Luis Scola
Luis Alberto Scola Balvoa, nado o 30 de abril de 1980 en Buenos Aires, é un ex xogador arxentino de baloncesto profesional.
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1980 (43 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2002 / Rolda: 2 / Elección: 56 Por San Antonio Spurs |
Carreira | dende 1996 |
Historial de equipos | |
Club Ferro Carril Oeste (1996–1998) Saski Baskonia (1998–2007) →Gijón Baloncesto (1998–2000) Houston Rockets (2007–2012) Phoenix Suns (2012–2013) Indiana Pacers (2013–2015) Toronto Raptors (2015–2016) Brooklyn Nets (2016–2017) Shanxi Brave Dragons (2017–2018) Shanghai Sharks (2018–2019) Olimpia Milano (2019–2020) Pallacanestro Varese (2020–2021) |
Traxectoria profesional Editar
Scola comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Ferro Carril Oeste de Buenos Aires. Fixo o seu debut coma profesional durante a tempada 1995-96. Tras a tempada 1997-98, Scola fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB. As dúas primeiras tempadas as pasou cedido no Gijón Baloncesto, equipo ó que axudou a conseguir o ascenso á ACB na tempada 1998-99. Durante as súas sete tempadas no Baskonia, conseguiu unha Liga ACB en 2002, 3 Copas do Rei en 2002, 2004 e 2006, e 3 Supercopas de España en 2005, 2006 e 2007.
O 12 de xullo de 2007, os San Antonio Spurs, equipo que escollera a Scola no Draft da NBA de 2002, traspasou os dereitos do xogador ós Houston Rockets xunto a Jackie Butler, a cambio de Vassilis Spanoulis e unha futura elección da segunda rolda do Draft. Scola asinou un contrato de 3 anos e 9.5 millóns de dólares cos Rockets.
O 15 de xullo de 2012, Scola asinou cos Phoenix Suns dous días despois de que os Rockets aplicaran a cláusula de amnistía sobre o xogador.[1]
O 27 de xullo de 2013, os Suns traspasaron a Scola ós Indiana Pacers a cambio de Gerald Green, Miles Plumlee e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[2]
Estatísticas NBA Editar
Tempada regular Editar
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007–08 | Houston | 82 | 24.7 | .515 | .000 | .668 | 6.4 | 1.3 | 0.7 | 0.2 | 10.3 |
2008–09 | Houston | 82 | 30.3 | .531 | .000 | .760 | 8.8 | 1.5 | 0.8 | 0.1 | 12.7 |
2009–10 | Houston | 82 | 32.6 | .514 | .200 | .779 | 8.6 | 2.1 | 0.8 | 0.3 | 16.2 |
2010–11 | Houston | 74 | 32.6 | .504 | .000 | .738 | 8.2 | 2.5 | 0.6 | 0.6 | 18.3 |
2011–12 | Houston | 66 | 31.3 | .491 | .000 | .773 | 6.5 | 2.1 | 0.5 | 0.4 | 15.5 |
2012–13 | Phoenix | 82 | 26.6 | .473 | .188 | .787 | 6.6 | 2.2 | 0.8 | 0.4 | 12.8 |
2013–14 | Indiana | 82 | 17.1 | .470 | .143 | .728 | 4.8 | 1.0 | 0.3 | 0.2 | 7.6 |
2014–15 | Indiana | 81 | 20.5 | .467 | .250 | .699 | 6.5 | 1.3 | 0.6 | 0.2 | 9.4 |
2015–16 | Toronto | 76 | 21.5 | .450 | .404 | .726 | 4.7 | 0.9 | 0.6 | 0.4 | 8.7 |
2016–17 | Brooklyn | 36 | 12.8 | .470 | .340 | .676 | 3.9 | 1.0 | 0.4 | 0.1 | 5.1 |
Total | 743 | 25.6 | .493 | .339 | .740 | 6.7 | 1.6 | 0.6 | 0.3 | 12.0 |
Playoffs Editar
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | Houston | 6 | 36.7 | .448 | .000 | .686 | 9.3 | 1.3 | 0.7 | 0.2 | 14.0 |
2009 | Houston | 13 | 32.6 | .494 | .000 | .673 | 8.4 | 1.8 | 0.5 | 0.2 | 14.4 |
2014 | Indiana | 17 | 13.9 | .465 | .333 | .591 | 2.5 | 0.5 | 0.4 | 0.2 | 6.4 |
2016 | Toronto | 11 | 12.7 | .258 | .190 | .727 | 1.6 | 0.6 | 0.3 | 0.0 | 2.5 |
Total | 36 | 24.4 | .475 | .25 | .66 | 5.8 | 1.1 | 0.5 | 0.2 | 10.5 |
Notas Editar
- ↑ Young, Royce. (15 de xullo de 2012) Suns claim Luis Scola off waiver wire, amnesty Josh Childress. CBSSports.com.
- ↑ "Pacers Acquire Luis Scola; Send Green, Plumlee, Future No. 1 Pick to Suns". NBA.com. 27 de xullo de 2013.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)