Os Brooklyn Nets son un equipo profesional de baloncesto con sede en Nova York. Os Nets compiten na National Basketball Association (NBA) como membros da División Atlántico da Conferencia Leste, sendo unha das dúas franquías da cidade xunto cos New York Knicks. O equipo xoga no Barclays Center, pavillón con capacidade para 17.732 espectadores situado no barrio de Brooklyn. O equipo foi fundado en 1967 e foi unha das primeira franquías da American Basketball Association (ABA). Durante a súa primeira temporada xogaron baixo o nome de New Jersey Americans e comezou xogando na American Basketball Association (ABA). Porén, ao ano seguinte o equipo se traslada a Long Island e adopta o nome de New York Nets. Durante esta época o equipo logra dous campionatos (1974 e 1976).

Brooklyn Nets
Brooklyn Nets logo
Brooklyn Nets logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Atlántico
Fundación 1967
Historia New Jersey Americans (1967-1968)
New York Nets (1968-1977)
New Jersey Nets (1977-2012)
Cores           Negro, branco
Retirados 6 (3, 5, 23, 25, 32, 52)
Localización
Cidade Nova York Nova York, Nova York
Pavillón Barclays Center
Capacidade 17.732 espectadores
Inauguración 21 de setembro de 2012
Persoal
Propietario(s) Mikhail Prokhorov, Bruce Ratner
Director Billy King
Adestrador Steve Nash
Títulos
Campión ABA: 2 (1974, 1976)
Conferencia 2 (2002, 2003)
División ABA: 2 (1974, 1975)
NBA: 4 (2002, 2003, 2004, 2006)
nets.com

En 1976, tras a fusión da ABA coa NBA, os Nets ingresaron nesta competición xunto con outros tres equipos da ABA (os Denver Nuggets, os Indiana Pacers e os San Antonio Spurs). Un ano despois da súa chegada á NBA, o equipo regresa a a Nova Jersey e adopta o nome de New Jersey Nets, o cal mantén entre 1977 e 2012. Durante este tempo os Nets gañaron dous campionatos de conferencia consecutivos (2002 e 2003), aínda que sen éxito na final. Durante o verán de 2012 o equipo regresa outra vez a Nova York, adoptando o seu actual nome. O club retirou o dorsal a sete xogadores en honra á súa contribución á historia da franquía: Dražen Petrović, Jason Kidd, John Williamson, Bill Melchionni, Julius Erving e Buck Williams.

Historia

editar

Os anos na ABA

editar
 
O Nassau Veterans Memorial Coliseum, sede entre 1972–77.

A franquía foi fundada no ano 1967 coma parte da ABA, sendo Arthur Brown, un destacado empresario do sector do transporte, o seu primeiro propietario.[1] A primeira intención de Brown era nomear o equipo como "New York Freighters", fixando a sede do club na armería do 69º rexemento do lado leste de Manhattan. Porén, a presión exercida polos New York Knicks forzou o equipo a mudarse á armería de Teaneck, Nova Jersey, mudando o seu nome polo de New Jersey Americans.[2] Non sería a derradeira vez que os Knicks afectarían directamente ao futuro da franquía.

Os Americans fixeron unha boa primeira tempada, empatando cos Kentucky Colonels polo cuarto e último posto que daba acceso aos playoffs da División Leste.[3] Porén, a armería estaba ocupada, obrigando os Americans a buscaren a última hora un pavillón substituto. O lugar escollido sería o Long Island Arena, situado na vila de Commack, en Nova York.[2] Cando os Americans e os Colonels chegaron para o partido, encontraron que á pista lle faltaban numerosas placas e parafusos, o que a facía inestábel, de facto unha das canastras semellaba máis alta que a outra. Os Coronels negáronse a xogar nesas condicións, e o comisionado da liga, George Mikan, deu a vitoria na eliminatoria aos de Kentucky por non ofrecer os Americans unhas instalacións axeitadas.

Para a segunda tempada, o equipo optou por permanecer en Long Island, mudando o seu nome polo de New York Nets. O nome foi escollido para que estivese en concordancia cos outros dous equipos deportivos profesionais de Nova York que nese intre xogaban en Long Island: os New York Mets da MLB e os New York Jets da NFL.[2]

 
Julius Erving, estrela dos Nets entre 1973 e 1976.

O equipo rematou último na súa primeira tempada en Nova York cun pobre resitro de 17 vitorias por 62 derrotas, utilizando durante o ano un total de 23 xogadores.[4] Brown decidiu entón vender o equipo ao final da temporada, sendo o novo dono Roy Boe, un empresario. Boe comezou a súa etapa no club con grandes esperanzas, e o seu primeiro obxectivo foi tentar asinar a unha estrela para o seu equipo. Desesperado, tentou contratar o xogador da UCLA Lew Alcindor (máis tarde coñecido como Kareem Abdul-Jabbar). Alcindor non vía con malos ollos xogar na súa Nova Tork natal, mais finalmente decidiu asinar polos Milwaukee Bucks da NBA. Mesmo así, o club continou cos seus plans de trasladrse a un novo pavillón en Long Island, sendo o elixido o Island Garden de West Hempstead. Durante a temporada os Nets en cuarto lugar e chegaron aos playoffs por primeira vez na súa historia. Ao final da temporada o equipo consegue finalmente asinar a unha estrela: Rick Barry proveniente dos Washington Capitols. Despois doutra temporada de playoff o equipo trasládase de novo de pavillón, esta vez ao Nassau Veterans Memorial Coliseum de Uniondale.

En 1972, dous anos despois da contratación de Barry, os Nets chegaron ás súas primeiras finais da ABA. Porén, non puider superar aos Indiana Pacers e perderon a serie por 4-2.[5] Porén, finalizada a campaña Barry deixa o club para xogar na NBA, isto provoca que a temporada 1972-73 o equipo finalizase cun decepcionante rexistro de tan só 30 vitorias.[6] O seguinte ano o club melloraría o seu rendemento, aínda que a clave desa temporada chegou tras a fin do campionato: no verán de 1973 os Nets contratan a Julius Erving dos Virginia Squires. Con Erving, máis coñecido como "Dr. J," os Nets atinxiron un equipo competitivo, rematando a tempada cun récord de 55 vitorias.[7] Erving foi elixido o MVP da ABA, e o equipo tivo unha excelente actuación nos playoffs para gañar o seu primeiro título, tras derrotar os Utah Stars.

O éxito continuou a temporada seguinte, logrando os Nets un récord de 58 vitorias que aínda se mantén na franquía. Así e todo, a sorte non os acompañou nos playoffs e foron eliminados por 4-1 polos Spirits of St. Louis na primeira rolda.[8] Os Nets continuaron gañando na temporada 1975-76, a última na historia da ABA, con Erving liderándoos a un récord de 55 vitorias na tempada regular. Nos playoofs, tras derrotar aos Denver Nuggets en seis partidos, fixéronse co último campionato da hsitoria da ABA.[9]

Ingreso na NBA

editar
 
O Continental Airlines Arena foi o lar dos Nets entre 1981 e 2010.

O verán de 1976 viu como a ABA e a NBA se fusionaban. Como parte do acordo, catro franquías da ABA: os Nets, os Denver Nuggets, os Indiana Pacers e os San Antonio Spurs, ingresaron na NBA.[10] De facto, os Nets e os Nuggets xa solicitaran á NBA en 1975, un ano antes, pero tiveron que xogar un ano máis na ABA por orde xudicial. Antes da súa primeira temporadada na NBA, trocaron aos Kansas City Kings dúas eleccións no draft polo base Nate Archibald. Os Nets semellaban estar preparados para continuar como remataron na ABA.

Con todo, leváronse unha desagradábel sorpresa cando a NBA os obrigou a pagar 4,8 millóns de dólares ao Knicks por "invadir" o seu territorio. Isto sumado aos 3,2 millóns que o equipo tivera que pagar para unirse á NBA, deixou Boe a falto de diñeiro. Isto provocou ter que denegar un prometido aumento de salario a Erving, que baixo esas condicións rexeitou seguir nos Nets. Entón, os Nets ofreceron a Erving aos Knicks a cambio de non ter que pagar a indemnización, trato que non foi aceptado. Finalmente, Boe non tivo máis remedio que vender o xogador aos Philadelphia 76ers a cambio de 3 millóns de dólares, unha suma inferior á indemnización. Sen o seu xogador franquía, o equipo deu a tempada como perdida. Alén diso, a situación empeourou aínda máis coa lesión de Archibald en xaneiro. O equipo rematou co peor récord da liga, 22-60.[11]

Debido á baixa asistencia de público ao pavillón e á mala situación financeira en Long Island, Boe decidiu trasladar a franquía de volta a Nova Jersey antes do inicio da tempada 1977−78. Os Knicks, unha vez máis, convertéronse nun obstáculo e ameazaron con bloquear o movemento porque sería infrinxir os seus dereitos territoriais exclusivos sobre Nova Jersey. Os Nets responderon demandando aos Knicks sobre a base de que as súas accións violaban as leis antimonopolio. O preito resolveuse grazas á da intervención da liga e do estado de Nova Jersey, os Nets acordaron pagar outros 4 millóns de dólares polo seu dereito a trasladarse.

Unha vez oficializado o traslado, o equipo muda o seu nome a New Jersey Nets. Mentres a franquía agardaba pola construción dun novo pavillón no Complexo deportivo de Meadowlands, en East Rutherford, xogaron durante catro temporadas Athletic Center da Universidade Rutgers en Piscataway. A temporada 1978−79 viu ao equipo, liderado polo contendente xogo de Bernard King, clasificarse por primeira vez aos playoffs das NBA. Na eliminatorias caeron ante os 76ers de Julius Erving por 2-0, aínda que se comezaron estabelecer as bases para un período de reconstrución para a próxima década.

Mudanza a Nova Jersey

editar
 
Darryl Dawkins (1986–1988).

Tras catro anos de espera, en 1981 o equipo se trasladarse a Meadowlands para xogar no Brendan Byrne Arena (coñecido a partir de 1996 como Continental Airlines Arena e a partir de 2007 como Izod Center), e experimentando un modesto éxito durante catro boas campañas. Na temporada 1982−83, baixo o mando de Larry Brown, os Nets estaban a vivir a súa mellor tempada desde que chegaran á NBA. Porén, durante o último mes de competición Brown aceptou o cargo de adestrador da Universidade de Kansas polo que foi suspendido polo resto da temporada. Isto afectaría o equipo, que nos playoffs é incapaz de pasar a primeira rolda ante os seus grandes rivais, os Knicks.[12]

Na temporada 1983−84 armaron o que pensaron era o mellor equipo desde que se uniran á NBA. Liderados por Darryl Dawkins, Buck Williams, Otis Birdsong e Michael Ray Richardson, o equipo gañou a súa primeira serie nun playoff da NBA, derrotando ademais ao equipo que defendía o título, os Philadelphia 76ers. Con todo, o equipo cae posteriormente nas seminais da Conferencia Leste ante os Milwaukee Bucks en seis partidos.[13] Aínda que na seguinte temporada o equipo ateigouse de lesionados, o equipo conseguiu 42 vitorias e volveu xogar os playoffs. Porén, foron eliminados en tres partidos polos Detroit Pistons.[14]

Tras a contratación de Dave Wohl como adestrador, os Nets arrincaron a temporada 1985−86 cun destacábel rexistro de 23 vitorias por 14 derrotas. Con todo, este prometedor inicio disipouse coa perda dos seus dous máximos anotadores. O all-star Micheal Ray Richardson deu positivo por terceira vez nun control de drogas, co cal foi expulsado da liga de por vida, e pivote estrela Darryl Dawkins só xogou 39 partidos debido a unha lesión nas costas. Con todo, coa axuda dos veteranos Buck Williams e Mike Gminski, os Nets conseguen chegar de novo ás eliminatorias cunha marca de 39-43, antes de ser varridos polos Milwaukee Bucks na primeira rolda. Esta sería a primeira de moitas tempadas perdedoras para as Nets, que non volvería pisar os playoffs até a temporada 1991−92.

Ao ano seguinte o club asinou a Orlando Woolridge e esolleu no draft a Dwayne "The Pearl" Washington coa esperanza de fortalecer un equipo titubeante. Así e todo, a nova tempada só trouxo máis mala sorte. Dawkins escorregou na súa bañeira e sufriu outra lesión nas costas que puxo fin á súa carreira. Birdsong só xogou debido a unha fractura na tibia e Washington tivo unha mala actuación no seu ano de novato. Os Nets terminaron a temporada cunha marca de 24-58, o peor resultado do club desde 1980.

Coa esperanza de acabar coa praga de lesión, os Nets traspasaron a Dawkins nun acordo a tres bandas que trouxo a John Bagley e a Keith Lee a Nova Jersey. No draft, seleccionaron Dennis Hopson (deixando pasar a Scottie Pippen, a Reggie Miller e a Kevin Johnson) no terceiro posto coa esperanza de recuperar o nivel defensivo amosado en anos anteriores. Non obstante, a pantasma das lesións non marchou, caendo esta vez lesionados Bagley, Lee e Tony Brown. Ademais, o que estaba a ser o baluarte ofensivo do equipo, Orlando Woolridge, foi suspendido pola liga por consumo de drogas. Tras varias mudanzas de adestrador, o equipo termina coa segunda peor marca da liga (19-63). A situación non mellora nas dúas seguintes temporadas e na temporada 1989−90 toca fondo cun récord de 17–65, nese intre o peor da historia da franquía.

Comezo prometedor e caída

editar
 
Dražen Petrović xogou tres anos nos Nets (1991–1993) antes de falecer nun accidente de tráfico.

Durante o comezo dos anos 1990 os Nets comezaron a mellorar os seus resultados grazas ao pulo dun grupo de novos xogadores. Entre eles salientan as elección do draft Derrick Coleman e Kenny Anderson, así como a fichaxe de Dražen Petrović procedente dos Portland Trail Blazers. Aínda que os Nets non finalizaron a temporada 1992−93 cunha marca positiva, clasificáronse para os playoffs, perdendo cos Cleveland Cavaliers na primeira rolda por 3-1.

O equipo mellorou significativamente na temporada 1992−93 liderado polo trío formado por Petrović, Coleman e Anderson, e dirección desde o banco por Chuck Daly, que fora despedido o ano anterior polos Detroit Pistons. Con todo, as lesións de Anderson e Petrović ao final da temporada afundiron ao equipo, que encaixou unha serie de 1-10 para terminar a tempada regular. Así e todo, grazas a un global de 43 vitorias por 39 derrotas, os Nets xogaron de novo os playoffs, onde se volveron atopar cos Cavaliers. Con Anderson cunha fractura na man e Petrovic xogando cun xeonllo lesionado, os Nets perderon unha dura serie de cinco partidos.

Na pretemporada os Nets sufriron unha traxedia coa de Petrović nun accidente automobilístico en Alemaña. A pesar da devastadora perda, o equipo logrou gañar 45 partidos durante a temporada 1993−94. De feito, esa mesma temporada Anderson e Coleman fixeron a súa única aparición nun partido do All-Star. Os Nets clasificáronse de novo clasificouse para os playoffs, mais esta vez foron eliminados polos Knicks na primeira rolda por 3−1.[15]

O equipo tivo unha difícil segunda metade de década. Durante mediados da dos 1990 unha das principais preocupacións da NBA era a de coidar a imaxe dos seus deportistas e afastalos do estereotipo de xogadores egoísta e inmaturo que se estaba a formar, e un dos mellores exemplos dese problema eran os Nets. De feito, en 1995 Coleman apareceu na portada de Sports Illustrated como principal exemplo do problema.[16] A reputación do equipo era tan pobre que, nun esforzo por desfacerse da súa imaxe negativa, o presidente do equipo Jon Spoelstra decidiu mudar o nome do equipo a "New Jersey Swamp Dragons" en 1994. Despois de obter a aprobación dos propietarios e de gastar 500.000 dólares no deseño da marca, o nome foi rexeitado en última estancia ao mudar de opinión o copropietario da franquía David Gerstein. A nivel deportivo, as temporadas 1994−95 e 1995−96 remataron cún idéntico rexistro de 30-52. Beard foi destituído ao finalizar a segunda desas dúas tempadas.

Reconstrución

editar
 
Stephon Marbury (1999–2001).

Nun esforzo por comezar de novo, Coleman e Anderson foron traspasados durante a temporada 1995−96 a cambio de, entre outros, Shawn Bradley e Kendall Gill. No banco tamén hai mudanzas e chega un adestrador procedente do baloncesto universitario, John Calipari. Ademais, a través do draft chega a Kerry Kittles e a mediados da temporada seguinte Sam Cassell. Con todo, as cousas aínda seguían sen funcionar, así que despois dunha tempada cun récord de 26-56, a franquía decide facer un importante movemento en xuño de 1997. No traspaso os de Nova Jersey adquiriron a Keith Van Horn, Lucious Harris e outros dous xogadores a cambio de Tim Thomas. Así, o único xogador que continuaba dos Nets de principio de década era o especialista en rebote Jayson Williams.

A temporada 1997−98 voiu aínda máis mudanzas para os Nets. O primeiro foi unha renovación da marca do equipo, instaurando un novo logotipo e novos uniformes. O segundo foi o estilo de xogo do equipo, o cal logrou que o equipo xogase mellor, gañase 43 partidos e se clasificase para os playoffs. Os Nets, que ocuparon a oitava praza no cadro de eliminatorias, tiveron que xogar ante os Chicago Bulls de Jordan, Pippen e Rodman. A eliminatoria saldouse cun 3-0 para os de Illinois, aínda que os Nets estiveron a piques de dar a sorpresa nos dous primeiros partidos, onde perderon por tan só 3 e 5 puntos respectivamente.[17]

O comezo da temporada 1998−99 atrasouse por tres meses debido ao peche patronal da liga. Cando comezou a temporada, os Nets eran unha dos favoritos polos expertos como equipo revelación debido ao rendemento da temporada anterior. Con todo, Cassell lesionouse no primeiro partido da tempada e o equipo empezou mal. Cunha xeira de 3-15, os Nets enviaron Cassell a Chris Gatling aos Bucks, mentres que en troco chegou Stephon Marbury dos Minnesota Timberwolves.[18] Despois de dúas derrotas máis, Calipari foi destituído e substituído polo adestrador asistente Don Casey. O equipo nunca se recuperou do seu mal comezo para terminar en 16-34. A pesar do resultado, o equipo retivo a Casey como adestrador para a temporada 1999−00, mais os Nets comezaron a temporada co que entón supuxo o peor inicio da historia da franquía: 2-15. Melloraríanse despois diso, mais as lesións infestaron de novo o equipo e os Nets terminaron cunha marca de 31-51.

O 2 de xuño de 2000, os Nets contrataron como o presidente do equipo a Rod Thorn, un experimentado executivo da NBA coñecido por ser o que levou a Michael Jordan aos Bulls cando era director xeral dos de Chicago. Inmediatamente, comezou a ensamblar os compoñentes para formar o equipo máis talentoso da historia da franquía desde a consecución do título da ABA nos anos 1970. O primeiro paso foi a elección da ex-estrela da NBA Byron Scott como adestrador. Posteriormente os Nets elixirían a Kenyon Martin coa primeira elección dun frouxo Draft de 2000. Durante a temporada, Marbury e Van Horn deron un paso á fronte para se converter en estrelas, mais a pesar dos seus esforzos individuais, as constantes lesións obstaculizaron a química do equipo e os Nets non puideron chegar aos playoffs.

Campións de conferencia

editar
 
Jason Kidd (2001–2008).

Na noite do Draft de 2001, os Nets traspasaron os dereitos sobre a súa selección de primeira rolda (Eddie Griffin) aos Houston Rockets a troco de Richard Jefferson, Jason Collins e Brandon Armstrong. Ademais, na segunda rolda seleccionaron a Brian Scalabrine. Un día despois do Draft, o 28 de xuño, Thorn decidiu traspasar ao All-Star Stephon Marbury aos Phoenix Suns a cambio doutro base All-Star, Jason Kidd. Este movemento deu á franquía algo do que careceu durante practicamente toda a súa historia, un líder na pista que facía mellores aos seus compañeiros. A temporada 2001−02 resultou ser a mellor tempada na historia da NBA do equipo, e no proceso, os Nets convertéronse nun dos equipos máis emocionantes de ver. O equipo gañou o seu primeiro título da División Atlántico cun récord de 52-30, sendo ademais o cabeza de serie da Conferencia Leste nos Playoffs. Na primeira rolda agardaban os Indiana Pacers. Despois de perder o primeiro partido na casa, os Nets gañaron os dous seguintes encontros antes de perder o cuarto. No partido definitivo, o equipo de Nova Jersey gañaba por nove puntos a falta de cinco minutos, porén, unha canastra tripla de Reggie Miller dende unha distancia de máis de 10 metros enviaba o partido á prórroga. Na prolongación, os Nets conseguen gañar e pasar de rolda.

En semifinais de Conferencia gañan con menos problemas (4-1) aos Charlotte Hornets, clasificándose para xogar a final de conferencia por primeira vez na súa historia, sendo o rival os Boston Celtics. Esta serie é lembrada por dibo a que Jason Kidd tivo que xogar co ollo esquerdo por un golpe recibido durante un dos partidos. Despois de gañar o primeiro enfrontamento, os Nets perderon o segundo partido en casa. No terceiro partido, os de Nova Jersey gañaban de 21 no último cuarto, mais os Celtics conseguiron remontar (94-90) poñéndose por diante na serie. No cuarto partido, co encontro empatado a falta dun minuto para o final, os Nets conseguen levarse a vitoria grazas a uns tiros libres anotados por Harris a falta 6,6 segundos. Os Nets conseguirán gañar os dous seguintes partidos, o que supuxo o seu primeiro campionato de Conferencia da NBA. Con todo, nas Finais foron varridos polos Lakers de Shaquille O'Neal e Kobe Bryant.

Previo ao comezo da temporada 2002−03, os Nets trocaron a Van Horn para obter a Dikembe Mutombo procedente dos Philadelphia 76ers. Con todo, esta mudanza co fin de mellorar ao equipo non funcionou xa que Mutombo estivo no banco case toda a tempada por mor dunha lesión na boneca, ademais tampouco participaría moito nos playoffs debido a diferenzas co adestrador Byron Scott. A pesar da ausencia de Mutombo, o equipo finalizou cunha marca de 49-33 volvendo obter o título da División Atlántico. Nos playoffs de 2003, gañaron o seu segundo campionato de conferencia seguido. Derrotaron a Milwaukee Bucks en primeira rolda, e logo varreron aos Boston Celtics e aos Detroit Pistons para chegar ás Finais, esta vez enfrontándose aos San Antonio Spurs. A serie terminou empatada despois dos catro primeiros partidos, mais os Nets fixeron un errático quinto encontro perdendo. No sexto enfrontamento, aínda que os Nets gañaban por 10 puntos ao final do terceiro cuarto, un parcial de 19-0 dos Spurs concedeulles o título.

Tras acabar a temporada, Kidd converteuse en axente libre e os Spurs tentaron que asinase con eles. Con todo, Kidd volveu renovou cos Nets, alegando que tiña "traballo sen finalizar" en Nova Jersey. Outro factor decisivo foi a contratación do axente libre Alonzo Mourning. Porén, Mourning perderíase case toda a temporada 2003−04 por mor dunha infección renal. En 2004, volveron obter o título da División Atlántico, e despois de derrotar ao rival da localidade veciña, New York Knicks en primeira rolda, a súa carreira cara ao título de conferencia viuse interrompida nas semifinais ao ser derrotados polos Detroit Pistons, ao cabo campións da NBA.

Últimos anos en Nova Jersey

editar
 
Vince Carter (2004−2009).

Despois de dous campionatos de conferencia consecutivos, os Nets víronse forzados a desprenderse de Kerry Kittles e Kenyon Martin, aos Clippers e Nuggets respectivamente, xa que o novo propietario Bruce Ratner non tiña intención de pagarlles o resto do asinado nos seus contratos. Porén, un pobre comezo de tempada 2004−05 e a perda de Richard Jefferson para todo o ano por mor dunha lesión, levou aos Nets a reforzarse co xogador estrela dos Toronto Raptors, Vince Carter, en troque de Mourning, Eric Williams, Aaron Williams e eleccións no draft.

Aquela tempada, Vince Carter foi elixido para o All-Star Game. Orixinalmente nomeado como reserva, pasou a ser titular debido á lesión de Jermaine O'Neal. Xunto a Kidd, Carter levantou ao equipo de estar a máis de 10 partidos de entrar nos playoffs a conseguir o último posto da Conferencia Leste. Con todo, os Nets de novo non puideron frear O'Neal e, aínda coa volta de Jefferson, foron varridos polos Miami Heat na primeira rolda das eliminatorias.

A seguinte temporada comezou cunha marca negativa de 9-12. A pesar diso, apoiados no trío formado por Carter, Kidd e Jefferson, gañaron os seguintes 10 para acandar o liderado da división. O equipo finalizou a fase regular cunha marca de 49-33, conseguindo o cuarto título de división en cinco anos e o terceiro posto nos playoffs. En primeira rolda venceron por 4-2 aos Indiana Pacers, mais na seguinte eliminatoria volveríanse interpoñer os Miami Heat, que venceron por 4-1. Na temporada 2006−07, os Nets conseguiron un balance de 41-41, o que non lles chegou para repetir o título de división. O equipo entrou nos Playoffs como sexto clasificado da Conferencia Leste, xogando en primeira rolda aos Toronto Raptors, aos que eliminaron en seis partidos. Na seguinte eliminatoria, a temporada finalizou para as Nets tras caer por 4-2 fronte a Cleveland Cavaliers.

A seguinte campaña foi unha decepción para os afeccionados das Nets, que a pesar de comezar con grandes expectativas, o equipo non logrou clasificarse para a postemporada por primeira vez en sete anos. O 19 de febreiro de 2008, Jason Kidd, Malik Allen e Antoine Wright foron traspasados a Dallas Mavericks a cambio de Devin Harris, Keith Van Horn, Maurice Ager, DeSagana Diop, Trenton Hassell, tres millóns de dólares e as eleccións de primeira rolda dos drafts de 2008 e 2010. Os Nets seguían inmersos na reconstrución, proba diso foi o traspaso no verán de 2008 de Jefferson a Milwaukee Bucks a cambio de Yi Jianlian e Bobby Simmons. Porén, por segunda campaña consecutiva os Nets quedaban sen disputar os playoffs. Ademais, á baixa de Kidd e Jefferson acabouse sumando a de Vince Carter, quen foi traspasado xunto con Ryan Anderson a Orlando Magic por Rafer Alston, Courtney Lee e Tony Battie.

Sen o seu tridente dos últimos anos, a 2009−10 foi a peor temporada da historia da franquía. De feito, comezaron a temporada cunha marca de 0-18, o que no momento supuxo o peor comezo dun equipo na historia da NBA. Os de Nova Jersey acabaron a campaña cunha marca de 12 vitorias e 70 derrotas, sendo así o quinto equipo que caía derrotado en 70 ocasións nunha tempada xunto aos Philadelphia 76ers de 1973 (9-73), Los Angeles Clippers de 1987 (12-70), os Dallas Mavericks de 1993 (11-71) e os Denver Nuggets de 1998 (11-71).

Nacen os Brooklyn Nets

editar
 
Deron Williams (2011−2015).

En 2004, despois de fracasar nun acordo para construír un novo estadio en Newark, YankeeNets vendeu a franquía a un grupo liderado polo empresario inmobiliario Bruce Ratner por 300 millóns de dólares. O grupo, vendo a imposibilidade da construción dun novo pavillón en Nova Jersey, anunciou os seus plans de levar de volta o equipo a Nova York, concretamente ao distrito de Brooklyn. Tras a finalización da construción do novo pavillón, chamado Barclays Center, o 23 de abril de 2012, os Nets xogaron o seu último partido en Nova Jersey, onde perderon por 87-105 contra os Philadelphia 76ers. O seu na temporada 2011−12 foi de 22 vitorias por 44 derrotas.

Tras o traslado a Brooklyn, o propietario do equipo, o multimillonario ruso Mikhail Prokhorov, prometeu que o equipo loitaría desde a súa primeira temporada en Nova York polo campionato. O primeiro paso sería renovar ao piar do equipo, Deron Williams, para tratar de construír con el un equipo aspirante desde o comezo. Tras fallar no traspaso do pivote Dwight Howard dos Orlando Magic, os Nets asinaron ao escolta Joe Johnson, naquel momento estrela dos Atlanta Hawks. Ademais, tamén renovaron a Gerald Wallace e a Brook Lopez. O primeiro partido na historia dos Brooklyn Nets foi ante os Toronto Raptors, con vitoria para os neoiorquinos por 107-100. Ao final da fase regular o equipo acaba cun rexistro de 49 vitorias por 33 derrotas, o que lles permite ocupar o segundo posto da División Atlántico e xogar os Playoffs polo título. Nas eliminatorias, a pesar de ter a vantaxe como local, fracasan ao caer en primeira rolda ante os Chicago Bulls, que conseguiron a vitoria na serie tras gañar aos Nets no seu pavillón no sétimo partido por 93-99.

O ano seguinte os Nets tentan encher o seu cadro de xogadores con máis estrelas, nunha tentativa de superar os resultados do ano anterior. No banco chegaría a ex-estrela do equipo Jason Kidd, ademais traspasarían a Gerald Wallace, Kris Humphries e tres futuras elección do Draft en troques dos all-stars Kevin Garnett e Paul Pierce, ademais de Jason Terry. Estes fichaxes aumentaron a expectativa da franquía de cara a conseguir grandes resultados. Porén, o rexistro en temporada regular foi inferior ao da camapaña anterior, conseguindo 44 vitorias (cinco menos que na temporada pasada) por 38 derrotas. A pesar diso, os Nets repetiron como segundos da División Atlántico e clasificáronse de novo para os Playoffs. Esta vez o rival en primeira rolda serían os Toronto Raptors, que partían como favoritos ao ter a vantaxe de campo. Mais a diferenza do ano anterior, os Nets conseguiron superar a eliminatoria tras gañar no partido definitivo por 104–103, cun tapón de Paul Pierce no último segundo que impediu a remontada dos de Toronto. Nas semifinais de Conferencia agardaban un dos grandes favoritos da liga, os Miami Heat de LeBron James, Dwyane Wade e Chris Bosh. Os de Florida levaríanse a eliminatoria por 4-1.

Rivalidades

editar

Boston Celtics

editar
 
Partido entre os Nets e os Celtics no Barclays Center en 2012.

A rivalidade dos Nets cos Boston Celtics comezou a principios da década de 2000 debido á proximidade xeográfica e ás súas estrelas incipientes. Os Nets estaban liderados por Jason Kidd e Kenyon Martin, mentres que os Celtics estaban a rexurdir da man de Paul Pierce e Antoine Walker. A rivalidade comezou a caldearse nas Finais da Conferencia Leste de 2002, que foi precedida por comentarios ofensivos dos Celtics que afirmaban que Martin era un "falso" tipo duro. A presión foi aumentando co desenvolvemento da serie, e as tensións da pista parecían discorrer cara ás bancadas. Afeccionados dos Celtics increparon a Kidd e a súa familia, con cánticos de "Wife Beater!" (do inglés: maltratador) en resposta aos cargos do xogador por abuso familiar en 2001.[19] Cando a serie regresou a Nova Jersey, os fans das Nets responderon, con esgrimindo algúns carteis que dicían: "Will someone please stab Paul Pierce?" (do inglés: Por favor, podería alguén acoitelar a Paul Pierce?) referíndose a un incidente nunha discoteca no ano 2000 na que Pierce foi acoitelado once veces.[20] Preguntado pola situación, Kenyon Martin declarou: "Os nosos fans ódianos, os seus fans ódiannos". Bill Walton declarou que a serie Nets-Celtics foi o "principio da seguinte gran rivalidade da NBA".

En 2012, existían indicios de que a rivalidade podería terse reavivado cando ocorreu un altercado na pista nun partido disputado o 28 de novembro, o cal resultou na expulsión de Rajon Rondo, Gerald Wallace e Kris Humphries. Rondo foi suspendido posteriormente durante dous partidos, mentres que Wallace e Kevin Garnett foron multados. A historia foi reavivada o 25 de decembro, cando noutro partido Wallace agarrou os pantalóns de Garnett, tendo que ser separados ambos polos arbitros e os seus compañeiros.

Porén, a rivalidade entre as Nets e os Celtics pareceu arrefriarse significativamente en xuño de 2013 grazas ao traspaso que enviaba ás estrelas dos Celtics Garnett e Paul Pierce aos Nets en troques de Wallace, Humphries e outros. Esta medida foi considerada como unha fusión entre os dous equipos da División Atlántico. O locutor Celtics Sean Grande dixo: "É case coma se encontrásemos un moi bo lar para estes mozos. Non poderían ter encontrado un lugar mellor. Estes rapaces van estar no mercado de Nova York, nun equipo competitivo onde sairán na televisión nacional. É curioso, porque o inimigo do meu inimigo é o meu amigo. Así que, cos afeccionados dos Celtics sentíndose como se senten cos Heat e cos Knicks, os Nets case van ser case o segundo equipo de [Boston]".[21]

New York Knicks

editar

A rivalidade entre os Nets e os Knicks é historicamente xeográfica, cos Knicks xogando no Madison Square Garden no distrito neoiorquino de Manhattan e os Nets no contorno de Long Island e Nova Jersey e, actualmente, no distrito de Brooklyn. Os medios de comunicación teñen sinalado a similitude da rivalidade entre Knicks e Nets á doutros equipos da cidade de Nova York, como a dos New York Yankees e os Nova York Mets da MLB de béisbol, e a dos New York Giants e os New York Jets da NFL de fútbol americano. Historicamente, os distritos de Manhattan e Brooklyn competiron a través da rivalidade entre Giants e Dodgers, cando este último era coñecido como Brooklyn Dodgers. A rivalidade entre os New York Islanders e os New York Rangers da NHL de hóckey sobre xeo tamén é entre un equipo de Manhattan e un de Brookly despois do traslado dos Islanders ao Barclays Center en 2015. Debido á situación xeográfica dos dous distritos, algúns medios de comunicación bautizaron esta rivalidade como "Clash of the Boroughs" (do inglés: o choque dos distritos).

Toronto Raptors

editar

A rivalidade entre os Nets e os Toronto Raptors comezou en 2004, cando o entón escolta dos Raptors Vince Carter fora traspasado aos New Jersey Nets. Con todo, os dous equipos non se encontrarían nos Playoffs até 2007, ano no que os Nets derrotaron aos Raptors en primeira rolda por 4-2, nun ingualado último partido que se decidiu cunha canastra de Richard Jefferson a falta de 8 segundos para o final do partido (98-97). Sete anos máis tarde, os dous os equipos volveron coincidir na primeira rolda do Playoffs. A serie precisaría dun sétimo partido de desempate, onde os Nets se levarían de novo a vitoria grazas a un tapón de Paul Pierce no último segundo (104-103). A serie viuse tamén afectada polos comentarios ofensivos do Director Xeral dos Raptors, Masai Ujiri, a un seareiro dos Nets nos exteriores do Air Canada Centre de Toronto antes do primeiro partido. Ujiri desculpouse máis tarde no descanso do encontro.

Administración

editar

O oficina central dos Nets en está formada, entre outros, por Mikhail Prokhorov (principal propietario), Dmitry Razumov (presidente da xunta directiva), Irina Pavlova (presidenta), Billy King (director xeral) e Frank Zanin (director xeral asistente).[22]

Historial de propiedade

editar
 
Mikhail Prokhorov, actual propietario da franquía.

O propietario orixinal da franquía dos Nets foi o magnate dos camións Arthur J. Brown, o cal fundou o equipo entre 1967 dentro da American Basketball Association co nome de New Jersey Americans. O ano seguinte, Brown trasladou o equipo a Long Island e mudou o nome da franquía a New York Nets, vendendo o equipo 1,1 millóns de dólares ao emprendedor Roy Boe. Debido ás perdas económicas sufridas polo equipo mentres estaba en Long Island, Boe trasladou ao equipo de volta a Nova Jersey en 1977, vendéndoo un ano despois anos a un grupo de sete homes de negocios locais liderados por Alan N. Cohen e Joseph Taub, os cales se foron coñecidos como os "Secaucus Seven".

Despois de numerosos anos como propietarios e múltiples intentos de mellorar a situación financeira do equipo, os "Secaucus Seven" venden o equipo en 1998 a un grupo de promotores inmobiliarios locais liderados por Raymond Chambers e Lewis Katz. Este grupo, autodenomidado "Community Youth Organization" (CYO, grupo comunitario xuvenil), marcouse como obxectivo trasladar o equipo a Newark. O ano seguinte o grupo asinou un acordo co dono dos New York Yankees George Steinbrenner para formar "YankeeNets", unha sociedade holding que sería a propietaria dos dous equipos, á cal se uniron máis tarde os New Jersey Devils, cuxo obxectivo era incrementar a influencia á hora de asinar futuros contratos de transmisión de radio e televisión. Após recibir ofertas de numerosas emisoras, incluíndo á que era nese momento a dona dos dereitos Cablevision, YankeeNets decidiu lanzar a súa propia televisión deportiva rexional chamada YES Network.

YankeeNets fallaría finalmente na súa tentativa de asegurar un trato coa cidade de Newark para construír un novo pavillón. Nese punto, as tensión entre a administracións dos Yankees, Nets e Devils provocou unha fenda entre eles, polo que decidiron dividir o grupo. Co seu plan para trasladar aos Nets ca morto, o CYO puxo o equipo en venda. Após un curto proceso de licitación, o grupo conseguiu un acordo co promotor inmobiliario Bruce Ratner para comprar o equipo por 300 millóns de dóleres, derrotando a unha oferta similar de Charles Kushner e o senador Jon S. Corzine. A intención de Ratner coa adquisición da franquía era trasladala a un novo pavillón en Brooklyn, peza central do seu proxecto urbanístico de grande escala Atlantic Yards.

O 24 de setembro de 2009, Mikhail Prokhorov, o terceiro home máis rico de Rusia segundo a revista Forbes, confirmou a súa intención de converterse en propietario maioritario dos Nets. O home de negocios ruso enviou unha oferta aos donos do equipo solicitando o control accionarial do club para á súa compañía, Onexim, por un prezo simbólico. En troco, Prokhorov financiaría un préstamo para a construción dun pavillón de 700 millóns de dólares en Brooklyn, ademais de fondos adicionais de bancos occidentais. A súa intención era a de axudar a empuxar o baloncesto en Rusia a un novo nivel de desenvolvemento. O 11 de maio de 2010, tras a aprobación dos demais propietarios da NBA, Prokhorov converteuse no propietario principal dos Nets.

Instalacións

editar

Pavillóns

editar
 
O Barclays Center.
Pavillón Localización Estado Período
Inicio Fin
Teaneck Armory Teaneck   Nova Jersey 1967 1968
Long Island Arena Commack   Nova York 1968 1969
Island Garden West Hampstead   Nova York 1969 1972
Nassau Veterans Memorial Coliseum Uniondale   Nova York 1972 1977
Rutgers Athletic Center Piscataway   Nova Jersey 1977 1981
Continental Airlines Arena / Izod Center East Rutherford   Nova Jersey 1981 2010
Prudential Center Newark   Nova Jersey 2010 2012
Barclays Center Nova York   Nova York 2012

Instalacións de adestramento

editar

As instalacións de adestramento, así como as oficinas do club, están situadas desde o ano 1998 no "PNY Center", un complexo cunha superficie de máis de 6.000 situado en East Rutherford, Nova Jersey.[23] Antes diso, o equipo adestraba no APA Recreation Center en North Bergen, Nova Jersey, compartindo vestiarios cos camioneiros que utilizaban as instalación.[23] Porén, a raíz do Furacán Sandy en novembro de 2012, o PNY Center sufriu inundacións e graves danos na subministración de enerxía, polo que durante meses o equipo utilizou as pequenas áreas de adestramento que dispón o Barclays Center no seu interior.[24]

O 26 de xuño de 2014, os Nets anunciaron a súa intención de trasladarse a un centro de adestramento situado no complexo Industry City de Sunset Park, en Brooklyn. As novas instalacións, que levaran o nome de "Hospital for Special Surgery Training Center" (HSS Center), serán construídas no teito dun almacén baleiro, contando cunha superficie total superior aos 6.500 m². Este proxecto de renovación terá un custo de aproximadamente 50 millóns de dólares.[25]

Temporadas

editar
Campións de liga Campións de conferencia Campións de división En posición de playoffs
Ano Liga Conferencia División Tempada regular Playoffs Adestrador
Posto Vitorias Derrotas %
New Jersey Americans
1967–68 ABA Leste 36 42 .456 Max Zaslofsky
New York Nets
1968–69 ABA Leste 17 61 .218 Max Zaslofsky
1969–70 ABA Leste 39 45 .464 Perdida Primeira Rolda (Kentucky) 4–3 York Larese
1970–71 ABA Leste 40 44 .476 Perdida Primeira Rolda (Virginia) 4–2 Lou Carnesecca
1971–72 ABA Leste 44 40 .524 Gañada Primeira Rolda (Kentucky) 4–2
Gañadas Semifinais da ABA (Virginia) 4–2
Perdidas Finais da ABA (Indiana) 4–2
Lou Carnesecca
1972–73 ABA Leste 30 54 .357 Perdida Primeira Rolda (Carolina) 4–1 Lou Carnesecca
1973–74 ABA Leste 55 29 .655 Gañada Primeira Rolda (Virginia) 4–1
Gañadas Semifinais da ABA (Kentucky) 4–0
Gañadas Finais da ABA (Utah) 4–1
Kevin Loughery
1974–75 ABA Leste 58 26 .690 Perdida Primeira Rolda (St. Louis) 4–1 Kevin Loughery
1975–76 ABA 55 29 .655 Gañadas Semifinais da ABA (San Antonio) 4–3
Gañadas Finais da ABA (Denver) 4–2
Kevin Loughery
1976–77 NBA Leste Atlántico 22 60 .268 Kevin Loughery
New Jersey Nets
1977–78 NBA Leste Atlántico 24 58 .293 Kevin Loughery
1978–79 NBA Leste Atlántico 37 45 .451 Perdida Primeira Rolda (Philadelphia) 2–0 Kevin Loughery
1979–80 NBA Leste Atlántico 34 48 .415 Kevin Loughery
1980–81 NBA Leste Atlántico 24 58 .293 Kevin Loughery
Bob MacKinnon
1981–82 NBA Leste Atlántico 44 38 .537 Perdida Primeira Rolda (Washington) 2–0 Larry Brown
1982–83 NBA Leste Atlántico 49 33 .598 Perdida Primeira Rolda (New York) 2–0 Larry Brown
Bill Blair
1983–84 NBA Leste Atlántico 45 37 .549 Gañada Primeira Rolda (Philadelphia) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Milwaukee) 4–2
Stan Albeck
1984–85 NBA Leste Atlántico 42 40 .512 Perdida Primeira Rolda (Detroit) 3–0 Stan Albeck
1985–86 NBA Leste Atlántico 39 43 .476 Perdida Primeira Rolda (Milwaukee) 3–0 Dave Wohl
1986–87 NBA Leste Atlántico 24 58 .293 Dave Wohl
1987–88 NBA Leste Atlántico 19 63 .232 Dave Wohl
Bob MacKinnon
Willis Reed
1988–89 NBA Leste Atlántico 26 56 .317 Willis Reed
1989–90 NBA Leste Atlántico 17 65 .207 Bill Fitch
1990–91 NBA Leste Atlántico 26 56 .317 Bill Fitch
1991–92 NBA Leste Atlántico 40 42 .488 Perdida Primeira Rolda (Cleveland) 3–1 Bill Fitch
1992–93 NBA Leste Atlántico 43 39 .524 Perdida Primeira Rolda (Cleveland) 3–2 Chuck Daly
1993–94 NBA Leste Atlántico 45 37 .549 Perdida Primeira Rolda (New York) 3–1 Chuck Daly
1994–95 NBA Leste Atlántico 30 52 .366 Butch Beard
1995–96 NBA Leste Atlántico 30 52 .366 Butch Beard
1996–97 NBA Leste Atlántico 26 56 .317 John Calipari
1997–98 NBA Leste Atlántico 43 39 .524 Perdida Primeira Rolda (Chicago) 3–0 John Calipari
1998–99 NBA Leste Atlántico 16 34 .320 John Calipari
Don Casey
1999–00 NBA Leste Atlántico 31 51 .378 Don Casey
2000–01 NBA Leste Atlántico 26 56 .317 Byron Scott
2001–02 NBA Leste Atlántico 52 30 .634 Gañada Primeira Rolda (Indiana) 3–2
Gañadas Semifinais de Conferencia (Charlotte) 4–1
Gañadas Finais de Conferencia (Boston) 4–2
Perdidas Finais da NBA (Los Angeles Lakers) 4–0
Byron Scott
2002–03 NBA Leste Atlántico 49 33 .598 Gañada Primeira Rolda (Milwaukee) 4–2
Gañadas Semifinais de Conferencia (Boston) 4–0
Gañadas Finais de Conferencia (Detroit) 4–0
Perdidas Finais da NBA (San Antonio) 4–2
Byron Scott
2003–04 NBA Leste Atlántico 47 35 .573 Gañada Primeira Rolda (New York) 4–0
Perdidas Semifinais de Conferencia (Detroit) 4–3
Byron Scott
Lawrence Frank
2004–05 NBA Leste Atlántico 42 40 .512 Perdida Primeira Rolda (Miami) 4–0 Lawrence Frank
2005–06 NBA Leste Atlántico 49 33 .598 Gañada Primeira Rolda (Indiana) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Miami) 4–1
Lawrence Frank
2006–07 NBA Leste Atlántico 41 41 .500 Gañada Primeira Rolda (Toronto) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Cleveland) 4–2
Lawrence Frank
2007–08 NBA Leste Atlántico 34 48 .415 Lawrence Frank
2008–09 NBA Leste Atlántico 34 48 .415 Lawrence Frank
2009–10 NBA Leste Atlántico 12 70 .146 Lawrence Frank
Tom Barrise
Kiki Vandeweghe
2010–11 NBA Leste Atlántico 24 58 .293 Avery Johnson
2011–12 NBA Leste Atlántico 22 44 .333 Avery Johnson
Brooklyn Nets
2012–13 NBA Leste Atlántico 49 33 .598 Perdida Primeira Rolda (Chicago), 4–3 Avery Johnson
P. J. Carlesimo
2013–14 NBA Leste Atlántico 44 38 .537 Gañada Primeira Rolda (Toronto), 4–3
Perdidas Semifinais de Conferencia (Miami), 4–1
Jason Kidd
2014–15 NBA Leste Atlántico 38 44 .463 Perdida Primeira Rolda (Atlanta), 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Miami), 4–1
Lionel Hollins
Tempada Regular 1.713 2.181 .440 1967–2015
Playoffs 99 112 .469 1967–2015

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Brooklyn Nets 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E/A 1   Bridges, Mikal 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (209 lb) Villanova
AP/P 33   Claxton, Nic 2.11 m (6 ft 11 in) 98 kg (215 lb) Georgia
A/AP 21   Clowney, Noah 2.08 m (6 ft 10 in) 95 kg (210 lb) Alabama
B/E 26   Dinwiddie, Spencer 1.96 m (6 ft 5 in) 98 kg (215 lb) Colorado
A/AP 28   Finney-Smith, Dorian 2.01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Florida
AP/P 14   Giles III, Harry 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) Duke
A/AP 2   Johnson, Cameron 2.03 m (6 ft 8 in) 95 kg (210 lb) North Carolina
B/E 45   Johnson, Keon 1.96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) Tennessee
A/AP 00   O'Neale, Royce 1.98 m (6 ft 6 in) 103 kg (226 lb) Baylor
A/AP 20   Sharpe, Day'Ron 2.11 m (6 ft 11 in) 120 kg (265 lb) North Carolina
E/A 10   Simmons, Ben 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) LSU
B/E 4   Smith Jr., Dennis 1.88 m (6 ft 2 in) 93 kg (205 lb) NC State
B/E 24   Thomas, Cam 1.91 m (6 ft 3 in) 95 kg (210 lb) LSU
E/A 8   Walker, Lonnie IV 1.93 m (6 ft 4 in) 93 kg (204 lb) Miami (FL)
A/AP 9   Watford, Trendon 2.03 m (6 ft 8 in) 108 kg (237 lb) LSU
A/AP 0   Whitehead, Dariq 2.01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Duke
A/AP 22   Wilson, Jalen 2.03 m (6 ft 8 in) 102 kg (225 lb) Kansas
Adestrador
Asistente(s)
  •   Ronnie Burrell
  •   Adam Caporn
  •   Ryan Forehan-Kelly
  •   Trevor Hendry
  •   Jay Hernandez
  •   Kevin Ollie

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 28-01-2024

Líderes históricos

editar

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía. "Nome*" inclúe puntos anotados para o equipo na época da ABA.

Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[26]

  1. Buck Williams (10.440)
  2. Vince Carter (8.834)
  3. Richard Jefferson (8.507)
  4. Brook Lopez (7.404)
  5. Jason Kidd (7.373)
  6. John Williamson* (7.202)
  7. Julius Erving* (7.104)
  8. Kerry Kittles (7.096)
  9. Derrick Coleman (6.930)
  10. Chris Morris (6.762)
  11. Mike Gminski (6.415)
  12. Billy Paultz* (6.297)
  13. Bill Melchionni* (6.230)
  14. Otis Birdsong (5.968)
  15. Keith Van Horn (5.700)
  16. Albert King (5.595)
  17. Kendall Gill (4.932)
  18. Darwin Cook (4.699)
  19. Kenny Anderson (4.655)
  20. Deron Williams (4.609)
  21. Kenyon Martin (4.269)
  22. Rick Barry* (4.252)
  23. Stephon Marbury (3.963)
  24. Bernard King (3.901)
  25. Brian Taylor* (3.804)
  26. Drazen Petrovic (3.798)
  27. Devin Harris (3.747)
  28. Darryl Dawkins (3.687)
  29. Walt Simon* (3.634)
  30. Armen Gilliam (3.611)

Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[26]

Minutos xogados

  1. Buck Williams (23.100)
  2. Jason Kidd (18.733)
  3. Richard Jefferson (17.499)
  4. Kerry Kittles (16.686)
  5. Bill Melchionni* (15.337)

'Rebotes

  1. Buck Williams (7.576)
  2. Billy Paultz* (4.544)
  3. Derrick Coleman (3.690)
  4. Mike Gminski (3.671)
  5. Jason Kidd (3.662)

Asistencias

  1. Jason Kidd (4.620)
  2. Bill Melchionni* (3.044)
  3. Kenny Anderson (2.363)
  4. Deron Williams (2.078)
  5. Darwin Cook (1.970)

Roubos

  1. Jason Kidd (950)
  2. Darwin Cook (875)
  3. Kerry Kittles (803)
  4. Chris Morris (784)
  5. Kendall Gill (652)

Tapóns

  1. George Johnson (863)
  2. Brook Lopez (724)
  3. Buck Williams (696)
  4. Mike Gminski (599)
  5. Derrick Coleman (559)

Dorsais retirados

editar
Dorsais retirados polos Brooklyn Nets
Xogador Posición Período Data de retiro do Nº
3 Dražen Petrović E 1990–93 11 de novembro de 1993
5 Jason Kidd B 2001–08 17 de outubro de 2013
23 John Williamson E 1973–80 7 de decembro de 1990
25 Bill Melchionni B 1969–76 Setembro de 1976
32 Julius Erving A 1973–76 3 de abril de 1987
52 Buck Williams AP 1981–89 11 de abril de 1999

Basketball Hall of Fame

editar
Membros do Basketball Hall of Fame dos Brooklyn Nets
Xogadores
Nome Posición Período Ano de ingreso
24 Rick Barry 1 2 A 1970–72 1987
1 Nate Archibald 1 B 1976–77 1991
32 Julius Erving 1 2 A 1973–76 1993
21 Bob McAdoo P 1981 2000
3 Dražen Petrović E 1990–93 2002
34 Mel Daniels 1 P 1976 2012
22
30
Bernard King A 1977–79
1992–93
2013
33 Alonzo Mourning P 2003–04 2014
55 Dikembe Mutombo P 2002–03 2015
Adestradores
Nome Posición Período Ano de ingreso
Lou Carnesecca 1 2 Adestr. 1970–73 1992
Chuck Daly 3 Adestr. 1992–94 1994
Larry Brown Adestr. 1981–83 2002
John Calipari Adestr. 1996–99 2015
Notas:
  • 1 Xogou ou adestrou cando o equipo era coñecido como New York Nets.
  • 2 Xogador ou adestrador durante a estadía do equipo na ABA.
  • 3 En total, Daly foi incluído no HAll of Fame dúas veces, unha como adestrador e outra como membro do Equipo Olímpico de 1992.

Galardóns individuais

editar

Adestradores

editar
P Partidos adestrados
V Vitorias
D Derrotas
V% Porcentaxe de vitorias
# Número de adestrador
Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Americans/Nets
Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador
Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador
e pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Americans/Nets
# Nome Anos P V D V% P V D V% Logros
Tempada regular Playoffs
1 Max Zaslofsky 1967-1969 156 53 103 .400
2 York Larese 1969-1970 84 39 45 .464 7 3 4 .429
3 Lou Carnesecca 1970-1973 252 114 138 .452 30 13 17 .433
4 Kevin Loughery 1973-1980 615 297 318 .483 34 21 13 .618 2 Campionatos da ABA (1974, 1976)
5 Bob MacKinnon 1980−1981 47 12 35 .255
6 Larry Brown 1981-1983 158 91 67 .576 2 0 2 .000
7 Bill Blair 1983 6 2 4 .333 2 0 2 .000
8 Stan Albeck 1983-1985 164 87 77 .530 14 5 9 .357
9 Dave Wohl 1985-1987 179 65 114 .363 3 0 3 .000
Bob MacKinnon 1987−1988 39 10 29 .256
10 Willis Reed 1988-1989 110 33 77 .300
11 Bill Fitch 1989-1992 246 83 163 .337 4 1 3 .250 Incluído nos 10 mellores adestradores da historia da NBA
12 Chuck Daly 1992-1994 164 88 76 .537 9 3 6 .333 Incluído nos 10 mellores adestradores da historia da NBA
13 Butch Beard 1994-1996 164 60 104 .366
14 John Calipari 1996-1999 184 72 112 .391 3 0 3 .000
15 Don Casey 1999-2000 112 44 68 .393
16 Byron Scott 2000-2004 288 149 139 .517 40 25 15 .625 2 Campionatos da Conferencia Leste (2002, 2003)
17 Frank, LawrenceLawrence Frank 2004-2009 466 225 241 .483 38 18 20 .474
18 Tom Barrise 2009 2 0 2 .000
19 Kiki Vandeweghe 2009−2010 64 12 52 .188
20 Avery Johnson 2010-2012 176 60 116 .341
21 P. J. Carlesimo 2012−2013 54 35 19 .648 7 3 4 .429
22 Jason Kidd 2013−2014 82 44 38 .537 12 5 7 .417
23 Lionel Hollins 2014- 82 38 44 .463 6 2 4 .333
  1. "How did it all start?" (PDF). Remember the ABA (en inglés). 25 de abril de 2005. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "New Jersey Americans". Remember the ABA (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  3. "1967-68 ABA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  4. "1968-69 ABA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  5. "1971-72 ABA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  6. "1972-73 ABA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  7. "1973-74 ABA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  8. "1974-75 ABA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  9. "1975-76 ABA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  10. "New York Nets". Remember the ABA (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  11. "1976-77 NBA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  12. "1982-83 NBA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  13. "1983-84 NBA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  14. "1984-85 NBA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  15. "1993-94 NBA Season Summary". Basketball Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  16. "Petulant prima donnas like New Jersey's Derrick Coleman are bad news fot he NBA". Sports Illustrated. 30 de xaneiro de 1995. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  17. "1998 Playoff Results". NBA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  18. Broussard, Chris (12 de marzo de 1999). "Marbury, a Schoolyard Hero, Returns to Don a Nets Jersey". The New York Times (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  19. Wilstein, Steve (31 de maio de 2002). "Celtics fans' taunts hurt Jason Kidd's wife". Amarillo Golbe-News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  20. Nance, Roscoe (31 de maio de 2002). "Nets, Celtics heating it up". USA Today (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  21. "Grande: Celtics found 'good home' for KG, Pierce". CSNNE.com (en inglés). 20 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  22. "Nets Front Office". Brooklyn Nets (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  23. 23,0 23,1 Popper, Steve (18 de febreiro de 1998). "Pro Basketball; Nets' New Practice Facility Befits a First-Class Team". The New York Times (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2015. 
  24. Bontemps, Tim (1 de novembro de 2012). "Damage moves Nets practices". New York Post (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2015. 
  25. Bondy, Stefan (26 de xuño de 2014). "Nets will be all-Brooklyn by 2015-16: Team unveils $50M Industry City training center". New York Daily News (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2015. 
  26. 26,0 26,1 "Nets: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar