personaJavier Imbroda

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1961 Editar o valor em Wikidata
Melilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 2022 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de próstata Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJuan José Imbroda Editar o valor em Wikidata

O 13 de xullo de 2018 fixo pública a súa decisión de presentarse ao partido político Ciudadanos por Andalucía, e dende as eleccións autonómicas do 2 de decembro de 2018 foi deputado no Parlamento andaluz pola provincia de Málaga.[3] Froito do pacto de goberno entre o Partido Popular e Ciudadanos polo que Juan Manuel Moreno Bonilla foi investido presidente da Xunta de Andalucía, foi nomeado conselleiro de Educación e Deportes da Xunta de Andalucía.[4][5] Era irmán de Juan José Imbroda, presidente da cidade autónoma de Melilla de 2000 a 2019.[1]

Traxectoria deportiva editar

Liga ACB editar

Tiña un doutoramento en Investigación e Innovación Educativa pola Universidade de Málaga e un mestrado en Alta Dirección de Empresas polo Instituto Internacional San Telmo.[1]

Comezou a súa carreira profesional co Maristas Málaga en Primeira B, equipo ao que ascendeu á ACB,[6] e que seguiu dirixindo cando se fusionou co Caja de Ronda, pasando a ser o actual Unicaja de Málaga. Foi subcampión da Liga ACB co Unicaja Málaga na tempada 94-95. Despois de 10 anos na entidade, fichou en 1998 polo Caja San Fernando de Sevilla, onde permaneceu ata 2001, liderando o equipo ao Subcampionato da Liga ACB e á Copa do Rei na tempada 98-99.

En 2001 fíxose cargo da Selección Española de Baloncesto, en substitución de Lolo Sáinz, sendo este último adestrador asistente desde 1995. No seu primeiro ano como técnico conseguiu a Medalla de Bronce no Campionato de Europa de Turquía`01. No Mundial de Indianápolis de 2002, dirixindo a selección, conseguiu vencer á selección estadounidense con España en competición oficial, un fito histórico para a selección que a día de hoxe non foi igualado. Tamén foi adestrador axudante da Selección Lituana que participou na JJ. OO. de Barcelona 92, obtendo a Medalla de Bronce.

Na tempada 2002-03 fichou polo Real Madrid. Na tempada 2003-2004 toma un descanso como adestrador e a Televisión Española fichouno como comentarista da liga ACB e do Eurobasket Belgrado 2005. Regresa ao banco na tempada 2006-07, facéndose cargo do Grupo Capitol, un equipo que salva do descenso na devandita tempada e que acabaría descendendo na seguinte.

En febreiro de 2009 foi contratado para dirixir o ViveMenorca para tentar salvar o equipo,[7] obxectivo que non conseguiu, deixando ao equipo no posto 16 da clasificación nunha estraña tempada na ACB con 17 equipos, tras o caso Obradoiro, onde o A selección galega tivo que acceder á ACB tras unha decisión xudicial. Dirixiu 605 partidos da ACB, cun total de 315 vitorias. Elixido pola Asociación Española de Adestradores de Baloncesto (AEEB) como o mellor adestrador da liga ACB para as tempadas 94-95 e 98-99.

Seleccionador nacional editar

Formou parte da Selección Lituana como adestrador asistente nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, onde gañou a medalla de bronce nun equipo no que xogaban Arvydas Sabonis e Šarūnas Marčiulionis.[8] Foi adestrador axudante de Lolo Sáinz na seleccións española dende 1995. No Eurobasket de 1999 conseguiu a medalla de prata. Foi adestrador absoluto de España entre 2001 e 2002. No seu primeiro ano como adestrador gañou a medalla de bronce no Campionato de Europa de 2001 en Turquía. No Mundial de baloncesto de 2002, en Indianápolis, dirixu a selección nacional e conseguira vencer a selección estadounidense en competición oficial; foi un fito histórico para a selección que ata hoxe en día non se igualou. Esta vitoria valeulles o quinto posto na Copa do Mundo.[9]

Traxectoria política editar

O 13 de xullo de 2018, Javier Imbroda fixo pública a súa decisión de presentarse ao partido político Ciudadanos por Andalucía, e dende as eleccións autonómicas do 2 de decembro de 2018 foi deputado no Parlamento andaluz pola provincia de Málaga. Como consecuencia do pacto de goberno entre o Partido Popular e Ciudadanos polo que Juan Manuel Moreno Bonilla é investido como presidente da Junta de Andalucía, Javier Imbroda pasa a ser conselleiro de Educación e Deportes da Junta de Andalucía.[9]

Vida persoal editar

En 2017, anunciou que padecía un cancro.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Saiz, Eva (3 de abril de 2022). "Muere Javier Imbroda, seleccionador nacional de baloncesto y consejero andaluz de Educación, a los 61 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 3 abril de 2022. 
  2. Redacción (7 de xaneiro de 2018). "Luis Casimiro, 5º entrenador con más partidos en Liga Endesa". acb.com (en castelán). Archived from the original on 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2022. 
  3. Imbroda, Javier (13 de xullo de 2018). "Carta: Javier Imbroda con Ciudadanos ¿Por qué? “Soy un ciudadano preocupado…”". ievenn.com (en castelán). Archived from the original on 27 de agosto de 2018. Consultado o 3 de abril de 2022. 
  4. SPORTYOU / EFE (10 de xaneiro de 2019). "Javier Imbroda será consejero de Educación y Deportes en el nuevo gobierno de Andalucía". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2022. 
  5. Redacción (12 de marzo de 2019). "PRIMERA CONVOCATORIA DE EDUCACIÓN DEL NUEVO GOBIERNO DE ANDALUCÍA.". que.es (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2022. 
  6. 6,0 6,1 Álvarez, Robert (18 de decembro de 2017). "Javier Imbroda: “A todos los enfermos de cáncer como yo: Nunca te rindas”". elpais.com (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2022. 
  7. Redacción (3 de febreiro de 2009). "Javier Imbroda, ex seleccionador nacional, nuevo entrenador del ViveMenorca". soitu.es (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2022. 
  8. Redacción (2001-2010). "Javier Imbroda". acb.com (en castelán). Archived from the original on 26 de outubro de 2010. Consultado o 3 de abril de 2022. 
  9. Sergio (18 de setembro de 2009). "MUNDIAL BALONCESTO 2002, UNA VICTORIA ANTE EEUU QUE VALÍA LA QUINTA PLAZA". espaciodeportes.com (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar