CB Lucentum Alicante
O Club Baloncesto Lucentum Alicante, coñecido tamén como HLA Alicante por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto español, da cidade de Alacant na provincia de Alacant, Comunidade Valenciana. Foi fundado en 1994 e xoga na Liga LEB Ouro.
HLA Alicante | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga LEB Ouro |
Fundación | 1994 |
Historia | Lucentum (1994-2000) Proaguas Costablanca (2000-2001) Lucentum Alicante (2001-2002) Etosa Alicante(2002-2007) Alicante Costablanca (2007-2008) Lucentum Alicante (2008-2009) Meridiano Alicante (2009-2011) CB Lucentum Alicante (2011-presente) |
Cores | Azul, azul mariño e branco |
Presidente | Luis Castillo |
Adestrador | Rubén Perelló |
Vestimenta | Macron |
Localización | |
Cidade | ![]() ![]() |
Pavillón | Centro de Tecnificación (5.700) |
Campionatos | |
Liga LEB | 2 (2000, 2002) |
Copa Príncipe | 2 (2002, 2009) |
www.cblucentum.com |
TraxectoriaEditar
O 31 de maio de 1994 un grupo de persoas vinculadas ao baloncesto alacantino, basicamente a través do Club de Baloncesto Miguel Hernández, deciden crear un novo club coa denominación de Club Baloncesto Lucentum-Alicante.
O 25 de xullo de 1994 acéptase o convite para competir na Liga EBA. Na primeira tempada o proxecto recibiu o soporte económico da empresa "Ernesto Electrodomésticos" e desbórdanse tódalas previsións deportivas, chegando á semifinal para o ascenso á liga ACB. O soño non se puido facer realidade, xa que no último segundo perdeu por un punto fronte ao Gijón, que ascendeu á ACB, mais púxose a primeira pedra para que Alacant fose unha das candidatas a entrar algún día na máxima competición do baloncesto español.
Ao longo de 1996 a Federación Española de Baloncesto reestruturou as categorías coa creación da Liga Española de Baloncesto (LEB), á cal se accedía por palmarés deportivo e por convite entre os equipos que o solicitaban e superaban unha auditoría sobre a súa situación económica. O C.B. Lucentum-Alicante solicitou a súa inclusión e, logo de cumprir tódolos requerimentos, foi admitido como equipo LEB, sendo o único representante da Comunidade Valenciana desta categoría.
As boas campañas realizadas na LEB culminaron na tempada 1999-00 co liderado na clasificación e o ascenso á ACB coa denominación "Proaguas Costablanca". Porén, as limitacións económicas e deportivas marcaron o equipo, que non puido evitar o descenso á LEB.
A tempada 2001-02 marca un troco importante na traxectoria do club. Un novo grupo de persoas, encabezadas por Luis Castillo, inicia un novo proxecto que decontado comeza a dar os seus froitos: conséguese a Copa Príncipe de Asturias de Baloncesto, o campionato da LEB e, o máis importante, o retorno á ACB. O novo proxecto conseguiu atraer o interese da cidade de Alacant, dos medios de comunicación e da sociedade alacantina, que se apaixonaron co equipo.
Dende a tempada do ascenso, o Lucentum atinxiu dúas clasificacións para os play-offs polo título, coa súa correspondente clasificación para as competicións europeas, e a histórica participación na Copa do Rei de Zaragoza en 2004. O proxecto consolidábase na mellor liga de Europa.
Na tempada 2006-07 o Lucentum descende á liga LEB, dimitindo o seu presidente e ocupando o seu lugar Miguel Cano. Tras unhas negociacións coa Deputación de Alacant, o club adquire a denominación de Alicante Costablanca.
Na tempada 2008-09 o Lucentum ascende á Liga ACB gañando ao Melilla Baloncesto nun partido moi disputado. Na tempada 2011-12 descende á Liga LEB Ouro.
Nomes comerciaisEditar
O Club Baloncesto Lucentum Alicante recibiu diversos nomes comerciais ao longo da súa historia, en función do interese do patrocinador de cada momento. Estas son as denominacións que tivo o primeiro equipo alacantino:
PalmarésEditar
- 2 Liga LEB Ouro: 2000 e 2002.
- 2 Copa Príncipe de Asturias: 2002 e 2009.