Thomas Heurtel
Thomas Heurtel, nado o 10 de abril de 1989 en Béziers, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga no Zenit San Petersburgo da VTB United League. Cunha estatura de 1,89 metros xoga na posición de base.
![]() | |
Zenit San Petersburgo – No. 13 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1989 (34 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,89 m (6 ft 2.5 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
EB Pau-Orthez (2007–2009) Strasbourg IG (2009–2010) CB Lucentum Alicante (2010–2011) Laboral Kutxa (2011–2014) Anadolu Efes (2014–2017) FC Barcelona (2017−2021) ASVEL Basket (2021) Real Madrid (2021−2022) Zenit San Petersburgo (2022−presente) |
Traxectoria profesional editar
Heurtel comezou coma profesional no Élan Béarnais Pau-Orthez, e xogou no primeiro equipo do club durante dúas tempadas. Na tempada 2008-09 da liga francesa, gañou o premio ó xogador revelación da liga.
Un ano máis tarde, tras o descenso do Pau-Orthez, asinou co ASVEL Lyon-Villeurbanne,[1] pero xogou cedido no Strasbourg IG. No verán de 2010 deixou Francia para fichar polo Lucentum Alicante da Liga ACB.[2]
En 2011, Heurtel fichou polo Caja Laboral, equipo co cal debutou na Euroliga.[3]
En decembro de 2014, antes do comezo do Top 16 da Euroliga 2014-15, asinou polo Anadolu Efes turco.[4]
Notas editar
- ↑ Heurtel et Kangur à l'ASVEL Arquivado 25 de outubro de 2014 en Wayback Machine. L'Équipe. 22 de xullo de 2009
- ↑ Thomas Heurtel, savia nueva para el Meridiano. Arquivado 19 de xuño de 2011 en Wayback Machine. ACB.com 22 de xullo de 2010
- ↑ Thomas Heurtel, talento rumbo a Vitoria. Solobasket. de xuño de 2011
- ↑ Thomas Heurtel se desvincula de Laboral Kutxa Baskonia; Baskonia, 27 de decembro de 2014