Dennis Smith Jr.
Dennis Cliff Smith Jr., nado o 25 de novembro de 1997 en Fayetteville, Carolina do Norte, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA). Con 1,91 metros de estatura xoga na posición de base.
![]() | |
Charlotte Hornets – No. 8 | |
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 25 de novembro de 1997 (25 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Trinity Christian School (Fayetteville, North Carolina) |
Universidade | NC State (2016–2017) |
NBA Draft | 2017 / Rolda: 1 / Elección: 9 Por Dallas Mavericks |
Carreira | dende 2017 |
Historial de equipos | |
Dallas Mavericks (2017–2019) New York Knicks (2019–2021) Detroit Pistons (2021) Portland Trail Blazers (2021–2022) Charlotte Hornets (2022–presente) |
Traxectoria profesional Editar
Smith foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Dallas Mavericks.[1] O 5 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie.[2]
O 31 de xaneiro de 2019, Smith foi traspasado xunto a Wesley Matthews, DeAndre Jordan e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Kristaps Porziņģis, Trey Burke, Courtney Lee e Tim Hardaway Jr..[3]
O 8 de febreiro de 2021, Smith foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Derrick Rose.[4][5]
O 23 de setembro de 2021, Smith asinou cos Portland Trail Blazers.[6]
Notas Editar
- ↑ "Mavericks select Dennis Smith Jr. with ninth overall pick in 2017 NBA Draft". mavs.com. 22 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017.
- ↑ "Mavs sign first-round pick Dennis Smith Jr.". mavs.com. 5 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Knicks Acquire Derrick Rose". NBA.com. 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021.
- ↑ "Detroit Pistons Acquire Guard Dennis Smith Jr. and a Future Second-Round Pick From New York Knicks In Exchange For Derrick Rose". NBA.com. 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021.
- ↑ "Trail Blazers announce Training Camp roster". NBA.com. 23 de setembro de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2021.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 28 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)