21 de setembro
día do ano
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 21 de setembro é o 264º día do ano do calendario gregoriano e o 265º nos anos bisestos. Quedan 101 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 672 - Comeza o reinado de Vamba, monarca dos visigodos (até 680), sucedendo a Recesvinto que morrera o 1 de setembro dese mesmo ano.
- 1910 - En México fúndase a Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM).
- 1964 - Independencia de Malta.
- 1981 - Independencia de Belize.
- 2004 - O Parlamento de Galicia aproba por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
Nacementos
editar- 1415 - Frederico III, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (m. 1493).
- 1737 - Francis Hopkinson, autor americano e firmante da Declaración da Independencia
- 1756 - John Loudon McAdam, enxeñeiro británico. (m. 1836).
- 1823 - Leopoldo Martínez Padín, historiador, xornalista e poeta galego. (m. 1850).
- 1853 - Heike Kamerlingh Onnes, físico holandés, Premio Nobel de Física en 1913 (m. 1926).
- 1863 - Gerardo Doval Rodríguez Formoso, avogado e político galego (m. 1940).
- 1866 - H.G. Wells, escritor británico (m. 1946).
- 1866 - Charles Nicolle, médico francés especialista en microbioloxía, Premio Nobel de Medicina en 1928 (m. 1936).
- 1866 - Bernardo Mateo Sagasta Echeverría, enxeñeiro agrónomo e político galego (m. 1937).
- 1870 - Julián Besteiro Fernández, político español, presidente da UXT e do PSOE (m. 1940).
- 1870 - Prudencio Rovira Pita, avogado, político e xornalista galego (m. 1960).
- 1874 - Gustav Holst, compositor británico (m. 1934).
- 1890 - Enrique Campo Sobrino, pintor e debuxante galego (m. 1911).
- 1894 - José María Fernández Colmeiro, médico e político galego (m. 1959).
- 1895 - Sergei Esenin, poeta ruso (m. 1925).
- 1895 - Juan de la Cierva Codorníu, enxeñeiro e científico aeronáutico español (m. 1936).
- 1902 - Luis Cernuda Bidón, poeta e crítico literario español (m. 1963).
- 1909 - Kwame Nkrumah (Francis Nwia-Kofi Ngoloma), político ghanés, fundador e primeiro presidente de Ghana (m. 1972).
- 1919 - Mario Bunge, físico e filósofo arxentino, Premio Príncipe de Asturias en 1982.
- 1926 - Donald Arthur Glaser, físico e neurobiólogo estadounidense, Premio Nobel de Física en 1960 (m. 2013).
- 1929 - Sándor Kocsis, futbolista húngaro (m. 1979).
- 1929 - Héctor Alterio, actor arxentino.
- 1934 - Leonard Cohen, poeta e cantante canadense.
- 1934 - Luís Cordeiro Rodríguez, mestre e político galego (m. 2007).
- 1937 - Amparo Baró San Martín, actriz española (m. 2015).
- 1942 - Luis Mateo Díez, escritor español.
- 1945 - Camiño Noia Campos, escritora e lingüista galega.
- 1947 - Stephen King, escritor estadounidense.
- 1950 - Bill Murray, actor e humorista estadounidense.
- 1954 - Shinzō Abe, político xaponés, primeiro ministro do Xapón 2006-2007.
- 1957 - Ethan Coen, cineasta estadounidense.
- 1957 - Sidney Moncrief, baloncestista e adestrador estadounidense.
- 1963 - Angus Macfadyen, actor británico.
- 1963 - María del Carmen Machi Arroyo, actriz española.
- 1964 - Jorge Drexler, cantautor uruguaio.
- 1965 - David Wenham, actor australiano.
- 1986 - Lindsey Stirling, violinista estadounidense.
Mortes
editar- 1327 - Eduardo II, rei de Inglaterra e señor de Irlanda (n. 1284).
- 1542 - Juan Boscán, poeta e tradutor español (n. 1492).
- 1558 - Carlos I, rei de España e, como Carlos V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (n. 1500).
- 1832 - Walter Scott, escritor británico (n. 1771).
- 1860 - Arthur Schopenhauer, filósofo alemán (n. 1788).
- 1874 - Jean-Baptiste Élie de Beaumont, xeólogo francés (n. 1798).
- 1926 - Léon-Charles Thévenin, enxeñeiro francés (n. 1857).
- 1936 - Antoine Meillet, lingüista francés (n. 1866).
- 1937 - Rafael Alonso Rodríguez, mestre galego (n. 1866).
- 1971 - Bernardo Houssay, fisiólogo arxentino, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1947 (n. 1887).
- 1974 - Walter Brennan, actor estadounidense (n. 1894).
- 1976 - Orlando Letelier Del Solar, político e economista chileno (n. 1932).
- 1983 - Xabier Zubiri Apalategui, filósofo español (n. 1898).
- 1998 - Florence Griffith Joyner, atleta estadounidense (n. 1959).
- 2012 - Sven Hassel, escritor dinamarqués (n. 1917).
- 2019 - Francisco Otero Guldrís, avogado e xornalista galego (n. 1928).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: San Mateu, Santa Ifixenia de Etiopía.
Notas
editar- ↑ "21 de septiembre, Día Mundial del Alzheimer" (en castelán). Consultado o 2022-11-20.