DeAndre Jordan

baloncestista estadounidense

Hyland DeAndre Jordan, Jr., nado o 21 de xullo de 1988 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). Con 2,11 metros de estatura xoga na posición de pivote.

DeAndre Jordan
Denver Nuggets – No. 6
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 21 de xullo de 1988 (35 anos)
Houston, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 120 kg (265 lb)
Información da carreira
Instituto Christian Life Center Academy
(Humble, Texas)
Universidade Texas A&M (2007–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 35
Por Los Angeles Clippers
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2008–2018)
Dallas Mavericks (2018–2019)
New York Knicks (2019)
Brooklyn Nets (2019–2021)
Los Angeles Lakers (2021–2022)
Philadelphia 76ers (2022)
Denver Nuggets (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

Jordan foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Los Angeles Clippers. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 19 de xaneiro de 2009 contra os Minnesota Timberwolves, onde fixo 8 puntos, 10 rebotes e 6 tapóns en 34 minutos de xogo.

O 11 de decembro de 2011, Jordan asinou unha oferta dos Golden State Warriors por 4 anos e 43 millóns de dólares.[1] Porén, os Clippers decidiron igualar a oferta un día despois e quedar con Jordan.[2]

Na tempada 2013-14, foi o máximo reboteador da liga con 13.6 rebotes por encontro, ademais de ser tamén o líder en porcentaxe de tiros de campo, cun 67.6 de tiros anotados.

O 31 de xaneiro de 2019, Jordan foi traspasado xunto a Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Kristaps Porziņģis, Trey Burke, Courtney Lee e Tim Hardaway Jr..[3]

O 6 de xullo de 2019, Jordan asinou cos Brooklyn Nets.[4] O 3 de setembro de 2021, Jordan foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Sekou Doumbouya e Jahlil Okafor,[5] e foi cortado polos Pistons o 7 de setembro de 2021.

O 9 de setembro de 2021, Jordan asinou cos Los Angeles Lakers.[6]

Notas editar

  1. "Warriors Sign Center DeAndre Jordan To Offer Sheet". NBA.com. 11 de decembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2011. 
  2. "CLIPPERS MATCH OFFER SHEET, RE-SIGN DEANDRE JORDAN". NBA.com. 12 de decembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2011. 
  3. "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  4. "Brooklyn Nets sign DeAndre Jordan". NBA.com. 6 de xullo de 2019. 
  5. "Brooklyn Nets Complete Trade With Detroit Pistons". NBA.com. 4 de setembro de 2021. Consultado o 4 de setembro de 2021. 
  6. "Lakers Sign DeAndre Jordan". NBA.com. 9 de setembro de 2021. Consultado o 9 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar